Saltar ao contido

Luís Seoane

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaLuís Seoane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1910 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1979 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlitógrafo, poeta, avogado, xornalista, gravador, escritor, político, pintor, muralista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Elvira Fernández López Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMetromod (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1142660 Bitraga: 74 BUSC: seoane-luis-1910-1979

Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires. O seu estilo pictórico evolucionou cara ó debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Luís Manteiga, Héctor Raurich e Seoane en Compostela en 1930.[1]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado en Buenos Aires no ano 1910, fillo de Luis Seoane Brocos e María López Mosquera que casaran en Compostela o 18 de febreiro de 1909,[2] e emigraran a América. En 1916, con seis anos de idade, veu a Galicia, instalándose na Coruña.[3], onde estivo uns meses, dando aquí comezo os seus estudos primarios. Porén, a súa nai recibiu unha herdanza dunha leira na parroquia piñeira de Arca e decidiron construír aí unha casa, que aínda hoxe se conserva e onde pasou boa parte da súa xuventude. Comezou a ir ao Instituto de Santiago, polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur do lugar da Igrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da familia materna, que visitaba a miúdo. Ao dar comezo os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca[4].

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Nesta cidade mergullouse no ambiente das Irmandades da Fala e da Xeración Nós, contactando cos novos escritores vinculados ás vangardas.[5] Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais. Militou na Federación Universitaria Escolar.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña. En 1933 afiliouse ao Partido Galeguista. Colaborou asiduamente na revista Ser, de Ramón Suárez Picallo.[6] Foi membro da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía.

Tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado ata que en setembro puido exiliarse a Buenos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

Castelao, Seoane, Eiroa e Cuadrado, en Compostela en 1932.

Casou por poderes coa súa prima, a coruñesa María Elvira Fernández López (1912-2003), filla da súa tía Teresa López Mosquera e irmá de Manuel Fernández López, dende aquela máis coñecida como Maruxa Seoane.[7] Casaron de novo, por exixencia das autoridades arxentinas, no Porto de Buenos Aires á chegada dela alí.[8] Non tiveron descendencia.[9]

En 1937 publicou o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Ediciones Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos etc.).[3]

Unha das cousas que fixo na Arxentina foi dar a coñecer a cultura galega, para o que en 1940 fundou en Emecé Editores as coleccións Dorna e Hórreo e en 1942 a Editorial Nova, nas que se recuperaron obras de Manuel Antonio, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Macías o Namorado, Rafael Dieste, Manuel Murguía, Benito Xerónimo Feijoo, Salvador de Madariaga, Roberto Nóvoa, Ramón Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán, Martín Sarmiento, Ramón María del Valle-Inclán, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao etc. De Seoane eran, ademais, as tapas e ilustracións de case todos os números.[10]

Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.

Idas e vidas

[editar | editar a fonte]

Regresou a España en 1960. En 1968 fixo unha exposición retrospectiva na Art Gallery Internacional de Buenos Aires e o 22 de agosto dese mesmo ano foi designado Académico de Número da Academia Nacional de Bellas Artes da Arxentina.[11] Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en abril de 1979.

Pintando o mural Músicos y Labradores, BBAA 1956.[12]

En 1980 a súa viúva legou á Real Academia Galega 2.411 libros sobre arte e creación.[13] A biblioteca é unha das mellores na súa especialidade, cun marcado carácter internacional e composta case integramente por primeiras edicións. 276 volumes do fondo están relacionados con Pablo Picasso e os libros dedicados a Paul Klee, Joan Miró, Henri Matisse ou George Grosz teñen tamén unha notable presenza nesta colección.[14]

Obra plástica

[editar | editar a fonte]
Mural El nacimiento del Teatro Argentino na sala Casaduberta do Teatro Municipal San Martín de Buenos Aires.

A súa obra como artista gráfico foi moi importante: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, muralista, cartelista, pintor… Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido.[15] A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.

A súa obra, de tendencia expresionista e próxima á abstracción, foi exposta en lugares como Buenos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas ou Hamburgo.

Teñen obra súa, entre outras, as seguintes institucións: o Museo Nacional de Artes Visuais do Uruguai[16], o MoMA de Nova York[17], o Museo de Belas Artes da Coruña[18], a Colección Afundación[19], o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside[20], o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, o Museo Provincial de Pontevedra, o Museo Nacional de Belas Artes da Arxentina[21], o Museo de Artes Plásticas Eduardo Sívori de Buenos Aires, o Metropolitan Museum of Art, a Free Library of Philadelphia, o Museo de Bellas Artes de Caracas, o Museo Municipal Quiñones de León[22], o Museo Genaro Pérez de Córdoba, Arxentina, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América[23], a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego[24], o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos[25], o Museo de Arte Moderna de Buenos Aires[26] e o Teatro San Martín de Buenos Aires.

