Pradairo azucreiro
Pradairo azucreiro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follaxe do pradairo azucreiro | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Acer saccharum Marshall | |||||||||||||||
O pradairo azucreiro [1] (Acer saccharum), é unha especie de árbore caducifolia pertencente ao xénero dos pradairos, á familia das sapindáceas. Moitas veces a especie considérase a mesma que a chamada Acer nigrum (pradairo negro) mais algúns autores consideran que é unha especie de pradairo diferente moi achegdo a Acer saccharum; moitos tránana de subespecie: Acer saccharum subsp. nigrum.[2][3].
O xarope de pradairo obtense do zume deste pradairo norteamericano. En Galiza non aparece.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha árbore ancha e columnar, con follas palmatilobadas, de 13 cm de lonxitude e 13,5 de diámetro, base acorazonada, con cinco lóbulos, tres maiores rematados en varios dentes, envés piloso e face verde escura, polo outono amarelas, arroibadas ou encarnadas. Casca pardo cinsenta e lisa, gretada e escamosa coa idade. As flores son miúdas e verde amarelas, penduradas. Froito con ás paralelas.
Cultivo e usos
[editar | editar a fonte]O xarope de pradairo, de tradición milenaria, obtense do zume deste pradairo. Este zume concéntrase e fíltrase para obter o xarope. A súa transparencia indica a súa calidade (Graos AA, A, B, C e D) e en ningún caso o máis escuro contén máis elementos minerais ca o máis claro, sendo este de mellor sabor e de superior calidade.
O pradairo azucreiro é unha boa árbore de rúa e xardín, xa que é doado de propagar e transplantar, é de rápido crecemento e ten unha follaxe de bonita cor outoniza.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Acer saccharum foi descrita por Humphry Marshall e publicada en Arbustrum Americanum 4, no ano 1785.[4]
- Variedades aceptadas
- Acer saccharum subsp. floridanum (Chapm.) Desmarais
- Acer saccharum subsp. grandidentatum (Torr. & A.Gray) Desmarais
- Acer saccharum subsp. leucoderme (Small) Desmarais
- Acer saccharum subsp. nigrum (F.Michx.) Desmarais
- Acer saccharum var. rugelii (Pax) Rehder
- Acer saccharum var. schneckii Rehder
- Acer saccharum var. sinuosum (Rehder) Sarg.
- Acer saccharum subsp. skutchii (Rehder) A.E.Murray
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC. En inglés: sugar maple; en portugués bordo-açucareiro; en castelán arce azucarero
- ↑ USDA Plants Profile: Acer nigrum
- ↑ Germplasm Resources Information Network: Acer saccharum subsp. nigrum Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Pradairo azucreiro en Trópicos
- ↑ Pradairo azucreiro en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
- Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
- Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
- Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
- Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
- Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x + 1–806. University Press of Florida, Gainseville.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pradairo azucreiro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pradairo azucreiro |
- UI Plants: Woody Ornamentais (pradairo azucreiro), en inglés
- USDA Plants Profile: Acer saccharum
- Acer saccharum in Godman, Yawney and Tubbs. US Forest Service Silvics Manual Arquivado 13 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- Acer saccharum at Ohio State Horticulture & Crop Sciences
- Acer saccharum imaxes en bioimages.vanderbilt.edu
- a blogger's how-to article on backyard sugaring and winter ID of A. saccharum