Soiuz MS-22
Soiuz MS-22 | |
---|---|
A Soiuz MS-22 expulsando fluído ao espazo. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 21 de setembro de 2022[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 28 de marzo de 2023[1] |
NSSDC ID | 2022-116A |
Soiuz MS-22 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 21 de setembro de 2022 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz MS-22, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Frank Rubio a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Kononenko, Nikolai Chub e Loral O'Hara), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas e media, acoplándose ao módulo Rassvet. Coa tripulación da Soiuz MS-22 os ocupantes da estación pasaron de sete a dez.[2][3][4][5]
O 15 de decembro, durante a preparación dun paseo espacial desde o módulo Poisk, detectouse a perda de refrixerante no circuíto externo do sistema de control térmico da Soiuz MS-22, visible como unha expulsión de partículas desde a nave ao espazo. O paseo espacial foi cancelado de inmediato e ao día seguinte fixéronse varias probas para determinar o estado da Soiuz, que se considerou bo, aínda que a temperatura no seu interior subeu ata os 30 °C, obrigando a ventilalo. Roskosmos non veu motivos para un regreso de emerxencia da nave e probas posteriores mostraron que a causa da fuga era un burato de 0,8 mm no radiador do sistema de refrixeración. A conclusión despois da revisión de tódolos datos é que o burato foi causado por un "dano mecánico externo", posiblemente un micrometeorito ou un defecto de fabricación. O 8 de xaneiro Roskosmos tomou a decisión de que a Soiuz 22 aterrase sen tripulación para non poñer en risco aos cosmonautas, mentres que a Soiuz MS-23 sería lanzada en modo automático para ser usada polos cosmonautas da MS-22, que só volvería a terra despois do acoplamento da MS-23 por precaución. Finalmente a Soiuz MS-22 regresou o 28 de marzo de 2023 sen tripulación, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-22" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-22" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 17 October 2022 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (22-25898 (E)). 16 de novembro de 2022: 2. Consultado o 13 de febreiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-22 launches crew, returns unpiloted due to in-flight damage" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-22 |