Saltar ao contido

Mudra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mudrā (en sánscrito, मुद्रा, literalmente "selo"; 印相inzō en xaponés, romanizado e transcrito tamén como "mudra" ou "mudrá") é un termo con diferentes significados segundo o uso; que significa xesto no ioga, budismo e danza india; ou posicións utilizadas nalgunhas artes marciais; ou un dos cinco ingredientes do ritual " panca-tattva"; ou o pendente que usa a orde kanphata.[1][2]

Os mudrás como xestos vanse incorporando cada vez máis ao folclore das distintas civilizacións.

Os mudrás son xestos simbólicos feitos coas mans, que significan literalmente xesto, selo, contrasinal ou chave. Vén da raíz mud-"alegrarse, gustar". Debe pronunciarse sempre coa tónica “a”, e é unha palabra masculina (o mudrá). Utilízanse no ioga (unha das seis visións do hinduísmo). Nalgúns libros, tradúcese como símbolo, pero símbolo, en sánscrito, pode corresponder á palabra Yantra (en concreto simboliza a ferramenta de liberación).

O mudra no budismo sempre está relacionado cun mantra e un mandala. Xuntos forman os tres segredos do universo, pensamento, verbo e acción (en xaponés Sanmitsu).

Danza india

[editar | editar a fonte]
Bharathanatyam

O mudra tamén se usa nas antigas formas de danza clásica como Bharatanatyam e Kuchipudi, orixinadas do Natya Shastra escrito polo sabio Bharata ao redor do 4.000 a. C. onde a secuencia de xestos se usa simbolicamente para contar unha historia.

Cando se usan na danza india, os mudras chámanse a miúdo Hastas, en sánscrito para "mans".

Hinduísmo

[editar | editar a fonte]

As pinturas e esculturas ao personificar unha divindade no hinduísmo sempre se complementan con asanas e mudras. Os mudras son un compoñente esencial para caracterizar a divindade e o que representa.

Mudras normais

[editar | editar a fonte]
  • Abhaya (sen medo) mudrā, un xesto que significa disipar o medo.
  • Jñana mudra: mans nos xeonllos, as puntas dos dedos índice e polgar xuntas, os outros dedos alongados. Usado en Ioga, cando se practica pranayama.
  • Pronam mudra
  • Kali mudra
  1. "¿Qué son y para qué sirven las mudrās? – Sánscrito" (en castelán). 2017-11-25. Consultado o 2024-10-17. 
  2. "Que é un Mudra? Xestos manuais no hinduismo". gl.eferrit.com. Consultado o 2024-10-17.