Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
Amosando publicacións coa etiqueta [Nevada]. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta [Nevada]. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de abril de 2020

Coral Carmina i el Grup Instrumental Catala (GIC) - Musica de la Revolució (1977)

Disco compilatorio de cancións reivindicativas en catalá, interpretadas polo Grup Instrumental Catalá (GIC) e as voces da Coral Carmina. Neste disco atopamos as versións en catalá (algunhas podémolas atopar en internet sen detallar o interprete) de cancións como La Internacional, La Marsellesa, Alerta, La Jove Guardia [La Joven Guardia] ou A les Barricades [A las Barricadas]. Publicado polo selo discográfico Nevada.

DESCARGAR

PCE Hablan Los Partidos (1977)

Con motivo das primeiras eleccións despois da ditadura (xuño 1977), a meirande parte dos partidos que se presentaban ás eleccións fixeron como parte da sua campaña a publicación de discos con cancións e discursos. As publicacións máis importantes neste campo foron as realizadas polo selo Nevada na sua serie Hablan los Partidos, onde atopamos LPs cheos de discursos de cada partido.

No caso do recentemente legalizado Partido Comunista de España (PCE) a publicación foi nun dobre LP con discursos de Dolores Ibarruri, Santiago Carrillo, Ramón Tamames e Marcelino Camacho entre outros, e cancións de Ana Belén, Victor Manuel (daquela coordinador musical do PCE), Camaretá (Nuberu), José Menese, Duo Kotliarskaia-Comesaña, Coz e o Colectivo Musical del PCE.

DESCARGAR

martes, 22 de xaneiro de 2019

Coro Popular Jabalón [Discografía]

Seudónimo que empregaron algúns dos integrantes da formación Nuestro Pequeño Mundo para a publicación de cancións reivindicativas e da guerra cívil con outro selo discográfico (Nevada) que non era ao que pertencían. Nos dos últimos discos inclúense unicamente as cancións non publicadas con anterioridade.

O arquivo de descarga contén os seguintes discos:
  • Cantos de la Resistencia Española (1977)
  • España 1936-1939 (1977)
  • La Internacional Comunista (1977)
  • No nos Moveran (1977)
Descargar

mércores, 5 de decembro de 2018

Juan Velasco - Pregones (1977)

Primeiro e único LP do cantante manchego Juan Velasco. Publicado polo selo Nevada

Descargar

Jose Luis Zorro - Agua Subterranea (1978)

Primeiro e único LP en solitario do cantante galego Jose Luis García 'El Zorro' un dos compoñentes do grupo de folk Los Lobos. Publicado polo selo Nevada

Descargar

Jorge Melgarejo - Quien Quiere Estrechar mi Mano (1978)

Primeiro e único LP do cantante sudamericano residente en España. Publicou con anterioridade unha casete que podedes atopar neste mesmo blog. Publicado en 1978 polo selo Nevada

Descargar

mércores, 28 de novembro de 2018

Miquel Angel Rubert [Discografia]

 
As dúas publicacións do cantante catalán Miquel Angel Rubert. Este cantante tamén participou no disco colectivo Abolición de 1978
  • Mentrestant (1977)
  • Fugida
Descargar

Antonio Curiel [Discografia]

Publicacións en solitario do cantante de Valladolid, Antonio Curiel 'Curi', que nos anos 80 sería un dos integrantes da formación Altos Hornos de Vizcaya. O arquivo de descarga contén os seguintes discos:
  • Cantos de Lucha (1977)
  • La Respuesta ya no está en el Viento (1980)
  • Historias de Camaleones y Otros Bichos Raros (1983)
Descargar

domingo, 30 de abril de 2017

¡Abolicion! Canciones y Textos Contra la Pena de Muerte (1978)

Compilación publicada en España de cancións contra a pena de morte, daquela aínda vixente, no que participan Chicho Sánchez Ferlosio, Francisco Ortega, Jose Luis 'Zorro', Claudina y Alberto Gambino, Miquel Angel Rubert e o noso Suso Vaamonde entre outros. En fin, unha serie de artistas xa afíns ao selo discográfico Nevada que o publica. Atopamos tamén a primeira publicación de Javier Krahe, La Hoguera, na voz dun grupo descoñecido chamado Bigornia. Atopamos nas cancións textos de Celso Emilio Ferreiro e Carlos Edmundo de Ory entre outros.

Descargar

Francisco Ortega - La Vida tiene Solucion (1977) + single (1978)

Primeiro disco (e posterior single) do cantante e produtor andaluz Paco Ortega, o que formara no seu mometo dúo xunto a Isabel Montero. Acompañao ao baixo o seu amigo Julio Matito de Smash.

Descargar

domingo, 21 de abril de 2013

Teresa Cano - Si Las Cosas No Fueran Tan Enojosas (1978)

Teresa tivo unha curta carreira artística na que a finais de dos anos 70 e no comenzo dos 80 compartiu proxectos con artistas como Antonio Resines, Javier Krahe, Joaquín Sabina ou Chicho Sánchez Ferlosio, do cal tedes unha versión e unha colaboración neste disco.

Descargar

sábado, 9 de marzo de 2013

Francisco Díaz - Páginas (1977)


Outro dos grandes descoñecidos cantautores foi Francisco Díaz que publicou no ano 1977, xa no noso pais, o album "Páginas" baixo o selo discográfico Nevada. Foi producido por Juan Ignacio Cuadrado que daquela xa levaba anos como membro do grupo Nuestro Pequeño Mundo e comenzaba coa súa extensa carreira de produtor. Inclúense as carátulas cos títulos das cancións

[Outros traballos de Francisco Diaz]

Podedes visitar a súa páxina Francisco Diaz - Zodiacap

Descargar