Saltar ao contido

Pilar Pérez Solano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Pérez Solano

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, directora de cinema, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm1429327 Editar o valor en Wikidata

Pilar Pérez Solano, nada en Alacant en 1967, é unha produtora, directora e guionista de cine española. Licenciada en imaxe e son, pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira formando parte do equipo de produción de Canal+, do que chegou a ser directora. A partir do ano 2003 foi directora e realizadora dentro do grupo Sogecable, ata que, no ano 2007, creou a súa propia produtora Transit Produciones S.L. Pérez Solano é guionista, directora e produtora do documental Las Maestras de la República, premio Goya á mellor película documental en 2014. Pertence á CIMA Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales [1] cuxa motivación común é conseguir que as mulleres teñan voz e presenza na creación, dirección e industria do cine e a televisión. Desde novembro de 2015 é a Presidenta do Consello de Administración de Ciudad de la Luz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pilar trasladouse a Madrid para estudar Imaxe e Son na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Continuou a súa formación na Escola de Cine TAI, con diversos cursos de fotografía e realización de vídeo.

En 1990 comezou os seus traballos na produción cinematográfica e tres anos máis tarde, en 1993, pasou a formar parte do departamento de produción propia de Canal+

Produtora

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira profesional cinematográfica formando parte do equipo de produción propia de Canal+ en 1993.

Nesta empresa chegou a ser directora de produción no departamento de documentais e no ano 1995 colaborou como xefa de produción desenvolvendo todos os programas promocionais das películas producidas por Sogecine (making of, trailers, anuncios, etc).

Sendo directora de produción, o documental Lisboa, faca no coraçao (1996) con guión de Manuel Rivas foi premiado no Festival de Nova York en 1999.[2] E Poeta en Nova York (1999), sobre a vida de Federico García Lorca nesta cidade, foi nomeado aos Premios Emmy.

Nesta época realizou programas especiais con diferentes temáticas, sobre os Premios Óscar como Vivir y morir en las Vegas (1997); varios sobre o mundo da publicidade; outros de arte como os Especiales Feira de Arco; sobre cinema, Auster y Wang (1996) premio do Festival de Nova York en 1998 e Viaje alrededor del cine español (1996).

Desde 1996 e até 2001 foi directora de produción e retransmisión en directo das galas do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Ademais produciu unha serie de reportaxes de actualidade baixo o título Código Plus . No mundo da ficción televisiva, realizou La rosa de piedra (1999) dirixida por Manuel Palacios, coproducida por Canal+ e Continental.

En 2001 incorporouse ao equipo de Produce+, levando a cabo traballos coas principais produtoras e televisións do país. Documentais como Chavela Vargas (2001); Picasso y sus mujeres (2002); Un siglo rojiblanco (2003) e 50 años esperando a Mr. Marshall (2002); Dalí, maestro de sueños (2004) son algúns dos seus traballos como produtora e co-produtora nestes anos.

Directora-realizadora

[editar | editar a fonte]

En 2004 iniciou a súa carreira como directora-realizadora de proxectos. Será en outubro dese mesmo ano cando realice os documentais Presidentes de película, sobre o tratamento da figura do presidente a través dos filmes de Hollywood, que se emitiría por TVE. Con posterioridade, realizou para Canal+ dous documentais: Universo Hip-hop (2005), concernente á cultura hip-hop e Mil y una Lolas (2005) sobre a figura de Lola Flores.

Tras catorce anos traballando para SOGECABLE, en 2007 deixa o grupo empresarial para crear a súa propia empresa, Transit Produciones, S.L., dedicada á produción audiovisual.

A partir deste momento, dirixe, produce e escribe guións como a Serie documental Suspiros de España para Castilla La Mancha TV (2009) e o documental Murales (2010), seleccionado a concurso na SEMINCI (Semana Internacional de cine de Valladolid) na sección "Tiempo de Historia" [3] e estreado en Nova York dentro do programa "Window to Spain"[4]

As mestras republicanas

[editar | editar a fonte]

En 2013 sumouse ao proxecto das mestras republicanas que se estaba xestando na Federación de Trabajadores de la Enseñanza, liderado por Luz Martínez Ten, secretaria de Políticas Sociais da federación. Pérez Solano enseguida entusiasmouse coa proposta de Martínez Ten. A idea inicial de realizar unha pequena curtametraxe transformouse no documental Las Maestras de la República, baixo a dirección, produción e guión propio de Pilar Pérez Solano, baseado en textos de Josefina Aldecoa.

Elaborado sobre a base de varias investigacións e testemuños de familiares como Alfonso Vigre, irmán de Julia Vigre que foi presidenta de FETE, Hilda Farfante filla de mestra e mestre republicanos asasinados en 1936, Elvira Ontañón, filla de María Sánchez Arbós mestra da Institución Libre de Enseñanza, dáse a coñecer o momento histórico que coñeceron estas docentes e a súa participación na transformación social do país a través da educación.

