Saltar ao contido

Tarás Bulba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tarás Bulba
Título orixinalТарас Бульба
Autor/aNikolai Gógol
OrixeImperio Ruso
Lingualingua rusa
Xénero(s)ficción histórica e romantic fiction
Data de pub.1835
Na rede
BNE: XX1997331
editar datos en Wikidata ]
Taras Bulba, pintura de Mihály Zichy

Tarás Bulba (Тара́с Бу́льба) é unha novela histórica de Nikolai Gógol publicada en 1843. Unha primeira versión apareceu en xaneiro de 1835 como parte da colección de relatos Mirgorod.

A historia, que se desenvolve nas estepas ucraínas[1], é a dun cosaco de Zaporozhia Tarás Bulba e seus dous fillos, Andrei e Ostap. Os tres homes saen de Ucraína para o territorio controlado polos polacos, contra a que os cosacos foran á guerra.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Tarás Bulba é un cosaco ucraíno, robusto e belicoso. Seus dous fillos, Andrei e Ostap, voltan a Kíiv logo de rematar os seus estudos, e os tres marchan para o sich, o campamento militar cosaco. Un rumor que se difunde no campo abonda para ir á guerra contra os polacos, en nome da defensa da fe ortodoxa.

A feroz campaña está marcada polo paso ao inimigo de Andrei, para unirse á súa namorada, a filla do gobernador polaco. Para salvar a rapaza, Andrei vai ter que levar comida á vila de Dubno, sitiada polos cosacos. Durante a batalla, Taras, descobre o seu fillo baixo o uniforme polaco. Tarás, humillado, mátao cunha bala no torso. Tras a chegada de reforzos polacos, a derrota das tropas cosacas é inevitable, e os polacos capturan e executan publicamente a Ostap, canda outros dos seus compañeiros, baixo os ollos de seu pai, que vai volver con outros cosacos para vingarse. Pero vai ser unha nova derrota, e capturan a Tarás Bulba ao que queiman vivo mentres soña coa vitoria final da fe ortodoxa.

  1. Taras Bulba en Encyclopaedia Britannica.