Libros ilustrados por Seoane

[editar | editar a fonte]
Mural de 1957 de Torrallardona e Seoane no Teatro Municipal General San Martín.

Ilustrou centos de libros, editados en Galicia e maioritariamente na Arxentina. Por exemplo:[27]

Pintando o mural Los músicos na Galería Santa Fe en 1953.[32]

Seoane fixo o seu primeiro mural en Buenos Aires en 1943, no restaurante La Casa de Troya da Avenida de Mayo, nun edificio hoxe desaparecido. Na cidade consérvanse, catalogados, 25 murais nos barrios de Recoleta, Retiro, San Nicolás, Balvanera e Belgrano, 11 deles situados en lugares públicos como galerías comerciais ou teatros e 14 en recibidores de edificios particulares. Algúns exemplos son:[33]

  • Av. Santa Fe 1660, Marcelo T. de Alvear 1645, Recoleta. Galería Santa Fe. Los músicos. Fresco, bóveda lateral. 1953-1954.
  • Montevideo 1920, Recoleta, edificio particular. Las Carretas. Mural combinando cerámica e resinas sintéticas. 1956.
  • Av. Corrientes 1530, San Nicolás. Teatro General San Martín. El nacimiento del Teatro Argentino. 35x11m. 1957.
  • Florida 971, San Martín 948, Retiro. Galería Larreta. Taracea de mármores sobre fondo de mármore travertino. 1958.
  • Marcelo T. de Alvear 1260, Libertad 948, Retiro. Galería Las Victorias. Mater Galeciae. 1958
  • Esmeralda 1075/77, Retiro. Edificio de vivendas e oficinas, Ing. Lázaro Goldstein. Las pescadoras e vidreira. 1959.
  • Esmeralda 561 - Tucumán 764, San Nicolás. Galería del Centro. Homenaje a Guamán Poma de Ayala. 10x6m. 1960.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc.[34]

Tamén se dedicou á poesía e no 1977 Ediciós do Castro publicou a súa obra poética completa.

En 2023 Pablo García Martínez publicou Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane (2023). Santiago: Laiovento. 124 páxs. ISBN 978-84-8487-623-6.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
De la Vega, Seoane, Parpagnoli, Noé e Deira no Bar Moderno de Buenos Aires en 1962.[35]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Tres follas de ruda e un allo verde (inédito).[a]
  • "Un cristo na montaña", conto publicado en Galicia Emigrante n.º 2 en 1954.[38]
Seoane e Díaz Pardo cos Núñez Búa, Sofovich e Scheimberg en 1962 en Magdalena, o centro cerámico onde ambos os dous idearon o Laboratorio de Formas.[39][40]
  • A soldadeira (Ediciós do Castro).[b]
  • Esquema de farsa, publicada na revista Galicia Emigrante en 1957.
  • O irlandés astrólogo, edición bilingüe (Ediciós do Castro, 1980).

Gravados e debuxos con textos literarios

[editar | editar a fonte]
Presas, Seoane, Santiago Cogorno, Alonso, Pedro Pont Verges, Grela e Carpani.[41]
  • O meco (A Coruña, Ediciós do Castro, 1963).
  • Luis Seoane. Grabados (Galaxia, 1965). 34 gravados con texto de Domingo García-Sabell.[42]
  • Homaxe a un paxaro (A Coruña, Ediciós do Castro, 1969).
  • Retratos de esguello (A Coruña, Ediciós do Castro, 1968).
  • O conde asesino de Sobrado (A Coruña-Buenos Aires, Ediciós Cuco-Rei, 1971).
  • Figuraciós (A Coruña, Deputación da Coruña, 1990). Edición de Lino Braxe e Xavier Seoane.

