Uapití
Uapití | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Cervus canadensis (Erxleben, 1777)[1] | |||||||||||||||||||
Mapa de distribución
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
diversas subespecies de Cervus elaphus |
O uapití[2] (Cervus canadensis) é unha das especies de cérvidos meirandes do mundo e un dos mamíferos máis grandes de América do Norte e do leste de Asia. Da súa familia, só o alce, Alces alces, é máis grande, e o sambar (Cervus unicolor) pode compararse co C. canadensis en medida. Os uapitís son bastante semellantes ó cervo común de Europa, do cal se pensou que era unha subespecie durante moito tempo. Porén, probas de ADN mitocondrial realizadas no 2004 demostraron claramente que son especies diferentes.[3]
Os uapitís viven nos bosques e a súa contorna, onde se alimentan de herbas, plantas, follas e codia. Malia ser orixinarios de América do Norte e do leste de Asia, adaptáronse ben nos países onde foron introducidos, incluíndo Nova Zelandia, Australia e a Arxentina. A súa grande adaptabilidade pode ameazar as especies endémicas e os ecosistemas nos que se introduciu.
Os machos teñen cornos grandes que mudan cada ano. Os machos adoptan comportamentos ritualizados de aparellamento durante o celo, incluíndo posturas, combates cos cornos e «sons de corneta», unha serie de vocalizacións fortes que establecen dominancia sobre os outros machos e atrae as femias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Erxleben, J.C.P. (1777) Anfangsgründe der Naturlehre i Systema regni animalis.
- ↑ Digalego.xunta.gal (ed.). "Uapití no Dicionario Galego da Xunta". Consultado o 21 de xuño de 2016.
- ↑ Ludt, Christian J.; Wolf Schroeder; Oswald Rottmann; Ralph Kuehn. Elsevier, ed. "Mitochondrial DNA phylogeography of red deer (Cervus elaphus)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 31 (2004) 1064–1083. Consultado o 4 de xuño d 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uapití |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uapití |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arizona Elk na Web do Departamento de Caza e Pesca de Arizona. (en inglés)
- Rocky Mountain Elk Foundation (en inglés)