Saltar ao contido

Juan Mata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Mata

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Manuel Mata García Editar o valor en Wikidata
28 de abril de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Villafranca Montes de Oca, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Universidade Camilo José Cela Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso63 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo64 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007   Real Madrid Castilla 39(10)
2007–2011   Valencia CF 129(33)
2011–2014   Chelsea F.C. 82(18)
2014–2022   Manchester United FC 196(34)
2022–2023 Galatasaray Spor Kulübü 16(3)
2023–2024 Vissel Kobe 1(0)
2024– Western Sydney Wanderers Football Club
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2004   España sub-17 2(0)
2005–2006   España sub-16 3(2)
2006–2007   España sub-19 13(12)
2007–2007   España sub-20 5(3)
2007–2011   España sub-21 19(5)
2009–2016   España 41(10)
2012–2012   España sub-23 4(0)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Xogos Olímpicos de 2012
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJuan Manuel Mata Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webjuanmata10.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: JuanMataOficial Twitter: juanmata8 Instagram: juanmatagarcia Youtube: UC_WoyWJ6cx9LEhGohfPi-3g FIFA: 267811 UEFA: 104584 Editar o valor en Wikidata

Juan Manuel Mata García, nado en Burgos o 28 de abril de 1988, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Manchester United.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mata naceu en Burgos (onde nese momento xogaba o seu pai), aínda que é de familia asturiana e el considérase como tal.[2] Aos tres anos de idade regresou a Oviedo. Comezou a xogar ao fútbol en La Fresneda, logo formou parte do Juventud Estadio, equipo ovetense, ata que con 12 anos foise ao Real Oviedo. A pesar da súa idade xa apuntaba xeitos debido a técnica, á súa velocidade e aos seus goles e driblins, características que lle valeron para que, tras pasar tres anos no equipo asturiano, fichase polas categorías inferiores do Real Madrid con 15 anos. Debutou no Cadete A e foi subindo banzos cada tempada, logo o Xuvenil C e finalmente o Xuvenil A na tempada 2005-2006 e co que gañou a liga e a Copa de Campións Xuvenil.

Ese mesmo ano disputou tamén o Campionato Europeo Sub-19 coa selección española, no que se proclamou campión e anotou 4 goles, pechando así unha campaña espectacular. Isto valeulle para dar o salto ao Real Madrid Castilla sen nin sequera ter que pasar polo Real Madrid C.

Na tempada 2006-07 Juan Mata xogou no Real Madrid Castilla. A súa posición no campo trasladouse á banda esquerda, actuando como extremo, aínda que sen perder o seu olfacto de cara ao gol xa que terminou como o segundo máximo goleador do filial con 10 goles tras o dianteiro Negredo.

Mata en 2007 chega ao Valencia CF onde ao principio non conta para o adestrador dese momento (Quique Sánchez Flores) pero tras a marcha deste, chega Ronald Koeman o cal conta con el. A súa achega é moi destacada na Copa do Rei con 4 goles en partidos tan decisivos como nas semifinal contra o FC Barcelona en Mestalla ou os goles no Vicente Calderón na final e en cuartos de final.

Na tempada 2008-09 empezou como titular nun Valencia CF que fixo o mellor arranque ligueiro da súa historia. Participou activamente con 6 goles na liga e marcando algúns importantes como en Mestalla contra o Osasuna o cal valeu 3 puntos. En competición europea estreouse marcando un gol de cabeza na Copa da UEFA contra o Rosenborg. Durante a campaña 2008-09 marcou un total de 12 goles en liga, 1 en Copa do Rei e outro máis na Copa da UEFA. Tamén destacou polas súas asistencias nas tres competicións que axudaron ao equipo a acabar en sexta posición. Foi xunto a David Villa o mellor do Valencia CF nesa tempada.

A tempada 2009-10 empeza para el marcando o primeiro gol do equipo contra o Sevilla FC a pase de Ever Banega, un gol que permitiu ao Valencia CF encarrilar o partido, un partido que ao final pechou Pablo Hernández co 2-0 a pase do mesmo Banega. Nesta tempada herda o dorsal número 10 que fora portado por Miguel Ángel Angulo, durante moitísimas tempadas, e doutros xogadores destacados na historia do club ché como Kempes ou Guillot. Nesta tempada marca 32 goles en competicións oficiais e 4 máis coa Selección.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección española Sub-19, coa que gañou o Campionato Europeo de 2006 disputado en Polonia, protagonizando unha grande actuación e marcando 4 goles na fase final, sendo o segundo máximo goleador do equipo por detrás de Alberto Bueno. No Mundial sub-20 do Canadá anotou un importante gol contra Zambia na primeira fase.

Foi convocado por primeira vez coa absoluta por Vicente del Bosque para un amigable contra Chile aínda que non debutou. O seu primeiro gol coa Selección foi no partido de clasificación para o Mundial 2010, onde Mata lucindo o seu novo dorsal o número "13" marcou un gol no minuto 90 ante Estonia a un gran pase de Cazorla (3-0 para España)[3] Devandita convocatoria repetiuse de face ao dobre enfrontamento contra Turquía, dentro da fase de clasificación para o mundial de 2010.[4] Participou algúns minutos na Copa Confederacións. Foi 9 veces internacional, marcando 7 goles.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Liga Copa Europa Outros* Total
PX Goles Asist. PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles Asist.
Valencia CF 2007/08 34 9 1 2 0 14 5 6 0 50 14 9
2008/09 37 11 9 2 1 5 1 6 2 49 15 14
2009/10 24 5 0 8 4 1 0 4 0 36 9 ?
Total 85 23 10 12 6 14 2 16 2 119 38 25

*Inclúe a Supercopa de España e amigables de pretemporada.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Valencia
Chelsea
  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. "Juan Mata: «eu síntome totalmente asturiano»". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2009. Consultado o 04 de xuño de 2010. 
  3. "Mata, novidade de Del Bosque ante Chile". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2010. 
  4. Del Bosque chama a Mata para suplir a Iniesta ante Turquía

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]