Saltar ao contido

Gabriel García Márquez

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaGabriel García Márquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gabriel José de la Concordia García Márquez Editar o valor en Wikidata
6 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Aracataca, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 2014 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma
pneumonía Editar o valor en Wikidata
Relixiónsen valor Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Colombia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela, Escrita creativa e profesional, Prosa, conto, xornalismo de opinión e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, prosista, guionista, xornalista de opinión, guionista de cinema, guionista de televisión, director de cinema, autobiógrafo, editor, escritor de contos, poeta avogado, xornalista, escritor, dramaturgo, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoRealismo máxico Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMercedes Barcha (1958–2014) Editar o valor en Wikidata
FillosRodrigo García Editar o valor en Wikidata
IrmánsEligio García Márquez Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
abril de 2014morte e funeral de Gabriel García Márquez Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0305781 Allocine: 37988 Allmovie: p101365 IBDB: 11092
Facebook: GabrielGarciaMarquezAuthor BNE: XX933268 Dialnet: 273309 Musicbrainz: 5ced2364-f997-4a17-a21e-03d1c9277823 Discogs: 1636807 WikiTree: García_Márquez-2 Find a Grave: 207447472 Editar o valor en Wikidata

Gabriel José de la Concordia García Márquez, máis coñecido como Gabriel García Márquez (Es-Gabriel Garcia Marquez.ogg pronunciación ), ( escoitar), nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927[1] e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014,[2] foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. Estudou dereito e xornalismo na Universidade Nacional de Colombia e iniciou as súas colaboracións xornalísticas no diario El Espectador. Foi coñecido como Gabo, ou Gabito, polos seus familiares e amigos (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así..[3][4] Recoñecido polas súas novelas e contos, tamén escribiu narrativa de non ficción, discursos, reportaxes, críticas cinematográficas e memorias. É considerado un dos autores máis significativos do século XX, especialmente en lingua española. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente[5].

Xunto a Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes, foi un dos expoñentes centrais do boom latinoamericano. Tamén está considerado un dos principais autores do realismo máxico, e a súa obra máis coñecida, a novela Cien años de soledad, é considerada unha das máis representativas desa corrente literaria, e mesmo se considera que ao éxito da novela débese que o termo se aplique á literatura xurdida a partir de 1960 en Latinoamérica.[6][7]

Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflectidas as súas ideas políticas[8]. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel Castro[9] .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Fillo de Gabriel Eligio García e Luisa Santiaga Márquez Iguarán, naceu en Aracataca, departamento do Magdalena, Colombia, «o domingo 6 de marzo de 1927 as nove da mañá...», como refire o escritor nas súas memorias.[10] Probablemente tiña ascendencia galega por parte da súa avoa materna, á que chamaba "a miña avoa galega".[11][12] Cando os seus pais se namoraron, o pai de Luisa, o coronel Nicolás Ricardo Márquez Mejía, opúxose a esa relación, pois Gabriel Eligio, telegrafista, non era o home que consideraba máis axeitado para a súa filla, por ser fillo de nai solteira, pertencer ao Partido Conservador Colombiano e ser un mullereiro confeso.[10]

Coa intención de separalos, Luisa foi enviada fóra da cidade, pero Gabriel Eligio cortexouna con serenatas de violín, poemas de amor, innumerables cartas e frecuentes mensaxes telegráficas. Ao fin, a familia capitulou e Luisa conseguiu o permiso para casar, o cal sucedeu o 11 de xuño de 1927 en Santa Marta. A historia e traxicomedia dese cortexo inspiraría máis tarde ao seu fillo a novela El amor en los tiempos del cólera.[10]

Ao momento do bautizo quíxose bautizar como Gabriel José da Concordia, debido a que se resolveu o conflito entre o seu pai e o seu avó, con todo, como o mostra o facsímile da partida de bautizo no libro «García Márquez, el viaje a la semilla» de Dasso Saldivar, primeira biografía autorizada por Gabo, segundo esta partida de bautismo, o nome correcto é Gabriel José García Márquez.

