Primeira Guerra do Opio
Primeira Guerra do Opio | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O vapor da Compañía Británica das Indias Orientais steamship Nemesis destruíndo xuncos chineses durante a Segunda Batalla de Chuenpi, 7 de xaneiro de 1841 | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Imperio do Gran Qing | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Compañía Británica das Indias Orientais | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
222 212 soldados | Máis de 19 000 soldados e 37 barcos[1] |
A Primeira Guerra do Opio' (en chinés: 第一次鴉片戰爭, en pinyin: Dìyīcì Yāpiàn Zhànzhēng), tamén coñecida como Guerra do Opio ou Guerra Anglo-Chinesa, foi unha serie de enfrontamentos militares entre o Reino Unido e a dinastía Qing da China. A cuestión inmediata foi a confiscación oficial de stocks de opio en Cantón para deter o comercio prohibido de opio e a ameaza de pena de morte para futuros delincuentes. O goberno británico insistiu nos principios do libre comercio, o recoñecemento diplomático igualitario entre as nacións e apoiou as demandas dos comerciantes. A mariña británica derrotou os chineses empregando buques e armas tecnoloxicamente superiores e os británicos impuxeron un tratado que outorgaba territorio a Gran Bretaña e abría o comercio coa China.
Historia
[editar | editar a fonte]No século XVIII a demanda de artigos de luxo chineses (particularmente seda, porcelana e té) creou un desequilibrio comercial entre a China e Gran Bretaña. A prata europea fluíu cara á China a través do sistema de Cantón, que confinaba o comercio exterior entrante na cidade portuaria do sur de Cantón. Para contrarrestar este desequilibrio, a Compañía Británica das Indias Orientais comezou a cultivar opio en Bengala e permitiu aos comerciantes británicos privados venderen opio aos contrabandistas chineses para a súa venda ilegal na China. O fluxo de estupefacientes reverteu o superávit comercial chinés, drenou a economía da prata e aumentou o número de adictos ao opio dentro do país, resultados que preocuparon seriamente aos funcionarios chineses.
En 1839, o emperador Daoguang, rexeitando as propostas para legalizar e tributar o opio, nomeou o vicerrei Lin Zexu para que fose a Cantón e frease completamente o comercio de opio.[2] Lin escribiu unha carta aberta á raíña Vitoria, que nunca viu, apelando á súa responsabilidade moral de deter o comercio de opio.[3] Lin recorreu entón ao uso da forza no enclave dos comerciantes occidentais. Confiscou todas as subministracións e ordenou un bloqueo dos barcos estranxeiros no río das Perlas. Lin tamén confiscou e destruíu unha cantidade importante de opio europeo.[4] O goberno británico respondeu enviando unha forza militar á China e no conflito posterior, a Armada Real usou o seu poder naval e de artillaría para inflixir unha serie de derrotas decisivas ao imperio chinés,[5] unha táctica máis tarde denominada diplomacia dos canoneiros. En 1842, a dinastía Qing viuse obrigada a asinar o Tratado de Nanquín (o primeiro do que os chineses chamaron despois os tratados desiguais) que outorgaba unha indemnización e extraterritorialidade aos súbditos británicos na China, abría cinco portos aos comerciantes británicos e cedía a illa de Hong Kong ao Imperio Británico. O fracaso do tratado para satisfacer os obxectivos británicos de mellorar as relacións comerciais e diplomáticas levou á Segunda Guerra do Opio (1856-60). O seguinte malestar social dentro da China foi o fondo da rebelión Taiping, que debilitou aínda máis a dinastía.[6] Na China, o ano 1839 considérase o comezo da súa historia moderna.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martin, Robert Montgomery (1847). China: Political, Commercial, and Social; In an Official Report to Her Majesty's Government. Volume 2. London: James Madden. pp. 80–82.
- ↑ Fay (2000) p. 73
- ↑ Fay (2000) p. 143
- ↑ Farooqui, Amar (marzo de 2005). Smuggling as Subversion: Colonialism, Indian Merchants, and the Politics of Opium, 1790–1843. Lexington Books. ISBN 0-7391-0886-7.
- ↑ Steve Tsang, A modern history of Hong Kong (2007) p. 3-13"
- ↑ Tsang, A modern history of Hong Kong p. 29.
- ↑ The History of Modern China (Beijing, 1976) citado en Janin, Hunt (1999). The India–China Opium Trade in the Nineteenth Century. McFarland. p. 207. ISBN 0-7864-0715-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Primeira Guerra do Opio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fay, Peter Ward, The Opium War, 1840–1842: Barbarians in the Celestial Empire in the early part of the nineteenth century and the way by which they forced the gates ajar (Chapel Hill, North Carolina: University of North Carolina Press, 2000)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hansard of the British Parliament 1840s Arquivado 08 de agosto de 2017 en Wayback Machine.
- Perdue, Peter C., "The First Opium War: The Anglo-Chinese War of 1839–1842: Opium Trade" Arquivado 01 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (Cambridge, Massachusetts: Massachusetts Institute of Technology, 2011. MIT Visualizing Cultures).
- Perdue, Peter C., "The First Opium War: The Anglo-Chinese War of 1839–1842: Hostilities" (Cambridge, Massachusetts: Massachusetts Institute of Technology, 2011. MIT Visualizing Cultures).
- "The Opium War and Foreign Encroachment," Education for Educators (Columbia University). Resources for teaching.
- The Opium War Museum at Google Cultural Institute
- Why was China too weak to defend themselves when the Europeans began military campaigns against China in the 1800s?