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Homaxes / Lorenzo Varela; textos de Seoane e Lidia Besouchet (Ediciós do Castro, 1979). ISBN 84-7492-010-8.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Monumento ós emigrantes en Santa Cruz, Oleiros, baseado nun deseño de Luís Seoane.
  • Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948).[d]
  • La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957).
  • El irlandés astrólogo (Buenos Aires, Ediciones Losange, 1959).[43]

Gravados e debuxos

[editar | editar a fonte]
  • 13 Estampas de la traición, Buenos Aires, edición de autor (1937).
  • Homenaje a la Torre de Hércules (1945), obra galardoada en Nova York xunto a Histoire Naturelle de Buffon que estaba ilustrada por Picasso.[3]
  • Arte mural. La ilustración (Buenos Aires, Sudamericana, 1974).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Placa en Compostela.
Placa no CSC Luís Seoane, no Pedrouzo, O Pino

A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994.[5]

En outubro de 2003 a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (RCM-FNMT) puxo en circulación un selo postal coa imaxe dun cadro de Seoane, El viejo y el pájaro, de 1950, cun valor facial de 1'85 , do que se fixeron un millón de unidades.[44]

O 27 de marzo de 2008 o Concello do Pino por unanimidade decidiu nomealo fillo predilecto, atendendo ao feito de que boa parte da súa xuventude viviu no Pedrouzo, na casa da familia que aínda hoxe se conserva, e a que na súa obra escrita e gráfica son recorrentes as referencias a esta terra, especialmente á parroquia de Arca[45]. Ademais, a finais de maio do mesmo ano, rebautizouse a nova Casa de Cultura como Centro Sociocultural Luís Seoane.

Dous centros de ensino públicos de Galicia levan o seu nome, o colexio de educación infantil e primaria Luís Seoane de Oleiros[46] e o instituto de ensino secundario Luís Seoane de Monte Porreiro, Pontevedra[47]

No ano 2010 o Consello da Cultura Galega e a Fundación Luis Seoane organizaron o "Ano Seoane", de conmemoración do centenario do nacemento do intelectual galego, que incluíu o congreso internacional Luís Seoane: Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía e unha exposición.[48]

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas do ano 2019.[49]

Fundación Luis Seoane

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Fundación Luis Seoane.

A mediados dos anos noventa, a partir dos fondos conservados pola viúva de Seoane, Maruxa, creouse a Fundación Luis Seoane na Coruña, que desde entón realiza e promove mostras sobre a súa obra e a súa época.[50] Así, en 2003 realizouse unha gran retrospectiva no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela, que logo se levou ao Museo de Arte Moderna de Buenos Aires. Realizáronse outras sobre a súa pintura, obra gráfica, carteis e libros ilustrados. Entre as máis relevantes sobresae a titulada Buenos Aires. Escenarios de Luís Seoane (do 4 de outubro ao 9 de decembro de 2007), na propia Fundación Luis Seoane, que recreou a cidade e a contorna de Seoane na capital arxentina, publicándose á vez un libro-catálogo co inventario máis completo existente sobre os murais do artista en Buenos Aires (máis de 50), a máis extensa cronoloxía feita ata a data, varios textos de autores arxentinos e galegos, e todas as obras que integraron a mostra.[51]

Sede da Fundación Luís Seoane.

Amais da exposición permanente, a Fundación fixo outras exposicións, temporais, relativas a Luís Seoane, entre elas as seguintes:

  • Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos, do 9/5/2003 ao 9/7/2003, comisariada por M.ª Luisa Sobrino.[52]
  • Luis Seoane. Homenaje a la Torre de Hércules. 60 anos da súa publicación, do 21/12/2004 ao 25/12/2005.[53]
  • Lorenzo Varela-Luis Seoane. Galeguidade universal, do 1/6/2005 ao 15/1/2006.[54]
  • Modelos de intención. Bodegóns e paisaxes de Luis Seoane, do 28/3/2006 ao 18/6/2006.[55]
  • Mirarte. Luis Seoane, do 11/1/2007 ao 11/1/2008.[56]
  • Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane, do 23/3/2007 ao 15/6/2007.[57]
  • Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950, do 17/11/2017 ao 15/4/2018.[58]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948).
  2. Publicada en tradución castelá: La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957).
  3. Escolma de artigos sobre o deseño gráfico.
  4. Subtitulado Las narraciones de un vagabundo. Doce contos con ilustracións súas. Pertence á colección "La sirena escondida" que dirixía A. Cuadrado.
Referencias
  1. Alvarellos, Quique (19/11/2017). "Luís Seoane no Santiago de 1930". La Voz de Galicia. 
  2. Gaceta de Galicia,19-2-1909, p. 2.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Biografía. Fundación Luís Seoane
  4. "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020. 
  5. 5,0 5,1 Figuras homenaxeadas. Luís Seoane RAG.
  6. González Fernández 1994, p. 13-14.
  7. Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña: O legado de Maruxa Seoane. 2019. ISBN 978-84-453-5336-3. 
  8. "Maruxa Seoane" Galicia Aberta. Secretaría Xeral da Emigración.
  9. Testamento de María Elvira Fernández López 5/7/2000 (en castelán).
  10. "Ao pé do prelo. Luís Seoane editor e artista gráfico" Arquivado 08 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. Museo de Pontevedra, 17/11/2010.
  11. Academia Nacional de Bellas Artes Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine. da Arxentina (en castelán).
  12. "Seoane volta á outra banda" Consello da Cultura Galega, 20/3/2012.
  13. Axeitos, Xosé Luís (2003). "A biblioteca de arte de Luís Seoane". O exilio galego, un mapa de cicatrices, Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-127-3.
  14. "A dobre viaxe transatlántica da biblioteca de arte de Luís Seoane" RAG, 1/62/016.
  15. Galiciadigital.com
  16. Museo Nacional de Artes Visuales
  17. MoMA
  18. Museo de Belas Artes da Coruña
  19. Colección Afundación
  20. Museo Maside
  21. Museo Nacional de Belas Artes da Arxentina
  22. Museo Nunicipal Quiñones de León
  23. Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos
  24. Pinacoteca Francisco Fernández del Riego en turismo.gal.
  25. Centro Internacional da Estampa Contemporánea
  26. Anónimo (xulio-agosto-setembre de 1979). "Luis Seoane: cronoloxía e exposicións". Grial (65): 387. 
  27. Odriozola, Antonio (xulio-agosto-setembre de 1979). "Algúns libros galegos ilustrados por Seoane". Grial (65): 378. 
  28. Iglesias, Xabier (2/9/2016). "Mar ao Norde". Os libros de Ánxel Casal. 
  29. Iglesias, Xabier (1/10/2016). "Huellas". Os libros de Ánxel Casal. 
  30. "Cartas a Lelo" na páxina web da Fundación Neira Vilas.
  31. "A narrativa de Eduardo Blanco Amor: o descubrimento dun mundo conflitivo". Enciclopedia Historia Literatura Galega. AS-PG. 
  32. Martínez-Romero 2019.
  33. "Luis seoane, recorrido por sus murales". Buenos Aires Ciudad e Xunta de Galicia, 2016 (en castelán).
  34. Luís Seoane, Enciclopedia Historia da Literatura Galega AS-PG.
  35. "Luis Felipe Noé. Ocho instantáneas vitales". Clarín (en castelán) (Buenos Aires). 10/7/2017. 
  36. Fardel de eisilado Consello da Cultura Galega.
  37. Na brétema nunha edición de 1977 na Biblioteca Virtual Galega.
  38. "Seoane". Grial (65). xulio-agosto-setembre de 1979. 
  39. Díaz, Xosé (novembro de 2010). "Seoane o deseño e o Laboratorio de Formas". Raigame (33): 35–41. 
  40. Díaz, Xosé (2010). "O factor simbólico. Luís Seoane e o Laboratorio de Formas" (PDF). Grial (186): 46–53. 
  41. 41,0 41,1 Pintores Argentinos del Siglo XX vol,s. 1-58. Centro Editor de América Latina. 1980-1981. Buenos Aires.
  42. Luis Seoane. Grabados en Google Books.
  43. El irlandés astrólogo imaxe da portada.
  44. "Correos". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  45. "El Concello de O Pino nombra hijo predilecto del municipio al intelectual Luís Seoane". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 28-3-2008. Consultado o 18-8-2020. 
  46. CEIP Luís Seoane
  47. IES Luís Seoane
  48. "O CCG e a Fundación Luís Seoane presentan un gran congreso sobre o artista". El Correo Gallego. 19/3/2010. 
  49. M., X. (30/6/2018). "Luís Seoane, a figura distinguida co Día das Artes Galegas 2019". Sermos Galiza. 
  50. Páxina web da Fundación Luis Seoane
  51. Buenos Aires. Escenarios de Luis Seoane.
  52. Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos
  53. Luis Seoane. Homenaje a la Torre de Hércules. 60 anos da súa publicación
  54. Lorenzo Varela-Luis Seoane. Galeguidade universal
  55. Modelos de intención. Bodegóns e paisaxes de Luis Seoane
  56. Mirarte. Luis Seoane
  57. Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane
  58. Como se imprime un libro
  59. Vida Gallega, 20-8-1929, p. 18
  60. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  61. Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega. Do 26/11/2021 ao 7/1/2023. Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. ISBN 978-84-92425-42-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Multimedia externa
Gravacións de son
Luís Seoane, galego, arxentino e mundial 10'37". RG. 2/4/2019.
Vídeos
Día das Letras Galegas 1994 Xosé Fernández Ferreiro, RAG.