Pouco despois do nacemento de Gabriel o seu pai converteuse en farmacéutico, e en xaneiro de 1928 mudouse con Luisa a Barranquilla, deixando a Gabriel en Aracataca ao coidado dos seus avós maternos. Dado que viviu con eles durante os primeiros anos, recibiu forte influencia do seu avó, o coronel Nicolás Márquez, quen de mozo matou a Medardo Pacheco nun duelo e tivo, ademais dos tres fillos oficiais, outro nove con distintas nais. O coronel era un liberal veterano da guerra dos Mil Días, moi respectado polos seus copartidarios, coñecido pola súa negativa a calar sobre a masacre das bananeiras, suceso no que morreron centos de persoas a mans das Forzas Armadas de Colombia durante unha folga dos traballadores das bananeiras, feito que García Márquez plasmaría na súa obra.[10]

O coronel, a quen Gabriel chamaba Papalelo, describiuno como o seu «cordón umbilical coa historia e a realidade», foi tamén un excelente narrador, ensinoulle a consultar o dicionario, levábao ao circo cada ano e foi o primeiro en introducir ao seu neto no «milagre» do xeo, que se atopaba na tenda da United Fruit Company.[10]Con frecuencia dicía: «Ti non sabes o que pesa un morto», referíndose así a que non había maior carga que a de matar a un home, lección que García Márquez máis tarde incorporaría nas súas novelas.[10][13][14]

A súa avoa, Tranquilina Iguarán Cotes, era de orixe galega, así o manifestou Gabo en diferentes ocasións,[15] a quen chama a avoa Mina e describe como «unha muller imaxinativa e supersticiosa e partidaria das crenzas populares»[13] que enchía a casa con historias de pantasmas, premonicións, agoiros e signos, foille de tanta influencia como o seu marido e mesmo é sinalada polo escritor como a súa primeira e principal inspiradora literaria, pois lle inculcou a orixinal forma en que ela trataba o extraordinario como algo natural cando contaba historias, sen importar cuán fantásticos ou improbables fosen os seus relatos, sempre os refería coma se fosen verdade irrefutable. O escritor manifestou nunha entrevista de 1983 ao diario español El País:[16]

Xurdiu o meu interese de descifrar a súa ascendencia, e buscando a súa atopei a miña nos verdes frenéticos de maio até o mar e as choivas feraces e os ventos eternos dos campos de Galicia. Só entón entendín de onde sacara a avoa aquela credulidade que lle permitía vivir nun mundo sobrenatural onde todo era posible, onde as explicacións racionais carecían por completo de validez.

Ademais do estilo, a avoa Mina lle inspirou tamén a personaxe de Úrsula Iguarán que, tres décadas máis tarde, o seu neto usaría en Cien años de soledad, a súa novela máis popular.[10][17]

O seu avó morreu en 1936, cando Gabriel tiña oito anos, e debido á cegueira da súa avoa foi vivir cos seus pais a Sincelejo, no departamento de Sucre, onde o seu pai traballaba como farmacéutico.

Gabriel foi o maior de once irmáns de pai e nai: Luis Enrique, Margarita, Aida, Gustavo, Ligia, Rita, Jaime, Hernando (Nanchi), Alfredo Ricardo (Cuqui) e Eligio (Yiyo). O seu medio irmáns por parte de pai foron Carmen Rosa, Abelardo, Germaine Hanai (Emi) e Antonio María Claret (Toño).[18]

Segundo o seu fillo Rodrigo, Gabriel perdera a visión do centro do seu ollo esquerdo desde a súa infancia, cando mirou directo a unha eclipse.[19]

A súa infancia está relatada nas súas memorias Vivir para contarla.[10][20] Despois de vinte e catro anos de ausencia, en 2007, regresou a Aracataca para unha homenaxe que lle rendeu o Goberno colombiano ao cumprir os seus oitenta anos de vida e o corenta desde a primeira publicación de Cien años de soledad.

Educación

[editar | editar a fonte]

Pouco despois de chegar a Sucre, decidiuse que Gabriel debía empezar a súa educación formal e foi mandado a un internado en Barranquilla, un porto na boca do río Magdalena, onde comezou a escribir poemas humorísticos e a debuxar tiras cómicas. Alí adquiriu reputación de mozo tímido que escribía poemas humorísticos e debuxaba tiras cómicas. Serio e pouco dado ás actividades atléticas, foi alcumado El viejo polos seus compañeiros de clase.[14]

García Márquez cursou os primeiros graos de secundaria no colexio xesuíta San José (hoxe Instituto San José) desde 1940, onde publicou os seus primeiros poemas na revista escolar Juventud. Grazas a unha bolsa outorgada polo Goberno, Gabriel foi enviado a estudar a Bogotá de onde o recolocaron no Liceo Nacional de Zipaquirá, a unha hora da capital, onde culminará os seus estudos secundarios.

Durante o seu paso pola casa de estudos bogotana, destacou en varios deportes, chegou a ser capitán do equipo do Liceo Nacional de Zipaquirá en tres disciplinas, fútbol, béisbol e atletismo.

