Bear Grylls
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
(2012) | |
Nome orixinal | (en) Edward Michael Grylls |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de xuño de 1974 (50 anos) Londres, Reino Unido |
Chief Scout (en) | |
2009 – 2024 ← Peter Duncan (pt) – Dwayne Fields (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Anglicanismo evangélico (pt) |
Educación | Ludgrove School (pt) |
Lateralidade | destro |
Actividade | |
Ocupación | explorador, montañista, escritor, orador motivacional, presentador de televisión, Aventureiro |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Deporte | alpinismo |
Familia | |
Cónxuxe | Shara Cannings Knight |
Fillos | Jesse Grylls, Marmaduke Mickey Percy Grylls, Huckleberry Edward Joscelyne Grylls |
Pais | Michael Grylls e Sarah Ford |
Cronoloxía | |
1998 | ascent of Mount Everest (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | beargrylls.com |
Edward Michael Grylls, nado en Donaghadee (Irlanda do Norte) o 7 de xuño de 1974, coñecido como Bear Grylls, é un aventureiro experto en supervivencia, escritor e presentador británico, coñecido pola súa popular serie de televisión Man vs. Wild.
En xullo de 2009, Grylls foi nomeado o Xefe Scout máis novo á idade de 35 anos[Cómpre referencia].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Á idade de catro anos, a súa familia mudouse a Bembridge na Illa de Wight. É fillo do político conservador sir Michael Grylls e lady Sarah Grylls. Ten unha irmá máis vella, Lara Fawcett, adestradora de tenis e quen o alcumou "Bear" cando tiña unha semana de nado. Grylls estudou en Eaton House, no Ludgrove School e Eton College, onde foi membro fundador do primeiro club de montaña. En 2002 obtivo o título en Estudos Hispánicos da Universidade de Londres.
Desde temperá idade Grylls aprendeu a escalar e navegar xunto ao seu pai, quen era membro do prestixioso Royal Yacht Squadron. Durante a súa adolescencia aprendeu paracaidismo e obtivo o segundo dan en cinto negro de karate. Fala inglés, español e francés. Casou con Shara Cannings Knight no 2000 e teñen tres fillos: Jesse, Marmaduke e Huckleberry.
Vida militar
[editar | editar a fonte]De 1994 a 1997, despois de pasar a selección das Forzas Especiais do Exército Británico, serviu na reserva a tempo parcial das Forzas Especiais do Reino Unido, co SAS 21 Regiment, 21 SAS(R), como un soldado de cabalaría, instrutor en técnicas de supervivencia e paramédico.[1] Afirma que serviu no norte de África dúas veces. En 1996 sufriu un accidente de paracaidismo en caída libre en Kenya. O seu paracaídas rachouse a 500 m, abríndose en parte, o que fixo que caese, rompendo as costas en 3 partes e parecer momentaneamente morto durante 3 minutos.[2] Grylls pasou os seguintes 18 meses entrando e saíndo de rehabilitación militar, tentando quedar o suficientemente ben como para o seu seguinte obxectivo, que era ascender o Everest. O antigo soldado do SAS, Chris Ryan, afirma que el non cre que Grylls rompese as costas nunha operación do SAS en África e que Grylls esaxerou historias sobre o seu expediente militar.[3]
En 2004, Grylls foi distinguido co rango honorario de Lieutenant Commander, que equivale a capitán de corveta, na Reserva da Mariña Real Británica.
Grylls é experto en sobrevivir en calquera medioambiente extremo, na serie O último sobrevivente ou A proba de todo en Latinoamérica, ensinou técnicas de supervivencia en variados climas extremos como os tropicais, glaciais, alta montaña, desérticos e tépedos.
Tamén é famoso pola súa creatividade para saír de problemas, mesmo no exército británico coñéceno como "The real MacGyver" (o verdadeiro MacGyver), polo seu parecido co popular personaxe de televisión (1985-1992)[Cómpre referencia].
Expedicións
[editar | editar a fonte]Circunnavegación do Reino Unido
[editar | editar a fonte]En 2010, Grylls dirixiu o primeiro equipo que circunnavegou o Reino Unido en motociclismo acuático, o que lle levou ao redor de 30 días, para recadar diñeiro para a Royal National Lifeboat Institution (RNLI), que é un corpo de salvavidas que presta os seus servizos ao longo das illas británicas. Tamén remou espido 35,4 quilómetros nunha bañeira de fabricación caseira ao longo do río Támese para recadar fondos para un amigo que perdeu ambas as pernas nun accidente de escalada.
