Saltar ao contido

Soiuz MS-22

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-22
A Soiuz MS-22 expulsando fluído ao espazo.
TipoTripulada
Data de lanzamento21 de setembro de 2022[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso28 de marzo de 2023[1]
NSSDC ID2022-116A

Soiuz MS-22 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 21 de setembro de 2022 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-22, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Frank Rubio a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Kononenko, Nikolai Chub e Loral O'Hara), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas e media, acoplándose ao módulo Rassvet. Coa tripulación da Soiuz MS-22 os ocupantes da estación pasaron de sete a dez.[2][3][4][5]

O 15 de decembro, durante a preparación dun paseo espacial desde o módulo Poisk, detectouse a perda de refrixerante no circuíto externo do sistema de control térmico da Soiuz MS-22, visible como unha expulsión de partículas desde a nave ao espazo. O paseo espacial foi cancelado de inmediato e ao día seguinte fixéronse varias probas para determinar o estado da Soiuz, que se considerou bo, aínda que a temperatura no seu interior subeu ata os 30 °C, obrigando a ventilalo. Roskosmos non veu motivos para un regreso de emerxencia da nave e probas posteriores mostraron que a causa da fuga era un burato de 0,8 mm no radiador do sistema de refrixeración. A conclusión despois da revisión de tódolos datos é que o burato foi causado por un "dano mecánico externo", posiblemente un micrometeorito ou un defecto de fabricación. O 8 de xaneiro Roskosmos tomou a decisión de que a Soiuz 22 aterrase sen tripulación para non poñer en risco aos cosmonautas, mentres que a Soiuz MS-23 sería lanzada en modo automático para ser usada polos cosmonautas da MS-22, que só volvería a terra despois do acoplamento da MS-23 por precaución. Finalmente a Soiuz MS-22 regresou o 28 de marzo de 2023 sen tripulación, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-22" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-22" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 17 October 2022 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (22-25898 (E)). 16 de novembro de 2022: 2. Consultado o 13 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-22 launches crew, returns unpiloted due to in-flight damage" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]