Ilse Losa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1913 Buer, Alemaña (pt) |
Morte | 6 de xaneiro de 2006 (92 anos) Porto, Portugal |
Lugar de sepultura | Cemitério do Prado do Repouso (pt) |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
Descrito pola fonte | Verbrannt, verboten, vergessen (en) , (p.124-125) >>>:Losa, Ilse |
Ilse Lieblich Losa, nada en Melle-Buer (Alemaña) o 20 de marzo de 1913[1] e finada no Porto (Portugal) o 6 de xaneiro de 2006, foi unha escritora e tradutora portuguesa de orixe xudía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu preto de Hannover filla de Artur Lieblich e de Hedwig Hirsch. Cursou os seus estudos en Osnabrück, Hildesheim e Hannover.[1]
Ameazada pola Gestapo con ser enviada a un campo de concentración debido á súa orixe xudía, abandonou o seu país natal en 1930 coa súa nai e os seus irmáns Ernest e Fritz. Mudouse primeiro a Inglaterra e posteriormente a Portugal, onde chegou en 1934. Estableceuse na cidade do Porto, onde obtivo a nacionalidade portuguesa tras o seu matrimonio en 1935 co arquitecto Arménio Taveira Losa.
En 1943 publicou o seu primeiro libro, O mundo en que vivín,[2] e desde entón dedicou a súa vida á tradución e á literatura infantil e xuvenil. En 1984 recibiu o Grande Prémio Gulbenkian polo conxunto da súa obra dirixida a este público.[1] En 1998 recibiu o Grande Prémio de Crónica, da Associação Portuguesa de Escritores pola súa obra À Flor do Tempo. Colaborou en diversos xornais e revistas, alemás e portuguesas. Traduciu do alemán para o portugués algunhas das máis consagradas obras e autores,[1] entre as que cómpre salientar o Diario de Ana Frank.
O 9 de xuño de 1995 foi nomeada Comendadora da Ordem do Infante D. Henrique.[3]
Traducido ao galego: Río sen ponte (2019), Hécules Ed. Tradución de Anxo Tarrío. ISBN 978-84-18966-12-5.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ilse Losa". Infopédia (en portugués). Porto Editora. Consultado o 6 de decembro de 2012.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-05-18). "O mundo en que vivín, de Ilse Losa". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-27.
- ↑ "- Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2021-03-21.
- Escritores de Portugal
- Personalidades do xudaísmo de Portugal
- Finados en 2006
- Nados en 1913
- Nados na Baixa Saxonia
- Tradutores do alemán
- Escritores de literatura infantil de Portugal
- Escritores de literatura infantil de Alemaña
- Escritores en lingua portuguesa
- Tradutores ao portugués
- Novelistas de Portugal
- Novelistas de Alemaña