Charles Francis Keary
Retrato de Charles Francis Keary por Rupert Bunny (1891). | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1848. Trent Vale, Reino Unido (en) |
Morte | 25 de outubro de 1917 (69 anos). Londres. Inglaterra. |
País de nacionalidade | británica. |
Educación | Trinity College. Universidade de Cambridge. |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e numismática. |
Ocupación | novelista |
Empregador | Museo Británico |
Pseudónimo literario | H. Ogram Matuce |
Premios | |
(1894): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | The Times |
Charles Francis Keary, nado en Stoke-on-Trent en 1848 e finado en Londres o 25 de outubro de 1917, foi un novelista, historiador e numismático inglés.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Charles F. Keary naceu en 1848 nunha familia irlandesa proveniente de Galway que se establecera no distrito industrial de Stoke-on-Trent, en Staffordshire. Era fillo de Ann Archer e de William Keary, quen en 1874 se converteu no primeiro alcalde de Stoke-on-Trent.[3]
Cursou o ensino secundario no Marlborough College e os seus estudos universitarios no Trinity College, da Universidade de Cambridge.[2][4]
Historia e numismática
[editar | editar a fonte]A Keary fascinábao a historia escandinava e a mitoloxía primitiva, o que o levou a escribir unha serie de libros acerca destas cuestións; en concreto, The Vikings in Western Christendom (1890) foi un libro de referencia neste tema durante décadas.[4]
Así mesmo, escribiu diversas obras acerca das orixes das relixións, como The outlines of primitive belief (1882) ou The mitology of the Eddas (1882).[4]
Kery era tamén un experto na historia de Noruega e no pobo noruegués, e coñeceu moitos poetas e eruditos dese país.[5]
O 6 de marzo de 1872 ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, en Londres, onde permaneceu ata 1887.[4][6] Alí participou na redacción da súa principal obra numismática: A Catalogue of English Coins in the British Museum: Anglo-Saxon Series, publicada dentro da serie British Museum Catalogues of Coins en dous tomos, o primeiro aparecido en 1887, con Reginald Stuart Poole como editor, e o segundo, escrito xunto con Herbert Appold Grueber, en 1893.[6]
Durante esta etapa no British Museum mantivo gran amizade co filósofo anglo-irlandés Francis Ysidro Edgeworth.[7]
Keary foi membro da Royal Numismatic Society, que en 1894 o distinguiu coa súa medalla de ouro. As súas contribucións na revista Numismatic Chronicle, publicada por esta sociedade, foron moi numerosas, mesmo despois da súa xubilación.[6]
Ficción literaria
[editar | editar a fonte]Na derradeira década do século, Keary abandonou os estudos numismáticos e dedicouse á literatura, influído polos novelistas rusos da súa época.[4]
Xa en 1888 publicara baixo o pseudónimo de H. Ogram Matuce unha novela radicalmente impresionista: The Wanderer: From the papers of the late H. Ogram Matuce. A súa primeira novela co seu nome foi A Mariage de Convenance, publicada en 1889.[8] En tres tomos publicou logo The Two Lancrofts (1893) centrada no ambiente literario desde a Universidade de Oxford ata o París de Balzac e Zola.[9] Herbert Vanlennart (1895) está baseada na súa viaxe á India, que tamén recolleu no seu libro de viaxes India: Impressions (1903). Na súa seguinte novela, Bloomsbury (1905)[10] plasmou a súa experiencia de moverse "no curioso intelectualismo neurótico"[11] dos círculos literarios londinienses, no Bloomsbury de finais da década de 1880 e principios da de 1890.[4]
Keary tamén pobou a forma daquela de moda do drama en verso, con The Brothers: a Fairy Masque (1902) e Rigel: a Mystery" (1903), e adentrouse con máis éxito no terreo da filosofía con The Pursuit of Reason (1910).[12] Despois da súa repentina morte o 26 de outubro de 1917 dun ataque ao corazón,[13][14] saíu tamén á luz un libro póstumo de poemas: The Posthumous Poems of C. F. Keary (1923).[4]
A súa colección de obras curtas Twixt Dog and Wolf (1901) é coñecida por ter influído na novela de James Joyce Dubliners (1905), como evidencia unha carta de Joyce datada o 24 de setembro de 1905.[15] O historiador do xénero fantástico Douglas A. Anderson describiu Twixt Dog and Wolf como unha "ficción literaria extraña e de alto nivel".[16]
Música
[editar | editar a fonte]Keary escribiu tamén o libreto da ópera Koanga (1904), do compositor Frederick Delius.[17]
A irmá de Charles Keary, Alice Annie Keary, era folclorista e facía colleitas de cancións populares de Staffordshire.[18] O propio Charles viaxou por Europa e dedicouse tamén á colleita de cancións populares, o que deu lugar á publicación da serie de artigos titulada Roumanian Peasants and their Songs.[19]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Estas son as obras literarias e os estudos monográficos máis salientables dos publicados por Charles Francis Keary ao longo da súa vida:[21][22][23]
Ficción
[editar | editar a fonte]- (1889). A Mariage de Convenance. Fisher Unwin, Londres.
