Ibai Gómez
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Ibai Gómez Pérez 11 de novembro de 1989 (35 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Ibai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,77 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 11 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ibai Gómez Pérez, nado en Bilbao o 11 de novembro de 1989, é un exfutbolista e adestrador vasco, que dende 2024 dirixe o Arenas de Getxo e a selección sub-23 da República Dominicana. Xogaba de extremo esquerdo e desenvolveu a maior parte da súa carreira entre o Athletic Club e o Alavés, acumulando 226 partidos e 28 goles na Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Fillo do tamén futbolista Mitxelo, naceu no barrio bilbaíno de Santutxu e comezou a xogar ao fútbol con menos de 4 anos na canteira do Santutxu, club do seu barrio no que seu pai actuara como xogador, adestrador e presidente.[1] Militou neste club durante 16 anos.[2] Na tempada 2008/09 debutou co primeiro equipo, co que xogou na División de Honra de Biscaia. Na seguinte campaña pasou ao Sestao River, de Segunda División B, onde foi o máximo goleador do equipo, con 8 tantos en 36 partidos. Con todo, o equipo adestrado por Alfonso del Barrio acabou descendendo á Terceira División.[2]
Athletic (1ª etapa)
[editar | editar a fonte]O seu bo rendemento en Sestao chamou a atención do Athletic, que o fichou en xuño de 2010, con 20 anos.[3] Durante as súas dúas primeiras campañas no club bilbaíno, contou con ficha do filial, o Bilbao Athletic, que compaxinou coas súas primeiras aparicións co primeiro equipo. Debutou na Primeira División na sétima xornada da tempada 2010/11, nunha vitoria por 2-1 sobre o Zaragoza en San Mamés. Entrou na segunda parte como substituto de Gaizka Toquero, pero menos de tres minutos despois tamén el tivo que ser substituído, ao sufrir unha escordadura de xeonllo.[4] A lesión obrigouno a unha operación cirúrxica e mantívoo fóra dos terreos de xogo medio ano.[1]
O 5 de abril de 2012 marcou o seu primeiro gol co Athletic, nos cuartos de final da Europa League ante o Schalke 04, un tanto que contribuíu á clasificación do equipo para as semifinais.[5] Marcou tamén un gol nas semifinais contra o Sporting de Portugal e disputou a final perdida contra o Atlético de Madrid no Arena Națională de Bucarest, xogando a segunda parte como substituto de Aurtenetxe.[6] Un par de semanas despois, foi titular na final da Copa do Rei contra o FC Barcelona no Vicente Calderón, caendo, do mesmo xeito que na Europa League, por 3-0.[7]
Despois de 28 partidos e 14 goles co filial, na tempada 2012/13 subiu definitivamente ao primeiro equipo do Athletic. Nesa campaña, con Marcelo Bielsa no banco, disputou 46 partidos, a metade deles como titular, e marcou cinco goles, estreándose como goleador na Primeira División nun encontro fronte ao Real Madrid no Santiago Bernabéu.[8] A súa participación baixou durante as seguintes dúas tempadas, pero a pesar diso, anotou oito goles na 2013/14, mentres que na seguinte debutou na Liga de Campións e xogou a súa segunda final de Copa do Rei, perdendo de novo ante o Barça. Na campaña 2015/16 varias lesións impedíronlle pasar de 350 minutos de xogo.[9]
Alavés
[editar | editar a fonte]No verán de 2016 fichou polo Deportivo Alavés, club adestrado polo arxentino Mauricio Pellegrino, onde se fixo coa titularidade e foi unha peza chave para a boa marcha do equipo, que acadou unha histórica final da Copa do Rei na primeira tempada de Ibai en Vitoria.[10] Foi titular na final, xogando así a a súa terceira final de Copa, e caendo por terceira vez ante o Barcelona. Disputou un total de 92 partidos co club vitoriano durante dúas tempadas e media, marcando 17 goles.
Athletic (2ª etapa)
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2019 regresou ao Athletic de Bilbao,[10] no que xogou durante dúas tempadas e media. Na tempada 2019/20 acadou a súa cuarta final de Copa do Rei e sumou a súa cuarta derrota, desta vez contra a Real Sociedad, aínda que quedou no banco todo o partido.[11] Durante esta segunda etapa no club bilbaíno chegou ata os 193 partidos oficiais coa camiseta do equipo e alcanzou os 18 goles. Ao remate da campaña 2020/21, o club comunicoulle que o adestrador Marcelino non contaba con el, polo que acordou a rescisión do ano de contrato que lle quedaba.[12]
Foolad
[editar | editar a fonte]Tras deixar o Athletic tivo varias ofertas de equipos europeos, pero rexeitounas e estivo adestrando co Santutxu ata que en marzo de 2022 puxo rumbo a Irán, onde asinou un contrato dun mes co Foolad da cidade de Ahvaz.[13][12] Foi incorporado ao club adestrado por Javad Nekounam, non para disputar a liga iraniana, senón só para os seis partidos da fase de grupos da Liga de Campións da AFC.[12] Con todo, acabou participando só en catro dos partidos, sumando só 70 minutos.[14]
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]No verán de 2022 recalou en Galicia, onde fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[15] Debutou coa camiseta branquiazul na segunda xornada da tempada 2022/23, substituíndo a Víctor Narro nos minutos finais da vitoria por 2-1 sobre a Balompédica Linense en Riazor.[16] Con todo, dous meses despois e tras só sete partidos e dúas titularidades, anunciou a súa retirada do fútbol profesional, tres días antes de cumprir os 33 anos.[17]
Santutxu
[editar | editar a fonte]Uns días despois anunciou o seu regreso ao Santutxu, co que redebutou nun partido ante o Zalla correspondente á División de Honra de Biscaia.[18] Colgou as botas ao remate da tempada, xogando o seu último encontro ante o Dinamo San Juan, partido no que marcou un gol.[19]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Santutxu
[editar | editar a fonte]Trala súa retirada no Santutxu, comezou a súa carreira como adestrador no mesmo club, dirixindo o equipo xuvenil durante a tempada 2023/24 da División de Honra.[20] Tivo como axudante a Fernando Amorebieta e o equipo rematou a liga na sexta posición.
República Dominicana sub-23
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2024 a Federación Dominicana de Fútbol elixiuno como novo adestrador da selección sub-23.[21]
Arenas
[editar | editar a fonte]En maio de 2024 foi anunciado como novo adestrador do Arenas de Getxo, da Segunda Federación, para a campaña 2024/25.[22]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Athletic Club
- Supercopa de España (2): 2015, 2020/21.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Eduardo, Rodrigálvarez (23 de xaneiro de 2014). "Un pequeñajo de 177 centímetros". El País (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Bibliografía de Ibai Gómez". ibaigomez.com (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ "El Athletic ficha a Ibai Gómez, del Sestao River". El Diario Vasco (en castelán). 5 de xuño de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ "El debut de Ibai en Primera dura tres minutos". Marca (en castelán). 17 de outubro de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ "Ibai: "Marcar mi primer gol es muy importante"" (en castelán). 7 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2022. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ "Atlético - Athletic 2012". UEFA (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Copa 2012: el título llegó por la vía rápida". Sport (en castelán). 16 de abril de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "El Real Madrid sigue implacable en su persecución al Barcelona". Televisión Española (en castelán). 17 de novembro de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ "Ibai Gómez ficha por el Alavés" (en castelán). 30 de xullo de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 "Ibai Gómez regresa al Athletic y se despide del Alavés de forma magistral" (en castelán). 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ Aiestaran, Asier (4 de abril de 2021). "Oyarzabal rompe la igualdad en La Cartuja y corona a la Real 34 años después" (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Ortiz de Lazcano, Javier (11 de marzo de 2022). "Ibai Gómez se va a jugar un mes a un equipo de Irán". El Correo (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ Beltrán, Javier R. (24 de agosto de 2021). "Ibai Gómez ha descartado varias ofertas del extranjero". As (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ Mallo, Juanma (3 de maio de 2022). "La frustrada aventura iraní de Ibai Gómez". El Correo (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Ibai Gómez, novo xogador do Dépor 22-23". 27 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "O Dépor arranca con remontada en ABANCA-RIAZOR (2-1)". 3 de setembro de 2022. Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ "Así anunció Ibai Gómez su retirada del fútbol profesional (VÍDEO)" (en castelán). 8 de novembro de 2022. Consultado o 8 de novembro de 2022.
- ↑ R. Beltrán, Javier (27 de novembro de 2022). "Ibai Gómez redebuta con el Santutxu como asistente de Urko Vera". As (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Así fue la retirada de Ibai Gómez del fútbol" (en castelán). 5 de xuño de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ R. Beltrán, Javier (26 de xuño de 2023). "Ibai Gómez-Fernando Amorebieta, tándem para entrenar al Juvenil del Santutxu". As (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2024.
- ↑ "Ibai Gómez será el seleccionador de República Dominicana en los Juegos Olímpicos de París". El País (en castelán). 24 de febreiro de 2024. Consultado o 26 de xullo de 2024.
- ↑ "Ibai Gómez, entrenador del primer equipo" (en castelán). 23 de maio de 2024. Consultado o 26 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil no sitio web do Athletic Club Arquivado 10 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
- Nados en Bilbao
- Nados en 1989
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas do País Vasco
- Xogadores do Sestao River Club
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Foolad FC
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol do País Vasco
- Adestradores de fútbol do País Vasco
- Adestradores do Arenas Club de Getxo