Despois da súa gradación en 1947, García Márquez permaneceu en Bogotá para estudar Dereito na Universidade Nacional de Colombia, onde tivo especial dedicación á lectura. A metamorfose de Franz Kafka «na falsa tradución de Jorge Luis Borges»[21] foi unha obra que o inspirou de modo especial. Estaba emocionado coa idea de escribir, non literatura tradicional, senón nun estilo similar ás historias da súa avoa, nas que se «inseren acontecementos extraordinarios e anomalías coma se fosen simplemente un aspecto da vida cotiá». O seu desexo de ser escritor crecía. Pouco despois, publicou o seu primeiro conto, La tercera resignación, que apareceu o 13 de setembro de 1947 na edición do diario El Espectador.

Aínda que a súa paixón era a escritura, continuou coa carreira de dereito en 1948 para compracer aos seus pais. Despois do chamado Bogotazo do 9 de abril de 1948, uns sanguentos disturbios que se desataron o 9 de abril a causa do magnicidio do líder popular Jorge Eliécer Gaitán, a universidade pechou por lapso indefinido e a súa pensión foi incendiada. García Márquez trasladouse á Universidade de Cartaxena; empezou a traballar como reporteiro de El Universal. En 1950, desistiu de converterse en avogado para centrarse no xornalismo e trasladouse de novo a Barranquilla para traballar como columnista e reporteiro no xornal El Heraldo. Aínda que nunca terminou os seus estudos superiores, algunhas Casas, como a Universidade Columbia de Nova York, outorgáronlle un doutoramento honoris causa en letras.[14]

Matrimonio e familia

[editar | editar a fonte]
Placa conmemorativa no Hôtel des 3 Collèges en París (Francia), onde García Márquez vivio en 1956.

Durante a súa nenez, cando visitaba aos seus pais en Sucre, coñeceu a Mercedes Barcha, tamén filla dun boticario, nun baile de estudantes e decidiu enseguida que debía casar con ela cando terminase os seus estudos.[14] En efecto, contraeu matrimonio en marzo de 1958 na igrexa da nosa Señora do Perpetuo Socorro de Barranquilla con Mercedes «á que lle propuxo matrimonio desde os seus trece anos».[10][22]

Mercedes é descrita por un dos biógrafos do escritor como «unha muller alta e linda con pelo marrón até os ombreiros, neta dun inmigrante exipcio, o que ao parecer maniféstase nuns pómulos anchos e ollos castaños grandes e penetrantes».[14] García Márquez referiuse a Mercedes sempre, con agarimo orgulloso; cando falou da súa amizade con Fidel Castro, por exemplo, observou, «Fidel fíase de Mercedes aínda máis que de min».[9]

En 1959 tiveron ao seu primeiro fillo, Rodrigo, quen se converteu en cineasta, e en 1961 instaláronse en Nova York, onde exerceu como correspondente de Prensa Latina. Tras recibir ameazas e críticas da CIA e dos disidentes cubanos, que non compartían o contido das súas reportaxes, decidiu trasladarse a México e establecéronse na capital. Tres anos despois, naceu o seu segundo fillo, Gonzalo, futuro deseñador gráfico na capital mexicana.[14]

Aínda que García Márquez posuía residencias en París, Bogotá e Cartaxena de Indias, viviu a maior parte do tempo en Cidade de México, onde fixou a súa residencia a principios dos anos 60 e onde escribiu Cien años de soledad no número 19 da rúa La Palma da colonia San Ángel.[23][13][24]

A notoriedade mundial de García Márquez comezou cando Cien años de soledad publicouse en xuño de 1967 e nunha semana vendeu 8000 exemplares. De alí en diante, o éxito foi asegurado e a novela vendeu unha nova edición cada semana, pasou a vender medio millón de copias en tres anos. Foi traducido a máis de vinte e cinco idiomas e gañou seis premios internacionais. O éxito chegara por fin e o escritor tiña 40 anos cando o mundo aprendeu o seu nome. Pola correspondencia de admiradores, os premios, entrevistas e as comparecencias era obvio que a súa vida cambiara. En 1969, a novela gañou o Chianciano Aprecian en Italia e foi denominado o «Mellor Libro Estranxeiro» en Francia.

En 1970, foi publicado en inglés e escollido como un dos mellores doce libros do ano en Estados Unidos. Dous anos despois concedéuselle o Premio Rómulo Gallegos e o Premio Neustadt e en 1971, Mario Vargas Llosa publicou un libro acerca da súa vida e obra, titulado García Márquez: historia de un deicidio. Para contradicir toda esta exhibición, García Márquez regresou á escritura. Decidido a escribir acerca dun ditador, trasladouse coa súa familia a Barcelona (España) que pasaba os seus últimos anos baixo o réxime de Francisco Franco.[14]

A popularidade da súa escritura tamén conduciu á amizade con poderosos líderes, incluíndo o presidente cubano Fidel Castro, amizade que foi analizada enGabo y Fidel: retrato de una amistad.[9] Nunha entrevista con Claudia Dreifus en 1982, di que a súa relación con Castro baséase na literatura: «A nosa é unha amizade intelectual. Poida que non sexa amplamente coñecido que Fidel é un home culto. Cando estamos xuntos, falamos moito sobre a literatura».[25]

Algúns criticaron a García Márquez por esta relación; o escritor cubano Reinaldo Arenas, en 1992 nas súas memorias Antes que anochezca, sinala que García Márquez estaba con Castro, en 1980 nun discurso no que este último acusou os refuxiados recentemente asasinados na embaixada de Perú de ser «chusma». Arenas lembra con amargura a compañeiros do escritor homenaxear por iso con «hipócritas aplausos» a Castro.[9]

Gabriel García Márquez firmando una copia de Cien años de soledad na Habana (Cuba).

Por mor das súas ideas sobre o Imperialismo dos EUA, foi etiquetado como subversivo e durante varios anos negóuselle o visado polas autoridades de inmigración,[17] Con todo, despois de que Bill Clinton fose elixido presidente de Estados Unidos, este levantoulle a prohibición de viaxar ao seu país e afirmou que Cien años de soledad era a súa novela favorita.

En 1981, o ano no que lle foi concedida a Lexión de Honra de Francia, regresou a Colombia dunha visita con Castro, para atoparse unha vez máis en problemas. O goberno do liberal Julio César Turbay Ayala acusábao de financiar ao grupo guerrilleiro M-19. Fuxiu de Colombia e solicitou asilo en México, onde até a súa morte mantivo unha casa.[9]

Desde 1986 até 1988, García Márquez viviu e traballou en México D. F., A Habana e Cartaxena de Indias. En 1987, houbo unha celebración en América e Europa do vixésimo aniversario da primeira edición de Cien años de soledad. Non só escribira libros, tamén escribira a súa primeira obra de teatro, Diatriba de amor contra un hombre sentado. En 1988 estreouse a filme Un señor muy viejo con unas alas enormes, dirixida por Fernando Birri, adaptación do conto do mesmo nome.[26]

En 1994, García Márquez fundou unha organización chamada a Fundación para un Novo Xornalismo Iberoamericano, en busca de promover o xornalismo de calidade en América Latina e España.[27]

En 1995, o Instituto Caro y Cuervo publicou en dous volúmes o Repertorio crítico sobre Gabriel García Márquez.[26]

En 1996 García Márquez publicou Noticias de un secuestro, combinando a orientación testemuñal do xornalismo co seu propio estilo narrativo. Esta historia representa a onda inmensa de violencia e secuestros que Colombia continuaba a sufrir.

En 1999, o estadounidense Jon Lee Anderson publicou un libro revelador acerca de García Márquez, para o que tivo a oportunidade de convivir varios meses co escritor e a súa muller na súa casa de Bogotá.[28]

Enfermidade e morte

[editar | editar a fonte]

En 1999 foille diagnosticado un cancro linfático. Respecto diso, o escritor declarou nunha entrevista no ano 2000 a El Tiempo de Bogotá:

Hai uns anos fun sometido a un tratamento de tres meses contra un linfoma, e hoxe sorpréndome eu mesmo da enorme lotaría que foi ese tropezo na miña vida. Polo temor de non ter tempo para terminar os tres tomos das miñas memorias e dous libros de contos que tiña a medias, reducín ao mínimo as relacións cos meus amigos, desconectei o teléfono, cancelei as viaxes e toda clase de compromisos pendentes e futuros, e encerreime a escribir todos os días sen interrupción desde as oito da mañá até as dúas da tarde. Durante ese tempo, xa sen medicamentos de ningunha clase, as miñas relacións cos médicos reducíronse a controis anuais e a unha dieta sinxela para non pasarme de peso. Mentres tanto, regresei ao xornalismo, volvín ao meu vicio favorito da música e púxenme ao día nas miñas lecturas atrasadas.[29]

Nesa entrevista, García Márquez refírese ao poema La marioneta, que lle foi atribuído polo diario peruano La República a modo de despedida pola súa inminente morte.[29]Negou ser o autor e aclarou que «o verdadeiro autor é un mozo ventrílocuo mexicano que o escribiu para o seu boneco», o mexicano Johnny Welch.[30]

Gabriel García Márquez en 2009.