- (1893). The two Lancrofts. Vol. I; Vol. II; Vol. III. Osgood, McIlvaine & Co., Londres.
- (1895). Herbert Vanlennert. J. B. Lippincott, Filadelfia.
- (1898). The Journalist. Methuen, Londres.
- (1902). High Policy. Fisher Unwin, Londres.
- (1902). The Brothers: a Fairy Masque. Longmans, Londres.
- (1903). Rigel. An autumn mystery. David Nutt, Londres.
- (1905). Bloomsbury. Londres.
- (1909). The Mount.
Numismática
[editar | editar a fonte]- (1879). The coinages of Western Europe. From the fall of the Western Empire under Honorius to its reconstruction under Charles the Great. Trübner & Co., Londres.
- (1881). A guide to the Italian medals exhibited in the King's Library. British Museum, Londres.
- (1887). Catalogue of English coins in the British Museum. Anglo-Saxon series, vol. 1. British Museum, Londres.
- (1893). Catalogue of English coins in the British Museum. Anglo-Saxon series, vol. 2 (con H. A. Grueber). British Museum, Londres.
- (1893). A guide to the exhibition of Italian medals. Museo Británico, Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, Londres.
Historia
[editar | editar a fonte]- (1878). The dawn of history: an introduction to pre-historic study. Mozley and Smith, Londres.
- (1882). Outlines of primitive belief among the Indo-European races. Scribner's sons, Nova York.
- (1882). The mitology of the Eddas.
- (1890). The vikings in western Christendom, A.D. 789 to A.D. 888. Fisher Unwin, Londres.
- (1892). Norway and the Norwegians. Percival and Co., Londres.
Outros
[editar | editar a fonte]- (1910). The pursuit of reason. Cambridge University Press.
- (1903). India: Impressions. Brimley Johnson, Londres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atkinson, D. (2007).
- ↑ 2,0 2,1 "Charles Francis Keary". Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
- ↑ "Keary, William". People of Stoke-on-Trent (Thepotteries.org).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Obituary. Mr. C. F. Keary". En The Times. 27 de outubro de 1917. Páxina 9. [Texto en Wikisource]
- ↑ Downs, B. W. (1952). "Anglo-Norwegian Literary Relations 1867-1900". En The Modern Language Review. Vol. 47. Nº 4. Páxinas 449-494.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Hill, G. F. (1917). Páxina 319.
- ↑ Barbé, Lluís. (2010). Francis Ysidro Edgeworth. A Portrait with Family and Friends. Edward Elgar, Cheltenham. Páxina 131. ISBN 978 1 84844 716 5
- ↑ Hill, G. F. (1917). Páxina 320.
- ↑ "256. Keary, Charles Francis". En XIX Century Fiction, Part I, A–K. Jarndyce, Bloomsbury, 2019
- ↑ Recensión de Bloonsbury por C. F. Keary. En The Athenaeum (4044): 523. 24 de abril de 1905.
- ↑ Recensión da novela en The Spectator, 8 de abril de 1905.
- ↑ Recensión de The pursuit of reason por C. F. Keary. En The Athenaeum (4360): 562. 20 de maio de 1911.
- ↑ "Charles F. Keary Dead". En The Baltimore Sun. 28 de outubro de 1917. Páxina 11.
- ↑ "Charles F. Keary Dies". En The New York Times. 28 de outubro de 1917. Páxina 21.
- ↑ Ellmann, R. (ed.) (1966). Letters of James Joyce. Vol. 2. Páxina 111.
- ↑ Anderson, D. A. (2018). Late Reviews. Nodens Books, Marcellus. Páxina 89. ISBN 9781987512564
- ↑ White, J. (2004). "The Literary Sources of the Delius Operas". En Delius Society Journal. Verán. Páxinas 16-18.
- ↑ Haden, D. "Miss Keary on doorstep luck in North Staffordshire"
- ↑ "Roumanian peasants and their songs". En The Chautauquan. Vol. III. Nº 4. 1883. Páxina 197-199.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Keary, Charles Francis 1848-1917 Arquivado 11 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Keary, C. F. (Charles Francis) 1848-1917". En WorldCat Identities.
- ↑ Hill, G. F. (1917). Páxinas 320-321.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atkinson, D. (2007). "Keary, Charles Francis (1848-1917)". En Oxford Dictionary of National Biography (Oxford DNB).
- Hill, G. F. (1917). "Obituary: Charles Francis Keary". En The Numismatic Chronicle. Vol. 17. Royal Numismatic Society, Londres. Páxinas 319-321.