Saltar ao contido

Lista de monarcas de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lista de reis de Asturias»)
Representación medieval da Península ibérica. Divídese esta en dous espazos políticos: a Spania musulmán, na que se debuxa a Catedral mozárabe de Toledo; e a Gallecia cristián, onde se destaca a Catedral de Santiago, o faro da Coruña e, nunha esquina, o territorio asturiano.

Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son designados, principalmente pola historiografía española, como reis de Asturias. Porén, estes soberanos aparecen sempre sinalados na documentación histórica como reis de Galicia. De feito, os documentos non mencionan xamais a existencia dun reino asturiano[1], senón que neles aparecen continuadas mencións ao reino de Galicia.[2] Esta errónea substitución dos nomes dos reinos, perpetrada polos historiadores hispanos, xustificouse coas sinaturas dos diplomas emitidos pola corte rexia, ao faceren ver que formulas como "regnante in Asturias" implican a existencia dun reino do mesmo nome.[1][3]

Esta é polo tanto a listaxe dos soberanos do reino de Galicia con sede rexia en Asturias.

Nómina dos reis de Galicia con sede rexia en Asturias.

[editar | editar a fonte]

Primeiros caudillos (711-767).

[editar | editar a fonte]

As crónicas asturianas foron creadas no tempo do rei Afonso III para lexitimar a súa autoridade diante do resto dos nobres do territorio galego.[4] Os textos remontan a xenealoxía do rei até facela entroncar cos derradeiros reis visigodos. Esta lista de monarcas, de dubidosa credibilidade histórica, pasou ás crónicas musulmáns e é empregada hoxe como correcta, mais sen que a historiografía moderna acepte que os primeiros nobres tivesen unha autoridade real máis aló dos seus propios dominios patrimoniais.[5]

Imaxe Nome Período
Paio 711-737 Personaxe mítico, de dubidosa existencia[6][7]. As crónicas musulmáns din que "se levantou nas terras de Galicia un asno salvaxe chamado Belay [Paio]", e que era "natural de Asturias, en Galicia"[8].
Fávila 737-739 Suposto fillo de Paio. Morto loitando cun oso
Afonso I 739-757 Figura histórica de escasa credibilidade[9], aparece nos textos árabes como rei de Galicia.[10][11]
Froila I 757-768 Sucedeu como rei de Galicia ao seu pai Afonso I.[12]

Reis usurpadores (768-791).

[editar | editar a fonte]

As crónicas narran o asasinato de Froila I nunha revolta nobiliaria e a elección como rei do nobre Aurelio. Afonso II, fillo de Froila e soberano lexítimo, foi afastado do trono.

Imaxe Nome Período
Aurelio 768-774 O "usurpador" Aurelio é tamén rei de Galicia nas crónicas musulmáns.[13]
Silo 774-783 Accedeu ao trono ao casar cunha filla de Afonso I. Aparece como rei de Galicia en textos árabes[14] e cristiáns[15].
Mauregato 783-788 Acadou o trono á morte de Silo en disputa co mozo Afonso II. É rei de Galicia para a historiografía musulmán.[16]
Bermudo I 788-791 Irmán de Aurelio foi escollido polos nobres para suceder a Mauregato. Foi rei de Galicia[17][18][19] até a súa abdicación no ano 791 en favor de Afonso II.

Reinado de Afonso II (791-842)

[editar | editar a fonte]

Na época de Afonso II o volume da documentación histórica aumenta considerabelmente. Baixo a influencia do imperio carolinxio, percíbese a configuración inicial dunha verdadeira monarquía.[20]

Imaxe Nome Período
Afonso II 791-842 Criado en Samos, Afonso II exercerá o seu poder desde a corte ovetense. As fontes históricas recollen amplamente o súa titulación como rei de Galicia.[21][22][23][24][25][26], unha titulación que chega a outorgarse a si mesmo nun diploma do ano 832.[27]

Após a súa morte sen descendencia ocupou brevemente o trono o nobre Nepociano (842-843)

Dinastía dos Ramírez (842-910)

[editar | editar a fonte]

Ramiro I, fillo de Bermudo I, acadou a coroa despois de librar unha nova guerra de sucesoria.

