Mudra
Mudrā (en sánscrito, मुद्रा, literalmente "selo"; 印相inzō en xaponés, romanizado e transcrito tamén como "mudra" ou "mudrá") é un termo con diferentes significados segundo o uso; que significa xesto no ioga, budismo e danza india; ou posicións utilizadas nalgunhas artes marciais; ou un dos cinco ingredientes do ritual " panca-tattva"; ou o pendente que usa a orde kanphata.[1][2]
Os mudrás como xestos vanse incorporando cada vez máis ao folclore das distintas civilizacións.
Ioga
[editar | editar a fonte]Os mudrás son xestos simbólicos feitos coas mans, que significan literalmente xesto, selo, contrasinal ou chave. Vén da raíz mud-"alegrarse, gustar". Debe pronunciarse sempre coa tónica “a”, e é unha palabra masculina (o mudrá). Utilízanse no ioga (unha das seis visións do hinduísmo). Nalgúns libros, tradúcese como símbolo, pero símbolo, en sánscrito, pode corresponder á palabra Yantra (en concreto simboliza a ferramenta de liberación).
Budismo
[editar | editar a fonte]O mudra no budismo sempre está relacionado cun mantra e un mandala. Xuntos forman os tres segredos do universo, pensamento, verbo e acción (en xaponés Sanmitsu).
Danza india
[editar | editar a fonte]O mudra tamén se usa nas antigas formas de danza clásica como Bharatanatyam e Kuchipudi, orixinadas do Natya Shastra escrito polo sabio Bharata ao redor do 4.000 a. C. onde a secuencia de xestos se usa simbolicamente para contar unha historia.
Cando se usan na danza india, os mudras chámanse a miúdo Hastas, en sánscrito para "mans".
Hinduísmo
[editar | editar a fonte]As pinturas e esculturas ao personificar unha divindade no hinduísmo sempre se complementan con asanas e mudras. Os mudras son un compoñente esencial para caracterizar a divindade e o que representa.
Mudras normais
[editar | editar a fonte]- Abhaya (sen medo) mudrā, un xesto que significa disipar o medo.
- Jñana mudra: mans nos xeonllos, as puntas dos dedos índice e polgar xuntas, os outros dedos alongados. Usado en Ioga, cando se practica pranayama.
- Pronam mudra
- Kali mudra
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¿Qué son y para qué sirven las mudrās? – Sánscrito" (en castelán). 2017-11-25. Consultado o 2024-10-17.
- ↑ "Que é un Mudra? Xestos manuais no hinduismo". gl.eferrit.com. Consultado o 2024-10-17.