Xulia Drusila
Nome orixinal | (la) Drusilla |
---|---|
Nome póstumo | Diva Drusilla Panthea |
Biografía | |
Nacemento | 16 de setembro de 16 Confluentes, Alemaña (en) |
Morte | 10 de xuño de 38 (21 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Mausoleo de Augusto |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Dinastía Xulio-Claudia |
Cónxuxe | Lúcio Cássio Longino Marcus Aemilius Lepidus |
Pais | Germânico e Agripina |
Irmáns | Júlia Lívila Agripina Minor Calígula Nero (filho de Germânico) Druso César Gaius Julius Caesar Germanicus Major Tiberius Julius Caesar Germanicus Ignotus Julius Caesar Germanicus |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Xulia Drusila en latín Iulia Drusilla, nada en Abitarvium (Xermania) o 16 de setembro de 16 e finada o 10 de xuño de 38, foi unha nobre romana, filla de Xermánico e Agripina a maior, irmá de Calígula.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde cativa estivo rodeada de intrigas familiares, como as que remataron coa vida do seu pai e irmáns máis vellos. Acompañaría á súa nai Agripina a Maior no seu exilio na illa de Pandataria do mesmo xeito que o resto das súas irmás.
No ano 34, xa en Roma, contraeu matrimonio con Lucio Casio Longino, de quen se divorciou no 37 por intercesión do seu irmán Calígula. Para entón xa corrían os rumores que dicían que se convertera na amante favorita do seu irmán o emperador Calígula.
Posteriormente Drusila volveu casar, esta vez con Marco Emilio Lépido, o seu curmán materno, fillo de Julia Vipsania. De Lépido tamén se dicía que era amante de Macron, e que casou con Drusila por petición deste, para preservala só para o seu protector o emperador.
Cando estivo a piques de morrer debido a unha enfermidade, Drusila foi proclamada Augusta e tamén foi nomeada como a herdeira de Calígula.
Morte misteriosa
[editar | editar a fonte]O seu falecemento talvez se debese a unha febre. Con todo, dicíase entre os moitos rumores acerca da súa incerta morte que estaría embarazada do seu irmán e que este a asasinou.
Tras o seu falecemento no ano 38, Calígula ficou gravemente aflixido e organizou magníficos funerais en honra á súa amada irmá, decretando que no tempo que durase o loito a Drusila, estaría prohibido rirse e manter prácticas sexuais, entre outras extravagancias que non sentaron nada ben ao pobo de Roma.
Ademais deificou á súa irmá erguéndoa ao status de deusa co nome de Pantea e como tal se lle dedicou culto do mesmo xeito que sacerdotes.
En memoria á súa querida irmá a quen tanto amaba, Calígula poría por nome Xulia Drusila á única filla que tivo coa súa última esposa Milonia Cesonia.
Drusila no cinema
[editar | editar a fonte]O amor incestuoso que mantivo co seu irmán foi levado á pantalla grande por Tinto Brass na película Calígula de 1979 onde Teresa Ann Savoy encarnou a Drusila.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xulia Drusila |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Aparece citada en libros como:
- De vita Caesarum, de Suetonio.
- I, Claudius, de Robert Graves, posteriormente convertida en miniserie de 13 episodios.
- Les mémoires d’Agrippine, de Pierre Grimal.
- Caligula. Der grausame Gott, de Siegfried Obermier.