Histrionicus histrionicus
Histrionicus histrionicus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Histrionicus histrionicus é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Histrionicus.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1828 polo cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson.[2][3]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie fora definida por Linneo en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas histrionica.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Tanto o xénero como o epíteto específico derivan do latín histrio, -ōnis, "histrión", "actor", "comediante",[4] en alusión á súa fermosa plumaxe.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceusse tamén polo sinónimo:[2]
- Anas histrionica Linnaeus, 1758 (protónimo)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[2][3]
- Histrionicus histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758)
- Histrionicus histrionicus pacificus Brooks, 1915
Características
[editar | editar a fonte]É un pato cun deseño brillante e fragmentado da plumaxe, que é un sutil camuflaxe nas augas claras e móbiles.
Cría xunto a regatos e ríos fríos e rápidos, alimentándose dos insectos acuáticos pousados sobre rochas.
O seu voo é potente e baixo, seguindo os cursos de auga.
Tras a cría migra á mar, onde se mergulla en busca de bivalvos e crustáceos.
Distribución
[editar | editar a fonte]Encóntrase na América do Norte setentrional, na Rusia oriental, no sur de Groenlandia e en Islandia.[1]
En Europa occidental rexistráronse exemplares divagantes.[1]
Ameazas
[editar | editar a fonte]As áreas de invernada están moi agrupadas, e a especie mostra unha fidelidade ao sitio moi alta (o 95 % das femias rastrexadas por radio permaneceron na mesma rexión na que foron marcadas [As áreas de invernada están moi agrupadas, e a especie mostra unha fidelidade ao sitio moi alta (o 95% das femias rastrexadas por radio permaneceron na mesma rexión na que foron marcadas),[5] o que fai que a especie sexa vulnerábel aos impactos de grandes verteduras de petróleo. O número de aves invernantes foi un 25 % menor nas áreas rexistradas tras a vertedura do Exxon Valdez, e aínda mostraba taxas de supervivencia reducidas entre os 11 e os 14 anos despois do incidente, o que suxire unha contaminación crónica por petróleo. Estímase que a recuperación total despois do catastrófico verquido do Exxon Valdez levará 24 anos.[5]
A especie tamén está ameazada polo desenvolvemento de estrururas hidroeléctricas que resultan no desvío e colmatación dos ríos.[6][7] A introdución a grande escala do salmón do Atlántico (Salmo salar) e da troita (Salmo trutta) pode provocar a competencia polas larvas e as pupas da mosca negra, a principal fonte de alimento deste pato. Na década de 1930 o visón americano (Neovison vison) introduciuse na área de distribución europea e puido ter reducido o éxito reprodutivo, aínda que o impacto non se cuantificou.[6]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábe baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).</ref name=U/>
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Histrionicus histrionicus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consutada o 4 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consutado o 4 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consutada o 4 de novembro de 2022.
- ↑ Histrionicus no Merriam-Webaster Dictionary.
- ↑ 5,0 5,1 Samuel A. Iverson & Daniel Esler (2010): "Harlequin Duck population injury and recovery dynamics following the 1989 Exxon Valdez oil spill". Ecological Applications 20 (7): 1993-2006.
- ↑ 6,0 6,1 Tucker, G. M. & Heath, M. F. (1994): Birds in Europe: their conservation status. Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 0-9468-8829-9.
- ↑ Carboneras, C.& Kirwan, G. M. (2013): "Harlequin Duck (Histrionicus histrionicus). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E., eds. Handbook of the Birds of the World. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-9655-342-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Histrionicus histrionicus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Histrionicus histrionicus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pato Arlequín, Histrionicus histrionicus en Audubon. Guía de Aves de América del Norte. (en castelán).