O monte Everest
[editar | editar a fonte]En 1998, Grylls converteuse no escalador británico máis novo en coroar o Everest, aos 23 anos de idade.[4]
En 2007, Grylls conseguiu unha nova marca mundial no Everest ao voar en paramotor sobre o Himalaia. Grylls engalou a 4.420 msnm e a 12,8 quilómetros ao sur da montaña. Durante o ascenso Grylls rexistrou temperaturas de -60 °C, ademais de niveis perigosamente baixos de osíxeno e, finalmente, chegou a 8.992 metros, case 3.050 metros máis alto que a anterior marca de 6.102 metros. A fazaña foi filmada para Discovery Channel. Esta marca carece de probas e por tanto non hai ningún recoñecemento sobre a realización do mesmo, nin na FAI (Federación Aeronáutica Internacional), nin en estamento recoñecido algún. É máis, debido a esta falta de acreditación na que os interesados non conseguiron probas fotográficas nin a presentación do track do seu GPS, existen moitas sospeitas sobre a veracidade do voo[Cómpre referencia].
Televisión
[editar | editar a fonte]As súas reportaxes da serie O último sobrevivente (ou A proba de todo) onde se presentan técnicas de supervivencia, comezaron mediante a emisión dun programa piloto o 27 de outubro de 2006 en Discovery Channel. A segunda tempada estreouse nos EUA o 15 de xuño de 2007, a terceira en novembro de 2007 e a cuarta en maio de 2008.
En decembro de 2008, Grylls fracturouse un ombreiro mentres esquiaba a máis de 50 km/h a través dun tramo de xeo dun cerro durante unha expedición independente na Antártida.
O 13 de marzo de 2012 foi despedido por Discovery Channel xa que se negou a participar en dous novos proxectos nos que se comprometeu.[5]
A pesar diso, en outubro de 2012, Bear Grylls asinou un contrato por 4 anos con NBC para producir un novo programa chamado Get Out Alive with Bear Grylls (A salvo con Bear Grylls en Hispanoamérica, Ao bordo da morte con Bear Grylls en España). Esperábase que a súa estrea fose en maio do 2013. Con todo, NBC revogou o contrato debido a varias incoherencias. Por esa razón, Bear chegou a un acordo con Discovery para relanzar un novo programa para a metade do ano.[6] En 2015 púidoselle ver en dous realities; Salvajemente Famosos e Na Illa "con Bear Grylls".
Libros
[editar | editar a fonte]O seu primeiro libro Facing Up (UK)/ The Kid Who Climbed Everest (US), describe a expedición e logros ao alcanzar a cima do monte Everest. O seu segundo libro Facing the Frozen Ocean, foi seleccionado en 2004 para os premios William Hill dos libros deportivos do ano. O seu terceiro libro, Born Survivor: Bear Grylls foi escrito para acompañar á serie de televisión do mesmo nome. Contén consellos de supervivencia aprendidos nos sitios máis hostís do planeta. Tamén escribiu unha guía de supervivencia extrema chamado Bear Grylls Outdoor Adventures. En 2012 publicou a súa autobiografía Mud, Sweat and Tears: The Autobiography, seguido pola Survival Guide for Life o mesmo ano e True Grit en 2013.
Tamén publicou a serie de aventuras extremas para nenos Mission Survival: Gold of the Gods, Mission Survival: Way of the Wolf, Mission Survival: Sands of the Scorpion, Mission Survival: Tracks of the Tiger and Mission Survival: Claws of the Crocodile. Tamén escribiu Scouting For All published publicado pola Asociación Scout en 2011.
Xefe Scout do Reino Unido
[editar | editar a fonte]O 17 de maio de 2009, a Asociación de Scouts anunciou que Grylls sería nomeado Xefe dos Scouts. Recibiu oficialmente este título o 11 de xullo de 2009, nun evento que se celebrou ante 3000 scouts, e que foi postulado por petición da maioría dos scouts británicos.
É o décimo xefe Scout do Reino Unido e o máis novo desde a creación do posto por Robert Baden-Powell en 1920
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bear Grylls – Mountaineer & Motivational Speaker". City Speakers International. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2008. Consultado o 14 de xullo de 2008.
- ↑ "Escape to the Legion". Channel4.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2009. Consultado o 14 de xullo de 2008.
- ↑ Lyons, Rick, «Why SAS hero cannot bear Grylls» Daily Star, 14 de maio de 2009
- ↑ "Bear Grylls: Motivational Speaker" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015.
- ↑ eluniverso.com, ed. (13 de marzo de 2012). "Discovery Channel rompe relaciones con Bear Grylls, presentador de "A prueba de todo"". Consultado o 13 de abril de 2015.
- ↑ vertele.com, ed. (5 de maio de 2013). ""El último superviviente" hace las paces con Discovery y vuelve con "Ultimate Survivors"". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2014. Consultado o 13 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bear Grylls na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial de Bear Grylls
- Micrositio deEscape to the Legion
- Adventurer Bear Grylls' battle with back pain and high cholesterol
- Traballos de ou acerca de Bear Grylls en bibliotecas Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- «O Proxecto Gran Simio quéixase contra o programa O último sobrevivente»