Praza da Constitución (Vigo)
Praza da Constitución | |
---|---|
Localización | |
Localidade | Vigo |
A praza da Constitución é unha praza situada na cidade de Vigo. Trátase dunha praza peonil, de chan empedrado e con edificios caracterizados pola presenza de soportais e balcóns de forxa. Constitúe un dos principais centros gastronómicos da cidade. No centro da praza eríxese un faro de metal con cinco lámpadas.
A praza é tradicionalmente coñecida por ser o lugar onde se celebraba o mercado agrícola da cidade, especialmente o comercio dos excedentes (ovos, froitas e hortalizas) que os pequenos agricultores e gandeiros vendían.
A praza de Argüelles era a da herba. A praza da Princesa era a do peixe. A de Calatrava era a da leña. E a praza da Constitución enchíase de produtos agrícolas.[quen?]
Nela sitúase a que outrora fora a antiga casa consistorial viguesa, un edificio singular construído en 1862 que actualmente alberga a Casa Galega da Cultura.
A praza comunica coa remodelada Porta do Sol e coas rúas Joaquín Yáñez, Cesteiros, Sombrereiros e do Triunfo.
Edificios singulares
[editar | editar a fonte]Rueiro de Vigo | |
---|---|
Avenidas | |
Calellos, camiños e quellas | |
Estradas | |
Paseos | |
Prazas | |
Rondas | |
Rúas |