Antonio Buero Vallejo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1916 Guadalaxara, España |
Morte | 29 de abril de 2000 (83 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, escritor, poeta |
Período de actividade | (Con vida en: século XX ) |
Membro de | Real Academia Española (1971–) |
Xénero artístico | Poesía e dramaturxia |
Movemento | Realismo |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española |
Conflito | guerra civil española |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Victoria Rodríguez (1958–2020), morte da persoa |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Antonio Buero Vallejo, nado en Guadalaxara o 29 de setembro de 1916 e finado en Madrid o 29 de abril de 2000, foi un dramaturgo español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia de clase media, estudou na súa cidade natal ata que a súa familia marcha a Madrid en 1934 e Buero matricúlase na Academia de Belas Artes de San Fernando. Na guerra civil española loitou nun batallón de infantaría e tras ela foi condenado a morte, conmutada logo de oito meses. En 1946 obtén a liberdade e retoma a súa carreira pictórica, que queda definitivamente interrompida tras conseguir o Premio Lope de Vega por Historia de una escalera, obra clave do teatro de posguerra en España polo que supuxo de renovación. Adaptou ao castelán a Shakespeare, Henrik Ibsen e Bertolt Brecht. En 1959 casou coa actriz Victoria Rodríguez. En 1963 recibe autorización para saír ao estranxeiro e dará unha serie de conferencias en diversas cidades nos anos seguintes. Elixido membro da Real Academia Española en 1971. Premio Cervantes en 1986.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Os personaxes das obras de Buero Vallejo adoitan coincidir coas seguintes características:
- Presentan algunha tara física ou psíquica.
- Non se reducen a sinxelos esquemas ou símbolos.
- Son personaxes complexos que experimentan un proceso de transformación ao longo da obra.
- A crítica distíngueos entre personaxes activos e contemplativos. Os primeiros carecen de escrúpulos e actúan movidos polo egoísmo ou polos seus baixos instintos. Chegado o caso, non dubidan en ser crueis ou violentos se dese xeito conseguen os seus obxectivos. Non son personaxes malos; a distinción entre bos e malos non ten oco no teatro de Buero. Os contemplativos séntense angustiados. O mundo no que viven é demasiado pequeno. Móvense nun universo pechado á esperanza. Aínda sendo conscientes das súas limitacións, soñan cun imposible, e atópanse irremediablemente destinados ao fracaso. Nunca ven materializados os seus desexos.
Obras
[editar | editar a fonte]As obras de Vallejo caracterízanse pola súa capacidade para construír unha historia con valor existencial á vez que social, grazas ó espazo simbólico que as abrangue. Deste modo, permítese efectuar unha lectura universal a partir dunha situación en particular. Nalgunhas obras, como Las Meninas, o dramaturgo inspírase en motivos históricos para facer unha crítica á situación actual. Noutras, como La Fundación, empréganse técnicas de inmersión para abordar a trama dende a perspectiva dos personaxes. Finalmente, La tejedora de sueños, inspirada na Odisea, emprega a mitoloxía cun valor metafórico respecto aos conflitos entre humanos. Tódalas obras de Vallejo conteñen elementos procedentes do sainete. É o caso da recreación de ambientes populares, ou a mestura de humor e drama.
- Historia de una escalera (1949)
- En la ardiente oscuridad (1950)
- La tejedora de sueños (1952)
- La señal que se espera (1952)
- Casi un cuento de hadas (1953)
- Irene o el tesoro (1954)
- Las cartas boca abajo (1957)
- Hoy es fiesta (1955)
- Un soñador para un pueblo (1958)
- Las Meninas (1960)
- El concierto de San Ovidio (1962)
- El tragaluz (1967)
- La doble historia del doctor Valmy (1968)
- El sueño de la razón (1970)
- La detonación (1977)
- En La llegada de los dioses (1971),
- La Fundación (1974)
- Jueces en la noche (1979)
- Caimán (1981)
- Diálogo secreto (1984)
- Lázaro en el laberinto (1986)
- Música cercana (1989)
- Las trampas del azar (1994)
- Misión al pueblo desierto (1999)
Filmografía
[editar | editar a fonte]Películas baseadas nas obras:
- Historia de una escalera, dirixida por Ignacio F. Iquino (1950)
- En la ardiente oscuridad, dirixida na Arxentina por Daniel Tinayre (1959)
- Esquilache, dirixida en España por Josefina Molina[2] (1989)