Saltar ao contido

Provisional Irish Republican Army

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provisional Irish Republican Army (PIRA)
Pintada en favor do PIRA en Belfast.
Antiga organización armada de Irlanda do Norte e da República de Irlanda
LíderesSeán Mac Stíofáin
Dáithí Ó Conaill
Gerry Adams
Martin McGuinness
Creación1969
(División do IRA en dúas faccións: OIRA e PIRA)
Área de operaciónsReino Unido
Irlanda
Alemaña
Xibraltar
Países Baixos
IdeoloxíaRepublicanismo irlandés
Esquerda
Vencellado aSinn Féin
Cumann na mBan
StatusEn xullo de 2005 anunciou a súa disolución, e entregou as armas en setembro deste ano.
Considerado terrorista no Reino Unido

O Provisional Irish Republican Army, PIRA (en galego: Exército Republicano Irlandés Provisional, máis comunmente chamado IRA Provisional ou, incorrectamente, IRA), é unha organización republicana irlandesa xurdida en 1969, ao producirse unha división no IRA que deu lugar ao PIRA e ao OIRA. Reclamábase, coma o OIRA, herdeira lexítima do IRA orixinal.

Como todas outras organizacións que se chaman elas mesmas o IRA e as Forzas da Defensa Irlandés, os provisorios chámanse eles mesmos en anuncios públicos e discusións interiores como Óglaigh na hÉireann (literalmente "Voluntarios de Irlanda").

O seu obxectivo era rematar co dominio británico en Irlanda, e segundo a súa constitución, quere "estabelecer unha República Socialista Irlandesa, baseada na Proclamación de 1916." Até o acordo de Belfast de 1998, pretendía cambiar o status de Irlanda do Norte, que deixase de pertencer ao Reino Unido e se unise á República de Irlanda, mediante a loita armada e a persuasión política. A organización está clasificada como un grupo terrorista proscrito no Reino Unido e como unha organización ilegal na República de Irlanda.

O 28 de xullo de 2005, o Consello Militar do IRA (que era como se autonomeaba a dirección do PIRA) anunciou o fin da campaña armada, declarando que buscaría acadar os seus obxectivos empregando "programas puramente políticos e democráticos a través de medios exclusivamente pacíficos" e que os "Voluntarios (do PIRA) non deben participar en ningunha outra acción." En setembro de 2008, o dezanove informe da Independent Monitoring Commission dicía que o PIRA estaba "comprometido coa vía política" e que xa non representaba "unha ameaza á paz ou ás políticas democráticas", e que o Consello Militar do IRA xa non estaba "operacional ou funcional".

Un documento interno do Exército Británico publicado en 2007 declaraba que o Exército Británico non conseguira derrotar ao PIRA pola forza das armas pero tamén dicía terlle amosado ao PIRA que non podía acadar os seus fins pola vía violenta. A avaliación militar describía ao PIRA como "profesional, dedicado, altamente cualificado e resistente".

Organizacións armadas republicanas irlandesas
Actuais: Cumann na mBan | CIRA | INLA | ÓnaÉ | RIRA | SnaÉ
Antigas: IPLO | IRA | Irish Volunteers | OIRA | PIRA | Saor Éire | Saor Uladh