11 de decembro
Aparencia
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 11 de decembro é o 345º día do ano do calendario gregoriano e o 346º nos anos bisestos. Quedan 20 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 452 - Grávase a derradeira inscrición coñecida na escritura demótica exipcia, na illa de Filae.
- 1813 - Napoleón Bonaparte restitúe a Fernando VII a coroa de España.
- 1917 - Lituania declara a súa independencia de Rusia.
- 1927 - Comeza o Levantamento de Cantón en Cantón, China.
- 1937 - Italia abandona a Liga das Nacións.
- 1941 - Alemaña e Italia declaran a guerra aos Estados Unidos.
- 1946 - As Nacións Unidas crean UNICEF para a protección da infancia.
- 1958 - O Alto Volta declara a súa independencia de Francia.
- 1981 - 900 persoas son asasinadas no Salvador durante o masacre de El Mozote.
- 1999 - O concello de Pontevedra recoñece a Alexandre Bóveda coa Medalla de Ouro da Cidade e a distinción de Fillo Adoptivo
- 2002 - A páxina web da Compañía de Radio-Televisión de Galicia é elixida como a mellor do ano na categoría Medios de Comunicación de Yahoo! en catalán.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1803 - Hector Berlioz, compositor francés (m. 1869).
- 1810 - Alfred de Musset, escritor francés (m. 1857).
- 1824 - Víctor Balaguer, escritor e político catalán (m. 1901).
- 1833 - Ramón Verea escritor, xornalista e inventor, en Curantes (A Estrada)
- 1843 - Robert Koch, médico alemán, descubridor do bacilo da tuberculose (m. 1910).
- 1856 - Georgi Plekhanov, revolucionario ruso (m. 1918).
- 1863 - Annie Jump Cannon, astrónoma estadounidense.
- 1882 - Max Born, físico alemán, Premio Nobel de Física en 1954 (m. 1970)
- 1887 - Carlos Gardel, cantante e compositor de tangos arxentino (m. 1935).
- 1905 - Eugen Fink, filósofo alemán (m. 1975).
- 1908 - Carlos Arias Navarro, presidente do Goberno de España (1974-1976).
- 1911 - Naguib Mahfús, escritor exipcio (m. 2006).
- 1913 - Xulio Francisco Ogando, escritor e académico galego (m. 2005).
- 1930 - Jean-Louis Trintignant, actor francés.
- 1930 - Chus Lampreave, actriz española.
- 1934 - Manuel Rodríguez López, poeta, cronista e tradutor galego (m. 1990).
- 1940 - Diego Bernal, xornalista galego (m. 2001).
- 1941 - Cándido Sánchez Castiñeiras, médico e político galego.
- 1958 - Alberto Ruiz-Gallardón, político español.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1198 - Averroes, filósofo andalusí (n. 1126).
- 1282 - Miguel VIII Paleólogo, emperador bizantino.
- 1474 - Henrique IV de Castela, rei de Castela e de León (n. 1425).
- 1582 - Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba, xeneral español (n. 1507)
- 1937 - Ángel Pestaña, anarcosindicalista español.
- 1953 - Albert Coates, compositor e director anglo-ruso (n. 1882).
- 1957 - Musidora (Jeanne Roques) actriz e escenógrafa francesa (n. 1889)
- 1964 - Alma Mahler, de solteira Schindler, artista, compositora e pintora de orixe austríaca (1879).
- 2007 - Fernanda Botelho, escritora portuguesa (n. 1926).
- 2007 - Alberto Datas, pintor galego (n. 1935).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional das Montañas [1]
- Día do Tango, en Buenos Aires, Arxentina.
- Día da República en Burkina Faso (1958).