14 de xuño
Aparencia
<< | Xuño | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
2024 Todos os días |
O 14 de xuño é o 165º día do ano do calendario gregoriano e o 166º nos anos bisestos. Quedan 200 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1777 - O Congreso dos Estados Unidos adopta a bandeira do país.
- 1846 - California sepárase de México e tórnase unha república independente.
- 1895 - Alemaña, Francia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo asinan o primeiro Convenio de Schengen.
- 1900 - Hawai tórnase territorio dos Estados Unidos.
- 1913 - Fúndase o Real Racing Club de Santander.
- 1919 - John Alcock fai o primeiro voo transatlántico sen escalas.
- 1940 - No transcurso da segunda guerra mundial, o exército alemán entra en París.
- 1982 - En Balaídos ten lugar, por primeira vez en Galicia, un encontro dun Mundial de Fútbol (ITA-POL 0:0).
- 1982 - O exército arxentino ríndese ante os británicos, dando fin á Guerra das Malvinas, que comezara dous meses antes.
- 1987 - Sae á rúa o primeiro número do xornal Atlántico Diario.
- 2013 - O ICANN aproba o dominio .gal.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1736 - Charles-Augustin de Coulomb, físico e enxeñeiro militar francés (m. 1806).
- 1798 - František Palacký, historiador e político checo (m. 1876).
- 1852 - Carlos Basilio Ezeta, militar e político salvadoreño, foi presidente da república (m. 1903)
- 1864 - Alois Alzheimer, médico alemán (m. 1915).
- 1868 - Karl Landsteiner, biólogo austríaco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1943).
- 1870 - Sofía de Prusia, princesa de Prusia e Alemaña e raíña consorte de Grecia (m. 1932).
- 1895 - José Carlos Mariátegui, escritor, xornalista e filósofo peruano (m. 1930).
- 1899 - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, Premio Nobel de Literatura (m. 1972).
- 1903 - Alonzo Church, matemático estadounidense (m. 1995).
- 1904 - Margaret Bourke-White, fotógrafa estadounidense (m. 1971).
- 1918 - Maruja Pino Piñeiro, escritora galega (m. 2010).
- 1921 - Juan Antonio Graíño Amarelle, político e empresario, natural de Ponteceso (m. 1978).
- 1922 - Kevin Roche, arquitecto estadounidense de orixe irlandesa.
- 1928 - Ernesto Che Guevara, revolucionario cubano, nado na Arxentina (m.1968).
- 1929 - José Gea Escolano, relixioso católico español.
- 1946 - Donald Trump, empresario e presidente dos Estados Unidos de América.
- 1965 - Paco Lodeiro, músico, humorista e presentador de televisión galego.
- 1969 - MC Ren, rapeiro estadounidense.
- 1969 - Steffi Graf, tenista alemá, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes en 1999.
- 1971 - Armando Requeixo, investigador, profesor e crítico literario galego.
- 1972 - Matthias Ettrich, informático alemán.
- 1977 - Sacha Giffa, baloncestista internacional francés que xogou no Leite Río Breogán.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1837 - Giacomo Leopardi, poeta italiano (n. 1798).
- 1909 - Afonso Pena, presidente do Brasil (n. 1847).
- 1920 - Max Weber, sociólogo alemán (n. 1864).
- 1926 - Mary Cassatt, pintora e gravadora estadounidense (n. 1844).
- 1927 - Jerome K. Jerome, escritor inglés (n. 1859).
- 1928 - Emmeline Pankhurst, unha das fundadoras do movemento sufraxista británico (n. 1858).
- 1936 - Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés (n. 1874).
- 1940 - Indalecio Varela Lenzano, musicólogo e crítico musical galego (n. 1856).
- 1946 - John Logie Baird, enxeñeiro escocés, un dos pioneiros da televisión (n. 1888).
- 1968 - Salvatore Quasimodo, escritor italiano, Premio Nobel de Literatura (n. 1901).
- 1986 - Jorge Luis Borges, escritor arxentino (n. 1899)
- 1994 - Henry Mancini, compositor estadounidense (n. 1924).
- 1995 - Rory Gallagher, guitarrista irlandés, considerado un dos mellores da historia (n. 1948).
- 1998 - Ricardo Núñez Lissarrague, actor e director de cine betanceiro (n. 1904).
- 2004 - Juan Mari Mujika, futbolista vasco que xogou no Deportivo (n. 1963).
- 2007 - Kurt Waldheim, exsecretario xeral das Nacións Unidas (n. 1918).
- 2014 - María Wonenburger, matemática galega (n. 1927).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial do Doador de Sangue.
- Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.[1]
Outros
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: 14 de xuño |
Listaref
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia: "La Voz de la Escuela", 9.06.2021