En 2002, o seu biógrafo Gerald Martin voou a México D. F. para falar con García Márquez. A súa muller, Mercedes, tiña gripe e o escritor tivo que visitar a Martin no seu hotel. Segundo dixo, Gabriel García Márquez xa non tiña a aparencia do típico sobrevivente de cancro. Aínda delgado e co pelo curto, completou Vivir para contarla ese ano.[14]

A principios de xullo de 2012, por comentarios do seu irmán Jaime, rumoreouse que o escritor padecía de demencia senil, pero un vídeo en que celebra os seus aniversarios en marzo de 2012 serviu para desmentir o rumor.[31]

En abril de 2014 foi internado no Instituto Nacional de Ciencias Médicas e Nutrición, en México D. F., debido a un recaída produto do cancro linfático que lle foi diagnosticado en 1999. O cancro afectaballe a un pulmón os ganglios e o fígado. García Márquez faleceu ou 17 de abril de 2014.[32][33]

O presidente de Colombia Juan Manuel Santos sinalou que o escritor foi «o colombiano que, en toda a historia do noso país, máis lonxe e máis alto levou o nome da patria», decretando tres días de loito nacional.[34] As súas cinzas repousan no claustro da Mercé de Cartaxena de Indias, onde foron trasladadas o 22 de maio de 2016.[35][36]

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

Periodista

[editar | editar a fonte]
"Gabo" en 1984, lucindo un chapeu vueltiao, típico do Caribe colombiano.

García Márquez comezou a súa carreira como xornalista mentres estudaba dereito na universidade. En 1948 e 1949 escribiu para o diario El Universal de Cartaxena. Desde 1950 até 1952, escribiu unha «caprichosa» columna co pseudónimo de «Septimus» para o xornal local El Heraldo de Barranquilla.[14]Tomou nota do seu tempo en El Heraldo. Durante este tempo converteuse nun membro activo do colectivo informal de escritores e xornalistas coñecidos como o Grupo de Barranquilla, unha asociación que foi unha gran motivación e inspiración para a súa carreira literaria. Traballou con figuras como José Félix Fuenmayor, Ramón Vinyes, Alfonso Fuenmayor, Álvaro Cepeda Samudio, Germán Vargas, Alejandro Obregón, Orlando Rivera «Figurita» e Julio Mario Santo Domingo, entre outros.[28]García Márquez utilizaría, por exemplo, a Ramón Vinyes, que sería representado como un «sabio catalán», propietario dunha libraría en Cien años de soledad.

Nesa época, leu as obras de Virginia Woolf e William Faulkner, quen lle influíron nas súas técnicas narrativas, os temas históricos e a utilización de localidades provinciais. A contorna de Barranquilla proporcionou unha educación literaria a nivel mundial e unha perspectiva única sobre a cultura do Caribe. Con respecto á súa carreira do xornalismo, mencionou que lle serviu como ferramenta para «non perder contacto coa realidade».[26]

A petición de Álvaro Mutis en 1954, regresou a Bogotá para traballar en El Espectador como reporteiro e crítico de cine. Un ano despois, publicou no diario Relato de un náufrago, catorce crónicas sobre o naufraxio do destrutor A. R. C. Caldas, baseado en entrevistas con Luís Alejandro Velasco, mozo mariñeiro sobrevivente.

Esa publicación deu lugar a unha controversia pública nacional cando no último escrito revelou a historia oculta, xa que desacreditou a versión oficial que atribuíra o naufraxio a unha tormenta.[10]A consecuencia diso, foi enviado a París para ser correspondente estranxeiro de El Espectador. Escribiu as súas experiencias en El Independente, un xornal que substituíu por un breve tempo a El Espectador, durante o goberno militar do xeneral Gustavo Rojas Pinilla e que máis tarde foi pechado polas autoridades. Tras o triunfo da revolución cubana en 1960, García Márquez viaxou a A Habana, onde traballou na axencia de prensa creada polo goberno cubano Prensa Latina e fixo amizade con Ernesto Guevara.

