Claridad
Claridad | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Claridad foi un semanario que se editou en Santiago de Compostela entre 1933 e 1934.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Semanario de Izquierdas, ao que lle engadiron De Compostela para toda Galicia dende o quinto número, apareceu o 23 de decembro de 1933. Era de tendencia republicana e o seu propósito era converterse nunha publicación de loita e crítica, voceiro da xuventude de esquerdas. Luís Seoane e Luís Manteiga foron os fundadores e codirectores; Ramón Suárez Picallo foi o vicedirector. Aínda que a maioría dos artigos viñan sen sinatura, en Claridad apareceron traballos en castelán de Antón Villar Ponte, Avelino Rodríguez Elías e Eduardo Blanco Amor. Como colaboradores artísticos participaron Castelao e Avel-lí Artís Gener, Tísner. O último número conservado é o 24 do 3 de maio de 1934.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Claridad". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.