Urraca de Castela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1186 (Gregoriano) Reino de Castela |
Morte | 3 de novembro de 1220 (Gregoriano) (33/34 anos) Coímbra, Portugal |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Alcobaça |
Raíña de Portugal | |
1211 – 1220 ← Doce de Aragón – Mécia Lopes de Haro (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Outro | |
Título | Raíña de Portugal (1211–1220) Infanta of Castile (en) |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Afonso II de Portugal (1206 (Gregoriano)–1220 (Gregoriano)), morte |
Fillos | Sancho II de Portugal, Afonso III de Portugal, Leonor de Portugal, Fernando de Portugal, Senhor de Serpa |
Pais | Afonso VIII de Castela e Leonor Plantagenet |
Irmáns | Henrique I de Castela Berenguela de Castela Branca de Castela Leonor de Castela Sancho de Castilla Sancha de Castilla Ferdinand of Castile Mafalda de Castilla Constanza de Castilla |
Urraca de Castela, nada en 1186[1] e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.
Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Filla do rei Afonso VIII e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet, os seus avós paternos foron Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a raíña Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela de Castela, nai de Fernando III o Santo, rei de Castela e León.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1186 e aparece por primeira vez na documentación o 28 de maio de 1187, no que o seu pai realizaba unha doazón ao mosteiro de las Huelgas de Burgos, que el fundara.
Contraeu esponsais en 1205 co infante Afonso de Portugal, fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa esposa, a raíña Doce de Aragón e dous anos despois, en 1208, celebrouse o matrimonio. Despois da defunción do seu pai en 1212, o infante herdou o trono e reinou co nome de Afonso II de Portugal.
A raíña Urraca faleceu o 2 de novembro de 1220 na cidade de Coímbra, na que outorgara testamento o día 14 de xuño de 1214, e foi sepultada xunto ao seu esposo, o rei Afonso II de Portugal, no Mosteiro de Alcobaça.
Voda e descendencia
[editar | editar a fonte]Froito do seu matrimonio co rei Afonso II de Portugal naceron os seguintes fillos:
- Sancho (1209/1210-1248), rei de Portugal co nome de Sancho II de Portugal.
- Afonso, conde de Boulogne, sucedeu ao seu irmán Sancho co nome de Afonso III.
- Leonor de Portugal (1211-1231), casada co rei Valdemar III de Dinamarca;
- Fernando de Portugal (1218-1246), señor de Serpa;
- Vicente (1219).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez Díez 2007, p. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urraca de Castela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237.
- Martínez Díez, Gonzalo (2007). Alfonso VIII, rey de Castilla y Toledo (1158-1214). Gijón: Ediciones Trea. ISBN 978-84-9704-327-4.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7.