En 1974, xunto con intelectuais e xornalistas de esquerda, fundou Alternativa, que durou até 1980 e marcou un fito na historia do xornalismo de oposición en Colombia. Para o primeiro número, escribiu un artigo sobre o bombardeo ao Palacio de la Moneda durante o golpe de estado en Chile de 1973, o que garantiu que se esgotase a edición. Sería o único con dereito a asinar artigos.[37]

En 1994, xunto co seu irmán Jaime García Márquez e Jaime Abello Banfi, creou a Fundación Gabriel García Márquez para el Nuevo Periodismo Iberoamericano (FNPI), que ten como obxectivo axudar a novos xornalistas a aprender con mestres como Alma Guillermoprieto e Jon Lee Anderson, e estimular novas formas de facer xornalismo. A sede principal está en Cartaxena de Indias e Gabriel foi o presidente até a súa morte.[38] Na súa honra, a FNPI creou o Premio Gabriel García Márquez de Xornalismo, que se outorga desde 2013 o mellor do xornalismo iberoamericano.

Primeiras e principais publicacións

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro conto, La tercera resignación, foi publicado en 1947 no xornal El Espectador. Un ano despois, empezou o seu traballo para ese xornal. Os seus primeiros traballos foron contos publicados no xornal; desde 1947 até 1952 editou quince contos.[28]

García Márquez quería ser xornalista e escribir novelas; tamén quería crear unha sociedade máis xusta.[28]Para La hojarasca, a súa primeira novela, levoulle anos atopar un editor. Publicouna en 1955, e aínda que a crítica foi excelente, a maior parte da edición quedou en adega e o autor non recibiu de ninguén «nin un céntimo por regalías».[10]García Márquez sinala que «de todo o que escribira, A hojarasca foi a súa favorita porque consideraron que era a máis sincera e espontánea».[28]

Tardou dezaoito meses en escribir Cien años de soledad.[28]O 30 de maio de 1967 saíu á venda en Buenos Aires a primeira edición da novela. Tres décadas despois traduciuse a 37 idiomas e vendido 25 millóns de exemplares en todo o mundo. «Foi un verdadeiro bombazo, que fixo explosión desde o primeiro día. O libro saíu ás librarías sen ningún tipo de campaña publicitaria, a novela esgotou a súa primeira edición de 8.000 copias ás dúas semanas e pronto converteu o título e o seu realismo máxico no espello da alma latinoamericana».[39]Cien años de soledad influíu en case todos os novelistas importantes do mundo. A novela fai unha crónica da familia Buendía no pobo de Macondo, que foi fundado por José Arcadio Buendía. Pode ser considerada unha obra de realismo máxico.[40]

El amor en los tiempos del cólera publicouse en 1985. Está baseada nas historias de dúas parellas; a dos mozos Fermina Daza e Florentino Ariza está inspirada no amor dos pais de García Márquez.[10]Con todo, como explicou nunha entrevista: «A única diferenza é que os meus pais casaron. Axiña que como casaron, xa non eran interesantes como figuras literarias».[41] O amor dos anciáns baseouse nunha historia que leu nun xornal sobre a morte de dous estadounidenses, de case oitenta anos, que se reunían todos os anos en Acapulco. Estaban nun barco e un día foron asasinados polo barqueiro cos seus remos. García Márquez sinala: «A través da súa morte, a historia do seu romance en segredo fíxose coñecida. Eu estaba fascinado con ela. Estaban cada un casado con outra persoa».[41]

Últimos traballos

[editar | editar a fonte]

En 2003, García Márquez publicou o libro Vivir para contarla, o primeiro dos tres volumes das súas memorias, que o escritor anunciara como:

Empeza coa vida dos meus avós maternos e os amores do meu pai e a miña nai a principios do século, e termina en 1955 cando publiquei o meu primeiro libro, La hojarasca, até viaxar a Europa como correspondente de El Espectador. O segundo volume seguirá até a publicación de Cien años de soledad, máis de vinte anos despois. O terceiro terá un formato distinto, e só serán os recordos das miñas relacións persoais con seis ou sete presidentes de distintos países.[29]

A novela Memoria de mis putas tristes (2004) é unha historia de amor que segue o romance dun home de noventa anos e a súa pubescente concubina. Causou controversia en Irán, onde se prohibiu despois de 5000 exemplares impresos e vendidos. En México, unha ONG ameazou con demandar ao escritor por facer apoloxía da prostitución infantil.[42]

Se ben hai aspectos comúns na obra de García Márquez, como o humor, non hai un estilo claro e predeterminado, de persoal. Nunha entrevista con Marlise Simons, sinalou:

En cada libro tento tomar un camiño diferente [...]. Un non elixe o estilo. Vostede pode investigar e tratar de descubrir cal é o mellor estilo para un tema. Pero o estilo está determinado polo tema, polo ánimo do momento. Se vostede tenta utilizar algo que non é conveniente, apenas non resultará. Entón os críticos constrúen teorías ao redor disto e ven cousas que eu non vira. Respondo soamente ao noso estilo de vida, a vida do Caribe.[43]

García Márquez tamén é coñecido por deixar fora detalles e eventos ao parecer importantes de maneira que o lector se ve obrigado a cumprir un papel máis participativo na historia desenvolvida. En El coronel no tiene quien le escriba dos personaxes principais non se dan nomes. Esta práctica vese influída polas traxedias gregas, como Antígona e Edipo rei, no que ocorren eventos importantes fora da representación que se deixan á imaxinación do público.[17]

Temas máis importantes

[editar | editar a fonte]

A soidade

[editar | editar a fonte]

O tema da soidade atravesa gran parte das súas obras. Pelayo observa que «El amor en los tiempos del cólera, como todos os traballos de García Márquez, explora a soidade da persoa e da especie humana... retrato a través da soidade do amor e de estar en amor».[44]

Plinio Apuleyo Mendoza preguntoulle: «Se a soidade é o tema de todos os seus libros onde debemos buscar as raíces deste exceso? Na súa infancia talvez?». García Márquez respondeu: «Creo que é un problema que todo o mundo ten. Toda persoa ten a súa propia forma e os medios de expresar a mesma. A sensación impregna o labor de tantos escritores, aínda que algúns deles poden expresar o inconsciente».[13]

No seu discurso de aceptación do Premio Nobel, A soidade de América Latina, refírese a este tema da soidade relacionado con América Latina: «A interpretación da nosa realidade con esquemas alleos só contribúe a facernos cada vez máis descoñecidos, cada vez menos libres, cada vez máis solitarios».[45][46]

A aldea de Macondo aparece reflectida como un lugar imaxinario e máxico. O concepto de Macondo transcendeu a obra literaria, estando a súa existencia condicionada á presenza da palabra escrita. A violencia aparece en varias das súas obras, situacións inxustas da desintegración social.

Na súa obra tamén se busca captar a identidade cultural latinoamericana e particularizar os trazos do mundo caribeño, deconstruíndo as normas sociais establecidas nesa rexión.

Outro tema importante na obra de García Márquez é a invención da aldea que el chama Macondo. El usa a súa cidade natal de Aracataca como unha referencia xeográfica para crear esta cidade imaxinaria, pero a representación do pobo non se limita a esta área específica. García Márquez comparte: «Macondo non é tanto un lugar como un estado de ánimo».[13]

Este pobo de ficción volveuse coñecido no mundo literario e «a súa xeografía e os habitantes son constantemente invocados por profesores, políticos e axentes» [...] que fan «difícil de crer que é unha pura invención».[47]En La hojarasca, García Márquez describe a realidade do «auxe do banano» en Macondo, que inclúe un período aparente de «gran riqueza» durante a presenza de empresas dos Estados Unidos, e un período de depresión coa saída das empresas estadounidenses relacionadas co banano. Ademais, Cien años de soledad levase a cabo en Macondo e narra a historia desta cidade ficticia desde a súa fundación até a súa desaparición co último Buendia.[48]

Na súa autobiografía, García Márquez explica a súa fascinación pola palabra e o concepto Macondo cando describe unha viaxe que fixo coa súa nai de volta a Aracataca:

O tren detívose nunha estación que non tiña cidade, e un intre máis tarde pasou a única plantación de banano (plátano) ao longo da ruta que tiña o seu nome escrito na porta: Macondo. Esta palabra atraeu a miña atención desde as primeiras viaxes que fixera co meu avó, pero só descubrín como un adulto que me gustaba a súa resonancia poética. Nunca ouvín dicir, e nin sequera pregúntome o que significa... ocorreume ao ler nunha enciclopedia que se trata dunha árbore tropical parecido á ceiba"[10]

Segundo algúns académicos, Macondo —a cidade fundada por José Arcadio Buendía en Cien años de soledad— só existe como resultado da linguaxe. A creación de Macondo é condicionada á existencia da palabra escrita. Na palabra —como instrumento de comunicación— maniféstase a realidade, e permite ao home lograr unha unión con circunstancias independentes da súa contorna inmediata.[49]

Violencia e cultura

[editar | editar a fonte]
Mural sobre García Márquez en Aracataca, Colombia.