O documental Las Maestras de la República foi galardoado co premio Goya á mellor película documental en 2014.[5] Desde a súa estrea, cultivou un enorme éxito de crítica e público, exhibíndose en máis de 800 salas de todo o país.[6]

Últimos traballos

[editar | editar a fonte]

En abril de 2019 estreou o documental La Defensa, por la libertad, dirixido, producido e guión de Pérez Solano.[7][8] ​​En Nadal dese ano, a Asociación de Comunicadores e Informadores Jurídicos (Acijur) outorgoulle o Premio Puñetas de Bronce por reflectir o esforzo das mulleres e dos homes da avogacía na construción da democracia.[9]

A finais de outubro do 2021 foi a estrea da serie de televisión Caminos de la Música, baixo a súa dirección e co guión da pianista Marta Moll de Alba. A serie ten por obxectivo de achegar a música ao público, apostando pola cultura e a educación.[10]

Pilar Pérez Solano pertence á CIMA Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais cuxa motivación común é conseguir que as mulleres teñan voz e presenza na creación, dirección e industria do cine e a televisión.[1][11]

Solano colaborou e dirixiu as galas do Festival de cine de Cuenca, "Mujeres en Dirección" nas edicións celebradas desde a súa creación.

Cargos públicos

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2015, o presidente da Comunidade Valenciana Ximo Puig, incorpora á cineasta como asesora da presidencia [12] e para prestación de labores de apoio ao comisionado de RTVV (Radio Televisión Valenciana) José María Vidal, así como asesora da directora de SPTCV (Sociedade Proxectos Temáticos) Eva Martínez.[13]

O 19 de novembro de 2015 Pilar Pérez Solano é nomeada Presidenta del Consejo de Administración da Cidade da Luz de Valencia, en substitución de Julián López Milla.[14]

Filmografía e obra

[editar | editar a fonte]
  • Lisboa, faca no coração (1996). Produtora.
  • Vivir y morir en las Vegas (1997). Programa especial sobre os premios Óscar. Produtora.
  • Auster y Wang (1996). Programa especial sobre cinema. Produtora.
  • Viaje alrededor del cine español (1996).
  • Poeta en Nueva York (1999). Produtora
  • Dalí, maestro de sueños (2000). Produtora.
  • Chavela Vargas (2001). Produtora.
  • Picasso y sus mujeres (2002). Produtora.
  • 50 Años esperando a Mr. Marshall (2002). Produtora.
  • Universo Hip Hop (2005). Directora.
  • Mil y una Lolas (2005). Directora.
  • Presidentes de película (2005). Directora.
  • La fama y su séquito (2005). Directora.
  • Crebinski (2007). Directora de produción xunto a Sergio Gil.
  • Hay que vivir (2007) TV Movies. TVE. Produtora.
  • El jugador (2007). TVE. Produtora.
  • Años perdidos (2007). TVE. Produtora.
  • 2 De mayo los héroes olvidados (2008). Documental de produción. Telemadrid. Produtora.
  • Desaparecida, serie ficción (2008). TVMovies. TVE Produtora.
  • Galas del festival mujeres en producción, Cuenca (2006-2009). Directora e guionista.
  • Suspiros de España (2009). Directora, produtora e guionista. Serie documental para Castilla La Mancha TV.
  • Murales (2010). Directora e produtora.
  • Las Maestras de la República (2013). Directora, guionista e produtora.
  • La Defensa, por la libertad (2019). Directora, guionista e produtora.[7]
  1. 1,0 1,1 «Ficha Pilar Pérez Solano»[Ligazón morta].
  2. «Canal +, premiado en Nueva York».
  3. «Edición 55 de la SEMINCI, sección "Tiempo de historia"»[Ligazón morta].
  4. «Window to Spain».
  5. «Premios Goya-Nominados-premiados». 
  6. «"Las maestras de la república" de FETE-UGT, logra el Goya a la mejor película documental» Arquivado 10 de novembro de 2018 en Wayback Machine..
  7. 7,0 7,1 "Estreno del documental ‘La Defensa, por la libertad’, sobre la abogacía en la Transición". www.abogacia.es. Consultado o 2022-02-20. 
  8. "Estreno del documental ‘La Defensa, por la libertad’, sobre la abogacía en la Transición - Noticiario jurídico - Locus Appellationis - Blog informativo del Ilustre Colegio Provincial de Abogados de León - Ilustre Colegio Provincial de Abogados de León". www.ical.es. Consultado o 2022-02-20. 
  9. "El Tribunal Constitucional y Miquel Roca, ganadores de los premios Puñetas 2019". EXPANSION (en castelán). 2019-12-17. Consultado o 2022-02-20. 
  10. "Orange TV y Prensa Ibérica estrenan 'Caminos de la Música', la primera serie documental sobre música clásica". El Periódico de Aragón (en castelán). 2021-10-21. Consultado o 2022-02-20. 
  11. «CIMA ¿qué nos proponemos? Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  12. «Resolución de 7 de septiembre de 2015».
  13. «Puig ficha a la cineasta Pérez Solano para asesorar sobre RTVV y Ciudad de la Luz». www. levante-emv.com. 10/09/2015. 
  14. «La Generalitat debe 200 millones por La Ciudad de la luz». www. información.es. 19/11/2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]