Modesto Grandío Parapar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1889 Cabanas, España |
Morte | 6 de outubro de 1966 (77 anos) Viveiro, España |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor |
Modesto Grandío Parapar, nado en Cabanas (O Vicedo) o 11 de xullo de 1889 e finado en Viveiro o 6 de outubro de 1966, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou sendo novo a Cuba e estivo cino anos na illa. Regresou a Viveiro onde casou con Rosario Paz Blanco en outubro de 1910. Orientou a súa vida profesional cara ao Maxisterio. Fixo estudos por libre na Escola Normal de Santiago de Compostela e obtivo o título de Mestre en marzo de 1920. Foi mestre en Covas (1920). En febreiro de 1924 foi destinado á escola de San Martín de Arroxo (A Fonsagrada). Unha vez aprobadas as oposicións, exerceu nas escolas de San Pedro de Viveiro (1925-1927), Galdo (1927-1946) e, finalmente, dende 1946, no Grupo Escolar de Viveiro, onde foi director e onde se xubilou en 1959.
Colaborou nos periódicos viveirenses Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo, El Ideal Vivariense, Renovación, La Voz del Pescador e El Landro; e tamén en Diario de la Marina, El Regional, El Progreso, Vida Gallega, La Voz de Oleiros, La Voz de Ortigueira, Las Riberas del Eo, La Comarca, Faro Villalbés, El Faro Astorgano e La Voz de Asturias.[1] Tamén nos periódicos galegos da emigración Vivero en Cuba, Eco de Galicia e Heraldo de Galicia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Crepuscular. Ensayos poéticos (Artes Gráficas Gerardo Castro, 1930).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grandío Parapar", Heraldo de Vivero, 17-4-1963, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ínsua, Emilio Xosé (2004). "A poesía relixiosa do escritor viveirés Modesto Grandío Parapar (1889-1966)" (PDF). Pregón: 37–46. Consultado o 7 de marzo de 2014.