Imaxe Nome Período
Ramiro I 843-850 Coroado primeiramente en Lugo[28], arrebatou o trono a Nepociano. É sinalado como rei galego en textos cristiáns e musulmáns.[29][30]
Ordoño I 850-866 Foi rei de Galicia á morte do seu pai Ramiro I.[31][32]
Afonso III 866-910 Afonso "o magno"[33], foi o derradeiro rei de Galicia[34][35][36][37][38] residente en Asturias. Os seus sucesores trasladaron a corte á cidade galega de León[39][40][41][42], o que para a historiografía española supón, de xeito incoherente, o nacemento dun reino diferente, o reino de León.[43]
  1. 1,0 1,1 Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 154. el nombre "reino de Asturias" no aparece en la documentación de la época (..) la fórmula regnante in Asturias (..) sólo fue una forma de datar los documentos 
  2. Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 169. Si fuera por el número de apariciones en las fuentes, habría que concluir que Galicia fue el nombre del reino de Asturias 
  3. "Xosé Antonio López Teixeira: “A liña oficial de investigación da USC fai historia de España desde Galicia”". BiosBardia. 2014-10-27. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2021. A gran confusión da que viviron os historiadores oficiais españois foi querer facer crer que cando un rei asinaba en León ou en Oviedo estaba a referirse a un nome do reino. Non, o reino era de Galicia. E así foi até o século XIII. 
  4. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 135-141. 
  5. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 149–150. 
  6. Murado, Miguel Anxo (2013). La invención del pasado: Verdad y ficción en la Historia de España. Debate. p. 38-44. 
  7. Garcia Pérez, Guillermo (1994). "Covadonga, un mito nacionalista católico de origen griego" (PDF). El Basilisco (17): 81–94. 
  8. Lafuente Alcántara, Emilio (ed.). Ajbar machmuâ (1867 ed.). p. 230. 
  9. Escalona, Julio (2004). "La invención de Alfonso I de Asturias" (en castelán). Consultado o 2021-08-25. 
  10. König, Daniel G. (2015). Arabic-Islamic Views of the Latin West (en inglés). Oxford University press. p. 310. with the death of the 'Galician' ruler Alfonso I of Asturias (Adhfunsh, malik Jillīqiyya (Afonso, señor de Galicia) 
  11. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). année 140 (24 mai 757) mourut, après un règne de dix-huit ans, Alfonse, roi de Galice 
  12. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). Alfonse, roi de Galice ; il eut pour successeur son fils Firowilia (Froila I) 
  13. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). mourut Ourâlî, roi de Galice, qui avait régné six ans, et qui eut pour successeur Chiyaloûn 
  14. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). mourut Chîloûn (Silon), roi de Galice, que l'on remplaça par Alphonse 
  15. Amoenitatum juris canonici semestria duo 1. p. 132. Ovetum urbs Gallaeciae (..) fundata regnante Sylone, Rege Gallaeciae (doc. papal Honorio III) 
  16. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). mourut Mauregat, roi de Galice en Espagne, qui eut pour successeur Bermond ben Kaloûria le prêtre 
  17. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). Hichâm envoya aussi une armée commandée par Yoûsof ben Bokht en Galice, dont le roi Bermude le grand soutint une bataille acharnée 
  18. Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán): 64. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2021. (Bermudo) el rey de Yilliqiya abdicó y se hizo monje 
  19. Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada. mortuus est Ranimirus (I) filius veremudi rex gallecie (I) et filius eius Ordonius (I) successit in regno" "(Historiae Minores XXVII) 
  20. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 157. 
  21. "Annales Regni Francorum". p. 798. Hadefonsi Regis Galleciae et Asturiae 
  22. Einhardi Vita Caroli Magni. p. 16. Hadefonsum Galleciae atque Asturicae regem 
  23. Usuardus (Sangermanensis). Usuardi Martyrologium: Praemittuntur Sancti Adonis opera, (1852 ed.). Hadefons rex Galliciae et Austriae 
  24. "Vita Hludovici (Annales ecclesiastici Francorum)". Consultado o 07/03/2018. Adefonsi Galleciarum Principis 
  25. "Patrologiae cursus completus: sive Bibliotheca universalis". Codex Augiensis. Hadefuns Rex Gallaeciae 
  26. Ximenez de Rada, Rodrigo. Historia Arabvum. Roderici Ximenii de Rada Opera omnia. et plura bella exercuit cum rege Gallecie Aldefonso 
  27. Masdeu, Juan Francisco (1804). Diploma de Ramiro I. p. 299. Dei Adefonsus Rex Froilani Regis filius, postquam auxiliante Deo regni totius Galletiae 
  28. Carriedo Tejedo, Manuel (2002). "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)" (PDF). Lucensia (25): 346–348. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  29. Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada. mortuus est Ranimirus (I) filius veremudi rex gallecie (I) et filius eius Ordonius (I) successit in regno" "(Historiae Minores XXVII) 
  30. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 136. Ramiro rei dos galegos (citando a Ibn Haián, Ibn Khaldun e al-Qalqashandi) 
  31. Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada. mortuus est Ranimirus (I) filius veremudi rex gallecie (I) et filius eius Ordonius (I) successit in regno" "(Historiae Minores XXVII) 
  32. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 139. Ordoño I príncipe dos galegos". "Rei de Yilliqiya" 
  33. Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España (en castelán) 1. p. 330. (Alfonso III el Magno) rey de Galicia 
  34. Gómez-Moreno, Manuel (1917). Desglose de “iglesias mozárabes” (en castelán). Centro de Estudios Históricos. Junta para Ampliación de Estudios. pp. 105–140, en 107. Adefonso hijo de Ordoño, rey de Galicia 
  35. Flórez, Henrique (ed.). Crónica de Sampiro (España Sagrada. 1786 ed.). Adefonso glorioso regi gallitiarum 
  36. López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 2. p. 190. Adefonso Regi Gallaeciarum 
  37. Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 36. Ordonium (II) insignem militern Aldefonsus Pater, Magnus et Gloriosus Rex vivens Galliciensium provinciae praefecerat 
  38. González García, Alberto (2014). La proyección europea del Reino de Asturias: Política, Cultura y Economía (718-910) (PDF). p. 247. Carolus rex princeps et Adefonsus rex Galliciarum, filius Ordinis regis, contemporanei fuerunt amicitiasque maximas, dum vixerunt, ad invicem habuerunt 
  39. Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España 1. p. 406. Medina Leionis capital de Galicia 
  40. Ibn Hawqal. Romani Suay, ed. Configuración do mundo (PDF) (1971 ed.). p. 63. […] frente as dúas cidades galegas de Zamora e León. León é a residencia do seu soberano. 
  41. Risco, Manuel (ed.). España Sagrada. p. 429. Ano 874: Diploma nº6. Colección Documental da Catedral de León: "in civitate quo uocitatur Legio, in territorio Gallecie / Na cidade chamada León, no territorio de Galicia 
  42. Sáez, Emilio (ed.). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952) (1969 ed.). Ano 946. Diploma nº192. Colección Documental da Catedral de León: "in Legione de Galletia / en León de Galicia 
  43. Murado, Miguel-Anxo (2013). Outra idea de Galicia. Debate. p. 61. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca