Saltar ao contido

PO-550

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-550
Mapa
Estrada PO-550
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude14,05 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio VG-4.3  Cambados
Fin PO-308  A Lanzada

A PO-550[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Cambados e A Lanzada (O Grove); atravesa os concellos de Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo e O Grove. Ten unha lonxitude de 14,05 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-4.3 en Cambados e finaliza nun cruzamento coa PO-308 na Lanzada (O Grove). Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. Forma parte da rede primaria básica, sendo unha peza fundamental da mobilidade da zona.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

A estrada nace ao leste da vila de Cambados, na rotonda que a une coas vías rápidas VG-4.2 e VG-4.3 e mais coa estrada PO-300. Cruza o río Umia a través dunha ponte e diríxese cara a Dena, unha parroquia destacable pola súa industria. Segue ata Vilalonga, xa en Sanxenxo, núcleo tamén de certa entidade, onde conflúe coa PO-504, que vén dende a capital municipal. Unha vez que se sae desta vila, e deixando atrás unhas pronunciadas curvas, vai para Noalla, cunha considerable densidade urbana. Finalmente, chega ás proximidades da praia da Lanzada onde se cruza coa PO-308 e a PO-316, constituíndo esta última o único acceso terrestre ao Grove.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.