Saltar ao contido

Uapití

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uapití
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Cervidae
Subfamilia: Cervinae
Xénero: Cervus
Especie: C. canadensis
Nome binomial
Cervus canadensis
(Erxleben, 1777)[1]
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución
Sinonimia

diversas subespecies de Cervus elaphus

O uapití[2] (Cervus canadensis) é unha das especies de cérvidos meirandes do mundo e un dos mamíferos máis grandes de América do Norte e do leste de Asia. Da súa familia, só o alce, Alces alces, é máis grande, e o sambar (Cervus unicolor) pode compararse co C. canadensis en medida. Os uapitís son bastante semellantes ó cervo común de Europa, do cal se pensou que era unha subespecie durante moito tempo. Porén, probas de ADN mitocondrial realizadas no 2004 demostraron claramente que son especies diferentes.[3]

Os uapitís viven nos bosques e a súa contorna, onde se alimentan de herbas, plantas, follas e codia. Malia ser orixinarios de América do Norte e do leste de Asia, adaptáronse ben nos países onde foron introducidos, incluíndo Nova Zelandia, Australia e a Arxentina. A súa grande adaptabilidade pode ameazar as especies endémicas e os ecosistemas nos que se introduciu.

Os machos teñen cornos grandes que mudan cada ano. Os machos adoptan comportamentos ritualizados de aparellamento durante o celo, incluíndo posturas, combates cos cornos e «sons de corneta», unha serie de vocalizacións fortes que establecen dominancia sobre os outros machos e atrae as femias.

  1. Erxleben, J.C.P. (1777) Anfangsgründe der Naturlehre i Systema regni animalis.
  2. Digalego.xunta.gal (ed.). "Uapití no Dicionario Galego da Xunta". Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  3. Ludt, Christian J.; Wolf Schroeder; Oswald Rottmann; Ralph Kuehn. Elsevier, ed. "Mitochondrial DNA phylogeography of red deer (Cervus elaphus)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 31 (2004) 1064–1083. Consultado o 4 de xuño d 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]