Portal:Segunda Guerra Mundial
Segunda Guerra Mundial
editar A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.
Artigo destacado
A Insurrección nacional eslovaca (en eslovaco: Slovenské národné povstanie, abreviado SNP) ou Levantamento de 1944 foi unha insurrección armada organizada polo movemento de resistencia eslovaco durante a segunda guerra mundial en contra do Goberno eslovaco aliado ao Terceiro Reich. O levantamento resultou un fracaso e os alemáns conseguiron sufocalo logo de dous meses de dura loita, mais a guerrilla continuou combatendo as forzas de ocupación ata a chegada do Exército Soviético a Eslovaquia en 1945.
O acoso partisano ás forzas alemás e a situación en Europa oriental precipitaron o alzamento ante a chegada de unidades alemás ao territorio eslovaco a finais de agosto. O papel principal no alzamento non o tiveron, con todo, as unidades partisanas, senón as do Exército regular eslovaco que se rebelaron contra o Goberno de Jozef Tiso. Comezou o 29 de agosto de 1944 na localidade de Banská Bystrica co obxectivo de expulsar do poder o Goberno colaboracionista de Jozef Tiso, establecer unha zona gobernada polos insurrectos e favorecer o avance do Exército Vermello a través dos Cárpatos. Os combates custaron arredor de 10 000 vidas a cada bando. A poboación civil sufriu a dura represión das forzas alemás enviadas a retomar o control do país. O Goberno filoxermano perdeu toda autonomía fronte a Berlín e o país quedou baixo ocupación militar alemá. Logo da guerra, distintas forzas políticas trataron de arrogarse en exclusiva o mérito do levantamento, convertido nun episodio histórico moi polémico.
Imaxe destacada
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (7) Artigos bos (4) Personalidade destacada
George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel (California) o 11 de novembro de 1885 e finado en Heidelberg (Alemaña) o 21 de decembro de 1945, coñecido tamén como o Xeneral Patton, foi un oficial do exército dos Estados Unidos. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións de Europa e do Mediterráneo durante a Segunda Guerra Mundial, aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en Francia e Alemaña trala invasión de Normandía por parte dos Aliados en xuño de 1944.
Sabías que...
Categorías
Contido relacionado
|