Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
Amosando publicacións coa etiqueta Luis Cilia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Luis Cilia. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de abril de 2020

Luis Cilia (1976-1985)

Algúns dos discos de Luis Cilia non publicados neste blog con anterioridade. Dos discos ata 1985 faltarían Pretextos para Dizer de 1978 e O Peso da Sombra de 1980

O arquivo de descarga contén os discos:
  • Resposta (1976)
  • Devolta (Manuel Freire) (1978)
  • Marginal (1981)
  • Contradiçoes (1983)
  • Sinais De Sena (1985)
  • Original Music from Portugal (com Pedro Barroso) (2010)
DESCARGAR

Luis Cilia - A Poesia Portuguesa de Ontem e de Hoje [2] (1969)

Un dos primeiros discos do cantautor portugués Luis Cilia. Logo de ser publicado polo selo Le Chant du Monde, o produtor francés Moshe Naim, que xa sacara discos de Paco Ibañez no noso pais, produce tres discos deste cantautor portugués, este é o segundo deses tres.

DESCARGAR

xoves, 29 de novembro de 2018

Grupo Coral dos Operarios Mineiros de Aljustrel - Hino da Intersindical (1975)

O Grupo Coral dos Operarios Mineiros de Aljustrel publicarían un LP en 1975 co selo Orfeu, este sería un EP con 4 temas deste LP, publicado o mesmo ano. O coro tivo como director musical a Luis Cilia

Descargar

luns, 9 de marzo de 2015

Luis Cilia - Transparencias (1975)

Outro dos discos do cantante Luis Cilia. Atopado hai tempo no blog "Los que no se Consiguen", renomeado agora como Los que Ya no se Venden.

Descargar

Luis Cilia - O povo unido jamais será vencido (1974)

Single editado en Portugal da versión en portugués da canción de Quilapayún "El Pueblo Unido Jamás será Vencido", traducida e interpretada por Luis Cilia en 1974.

Descargar

Luis Cilia - O Guerrilheiro (1974)

Outro dos discos do cantante portugués Luís Cília, editado en Portugal co título "O Guerrilheiro" no ano 1974 e reeditado en 1982 co título "Cancioneiro". Atopado hai tempo no blog "Los que no se Consiguen", renomeado agora como Los que Ya no se Venden.

Descargar

mércores, 11 de febreiro de 2015

Luís Cília - Meu País (1973)

Regravación mellorada das primeiras cancións de Luís Cília publicadas en francia no disco "Portugal-Angola: Chants de Lutte", ambos discos publicados polo selo Le Chant du Monde. Nesta reedición do seu primeiro disco, Luís Cília musicaliza aos poetas portugueses Jose Gomes Ferreira, António Borges Coelho, Rui Namorado e Manuel Alegre; aos angolanos Geraldo Bessa-Victor, Jonas Negalha e o cabo verdián Daniel Filipe. No noso país, a cantante galega Maria Manuela fai unha versión en galego da canción "Regresso", e o cantante alacantí Adolfo Celdrán fai versións en castelá das cancións "Resiste" e "Regresso" cos títulos "Resiste" e "Día de Fiesta". Luis Cilia e Adolfo Celdrán colaborarían xuntos na musicalización do poema de Miguel Hernández "Canción del Esposo Soldado" que cantaría Adolfo.

Descargar

Luis Cilia - Memória (1976)

"Memória" foi o disco máis internacional do cantante portugués Luis Cilia, o que chegou editarse en Portugal, España, Alemaña (RDA), Francia e Bulgaria. O disco contén textos de Manuel Correia, Ary dos Santos e Carlos Cunha entre outros.

Descargar

venres, 17 de maio de 2013

Luis Cilia - Contra a Ideia da Violência, a Violência da Ideia (1973)

Neste disco do cantautor portugués atopamos cancións sobre poemas de Manuel Filipe, Manuel Correia, Ary dos Santos, Eugênio de Andrade ou João Apolinário entre outros. Publicado na francia, como a maioría das gravacións ata esa data, esta vez editado polo selo Le Chant du Monde.

Descargar

Luis Cilia - A Poesia Portuguesa de Ontem e de Hoje [3] (1971)

Un dos primeiros discos do cantautor portugués Luis Cilia. Logo de ser publicado polo selo Le Chant du Monde, o produtor francés Moshe Naim, que xa sacara discos de Paco Ibañez no noso pais, produce tres discos deste cantautor portugués, este é o terceiro deses tres.

Descargar

martes, 12 de marzo de 2013

Luis Cilia - A Poesia Portuguesa de Ontem e de Hoje [1] (1968)

Un dos primeiros discos do cantautor portugués Luis Cilia. Logo de ser publicado polo selo Le Chant du Monde, o produtor francés Moshe Naim, que xa sacara discos de Paco Ibañez no noso pais, produce tres discos deste cantautor portugués, este é o primeiro deses tres.

Descargar