Saltar ao contido

Miguel-Anxo Murado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel-Anxo Murado
Biografía
Nacemento2 de maio de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, ensaio, poesía, teatro, guión, xornalismo
Familia
IrmánsAntonio Murado Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX833737 Bitraga: 1489 BUSC: murado-miguel-anxo-1965 Dialnet: 558769

Miguel-Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor, xornalista e guionista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É irmán do pintor Antonio Murado e da arquitecta Clara Murado.

Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. Realizou un máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.

Comezou a súa traxectoria literaria aos 17 anos, en 1983, ao gañar o premio Café Gijón de novela curta en castelán coa obra Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos, ao que seguiu en 1986 De soños e derribos (máis tarde titulado Memoria de derribos), Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003) e O soño da febre (2007).

Dentro do seu labor como guionista, traballou para as series de ficción Pratos combinados, A familia Pita e Mareas vivas e mais para as longametraxes La ley de la frontera (dirixida en 1995 por Adolfo Aristarain) e Fisterra (1999, Xavier Villaverde); na actualidade continúa este labor en series, como Aldán e Eva (1990), Tres días de abril (2010) ou Salgadura (2013), e documentais, como Lendas do mar (1986), Galicia, cruce de miradas (2007) e O incerto Señor Cunqueiro (2011).

A maior parte da súa actividade profesional dedicouna ao xornalismo. Formou parte do Consello de Redacción da revista Luzes de Galiza e colaborou con distintos medios galegos (entre eles, Tempos Novos e El Correo Gallego). Traballou como correspondente de guerra nos Balcáns (en 1991 e mais en 1993), onde cubriu o sucedido en Croacia e Bosnia. Entre 1998 e 2003 residiu en Oriente Medio, onde exerceu como oficial de prensa para as Nacións Unidas, como xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e, logo, do Ministerio para Belén (2000). Tras esta etapa continuou o seu labor xornalístico como correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada e mais para a axencia de noticias Europa Press. Outra das súas liñas de traballo desenvolveuse no ámbito radiofónico, concretamente na cadea Radio Círculo (Madrid), que dirixiu entre 2004 e 2005.

Actualmente colabora con La Voz de Galicia como articulista ("Escrito en cafeterías" e "Libro de horas") e analista internacional. Nesta súa especialidade, traballa tamén para outros medios de comunicación españois (como no programa "A vivir que son dos días"[1] da Cadena Ser) e para prestixiosos medios internacionais: a cadea británica BBC World Service, BBC 4, Rusia Today TV e os xornais The New York Times[2] e The Guardian[3], entre outros[4][5].

Xurxo Borrazás considera que ten un estilo propio, unha prosa desapaixonada.[6]

En galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Bestiario dos descontentos, 1985, Xerais, ilustrado por Antonio Murado. Traducido ao inglés: A Bestiary of discontent, 1993, The Edwin Meller Press.[15]
  • Lapidario dos heterodoxos, 1990, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Reeditado por Tris-Tram.
  • Lapidario, 2004, Xerais.

Tradución

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.
  • Berra liberdade, 1996, Galaxia.
  • Materia prima, 2002, Xerais.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.

En castelán

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Guías de viaxe

[editar | editar a fonte]
  • Santiago de Compostela. 2002. Coautoría con Suso de Toro.
  • Santiago de Compostela. Anaya.
  • Santiago de Compostela. Anaya. Edición de peto.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor guión Salgadura Nomeado[19]
  1. A vivir que son dos días Arquivado 13 de abril de 2014 en Wayback Machine., con Javier del Pino (Cadena Ser).
  2. Artigo de Murado en The New York Times.
  3. Artigos de Murado en The Guardian.
  4. Artigos de Murado en The Huffington Post.
  5. Intervención na cadea RTE.
  6. Borrazás, Xurxo (2020-06-12). "Murado e o desapaixonamento". Praza Pública. Consultado o 2020-06-15. 
  7. "Ruido: relatos de guerra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-10. 
  8. "Soundcheck: Tales from the Balkan Conflict". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10. 
  9. "Ash Wednesday". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10. 
  10. "El sueño de la fiebre". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-10. 
  11. "Fin de siglo en Palestina". Lengua de Trapo (en castelán). Consultado o 2019-07-10. 
  12. "Ficha do libro na Editorial Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 30 de abril de 2014. 
  13. "Tres minutos no aire". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-12-27. 
  14. Penelas, Patricia (xullo, agosto, setembro 2019). "Filosofía no aire". Grial LVII (223): 78–79. ISSN 0017-4181. 
  15. "A Bestiary of discontent". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10. 
  16. Representada por Teatro do Noroeste Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  17. Representada por Teatro do Noroeste Arquivado 15 de abril de 2014 en Wayback Machine.
  18. Nova do premio Arquivado 03 de maio de 2014 en Wayback Machine. Fernández del Riego ao mellor artigo xornalístico.
  19. "XII Premios Mestre Mateo". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2014. Consultado o 14 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]