Reno
Reno Rango fósil: Plistoceno (-620.000)[1] ata Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[2] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Rangifer tarandus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Hábitat do reno en Norte América e Eurasia
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Caribú en Norte América |
O reno[3] (Rangifer tarandus), tamén chamado caribú (Rangifer tarandus ssp. caribou) en América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito en Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.
O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos, de ata 300 kg, bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais só no maxilar inferior.
É de grande importancia na economía das poboacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes de Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.
Na cultura popular, a zorra do Papá Noel é tirada por renos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kurtén, Björn (1968). "Pleistocene Mammals of Europe". Transaction Publishers. pp. 170–. ISBN 978-1-4128-4514-4. Consultado o 6 de agosto de 2013.
- ↑ Henttonen, H. & Tikhonov, A. (2008). "Rangifer tarandus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 29 de abril de 2010.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reno.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |