Jack Steinberger
(2008) | |
Nome orixinal | (en) Jack Steinberger |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Hans Jakob Steinberger 25 de maio de 1921 Bad Kissingen, Alemaña |
Morte | 12 de decembro de 2020 (99 anos) Xenebra, Suíza |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Chicago Instituto de Tecnologia de Illinois (pt) New Trier High School |
Director de tese | Edward Teller |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, profesor universitario |
Empregador | Consello Europeo para a Investigación Nuclear (1968–) Universidade Columbia (1950–1968) Universidade de California, Berkeley (1949–1950) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Melvin Schwartz |
Familia | |
Fillos | Ned Steinberger, Julia K. Steinberger |
Premios | |
Descrito pola fonte | Jack Steinberger, Nobel Winner in Physics, Dies at 99 (en) Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.303) |
Jack Steinberger, nado como Hans Jakob Steinberger en Bad Kissingen o 25 de maio de 1921 e finado en Xenebra o 12 de decembro de 2020,[1] foi un físico estadounidense de orixe alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Steinberger naceu en Bad Kissingen en Baviera, Alemaña, pero, de orixe xudeu, abandonouna aos 13 anos debido ao incremento do sentimento antisemita e o espertar nazi. Emigrou aos Estados Unidos, onde se graduou na Universidade de Chicago. Durante a segunda guerra mundial traballou no laboratorio de radiación do MIT. Con posterioridade volveu a Chicago a traballar en física teórica, mais baixo a guía de Enrico Fermi seguiu a desenvolver investigacións en radiación cósmica, o que o levou á física dos neutrinos. En 1968 emigrou a Suíza para traballar no CERN como Físico Sénior, onde comezou a investigar na violación CP e realizou innúmeras experiencias sobre neutrinos e a súa dispersión,[2] sendo considerado polo desenvolvemento experimental do modelo estándar de física.[1] Entre 1980 e 1990 foi a cabeza visible do experimento ALEPH, encadrado no LEP (Large Electron–Positron Collider).
Unha vez xubilado, continuou coa súa presenza no CERN ata superar os 90 anos, supervisando os experimentos NA31, NA48 e NA62.[1]
O premio Nobel
[editar | editar a fonte]Recibiu o Nobel de Física de 1988, conxuntamente con Leon Max Lederman e Melvin Schwartz, 'polo método do feixe de neutrinos e a demostración da estrutura dobrete dos leptóns a traverso do descubrimento do neutrino muónico' (1962).[3] Estes experimentos foron realizados no Sincrotrón de Gradiente Alterno -Alternating Gradient Synchrotron (AGS)- no Brookhaven National Accelerator Laboratory da Universidade de Columbia.
O traballo premiado levou a descubertas que abriron novas oportunidades na investigación da estrutura e dinámica máis internas da materia. O traballo levou a solucionar dous grandes obstáculos para progresos posteriores nas forzas débiles. Un deles foi que de xeito previo non había un método de estudo experimental no campo de forzas débiles a altas enerxías. O outro, foi solucionado pola descuberta de que había ao menos, dous tipos de neutrinos, un relacionado co electrón e o outro co muón.[3]
O importe do seu premio Nobel doouno á New Trier High School, escola da que foi alumno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Jack Steinberger (1921-2020)". CERN (en inglés). Consultado o 2020-12-18.
- ↑ CERN. "Les hommes et les femmes" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Academia Real das Ciencias de Suecia. "The Nobel Prize in Physics 1988" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2011.