En varias das obras de García Márquez, entre elas El coronel no tiene quien le escriba, La mala hora e La hojarasca, hai sutiles referencias sobre «La Violencia», guerra civil entre conservadores e liberais que se prolongou até os anos 1960, causando a morte de centos de miles de colombianos[50]. Son referencias a situacións inxustas que viven diversos personaxes, como o toque de queda ou a censura de prensa. La mala hora, que non é unha das novelas máis famosas de García Márquez, destaca pola súa representación da violencia cunha imaxe fragmentada da desintegración social que provoca. Pódese dicir que nestas obras «a violencia convértese en conto, a través da aparente inutilidade (ou serve) de tantos episodios de sangue e morte».[26]

Con todo, aínda que García Márquez describe a natureza corrupta e as inxustizas desa época de violencia en Colombia, négase a usar o seu traballo como unha plataforma de propaganda política. «Para el, o deber do escritor revolucionario é escribir ben, e o ideal é unha novela que move ao lector polo seu contido político e social, e ao mesmo tempo polo seu poder para penetrar na realidade e expor a súa outra cara».[48]

Nas obras de García Márquez pódese atopar tamén unha «obsesión por captar a identidade cultural latinoamericana e particularizar os trazos do mundo caribeño».[51]Trata de deconstruir as normas sociais establecidas nesta parte do mundo. Como exemplo, o carácter de Meme en Cien años de soledad pode ser visto como unha ferramenta para criticar as convencións e prexuízos da sociedade. Neste caso, ela non conforma á lei convencional que «as mozas deben chegar virxes ao matrimonio» porque tivo unha relación ilícita con Mauricio Babilonia.[26] Pódese ver outro exemplo desta crítica das normas sociais a través da relación amorosa entre Petra Cotes e Aureliano Segundo. Ao final da obra —cando os protagonistas son vellos— namóranse máis que antes. Así, García Márquez está a criticar a imaxe mostrada pola sociedade de que «os vellos non poden amar».[26]

Influencias literarias

[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade, ao asociarse ao grupo de Barranquilla, Gabriel García Márquez comezou a ler a obra de Ernest Hemingway, James Joyce, Virginia Woolf e, máis importante, de William Faulkner de quen recibe unha transcendente influencia recoñecida por el cando no seu discurso de recepción do Nobel menciona: «o meu mestre William Faulkner».[45] Na súa obra Nabo, el negro que hizo esperar a los ángeles (1951) aparecen elementos similares aos de Faulkner como a ambigüidade deliberada e unha pintura temperá da soidade.[48]

Emprendeu un estudo de obras clásicas; atopou enorme inspiración na obra de Edipo Rei de Sófocles de quen, en moitas ocasións, García Márquez expresou a súa admiración polas súas traxedias e utiliza unha cita de Antígona ao principio de La hojarasca cuxa estrutura se dixo que ten a influencia do dilema moral de Antígona.[48]

Nunha entrevista a Juan Gustavo Cobo Borda en 1981, García Márquez confesou que o movemento poético iconoclasta denominado "Piedra y cielo" (1939) foi fundamental para él, afirmando que:

A verdade é que se non fose por «Piedra y Cielo», non estou moi seguro de haberme convertido en escritor. Grazas a esta herexía puiden deixar atrás unha retórica acartonada, tan tipicamente colombiana... Creo que a importancia histórica de «Piedra y Cielo» é moi grande e non suficientemente recoñecida... Alí non só aprendín un sistema de metaforizar, senón o que é máis decisivo, un entusiasmo e unha novelería pola poesía que estraño cada día máis e que me produce unha inmensa nostalxia.[52]

Realismo máxico

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Realismo máxico.

Como autor de ficción, García Márquez é sempre asociado co realismo máxico. É considerado, xunto ao guatemalteco Miguel Ángel Asturias, figura central deste xénero. O realismo máxico úsase para describir elementos que teñen, como é o caso nos traballos deste autor, a xuxtaposición da fantasía e o mito coas actividades diarias e ordinarias.

O realismo é un tema importante en todas as obras de García Márquez. El dixo que os seus primeiros traballos (coa excepción de La hojarasca), como El coronel no tiene quien le escriba, La mala hora e Los funerales de la Mamá Grande, reflicten a realidade da vida en Colombia e este tema determina a estrutura racional dos libros. Di: «Non me arrepinto de escribilas, pero pertencen a un tipo de literatura premeditada que ofrecen unha visión da realidade demasiado estática e exclusiva».[13]

Nas súas outras obras experimentou máis con enfoques menos tradicionais á realidade, de modo que «o máis terrible, o máis infrecuente dise con expresión impasible».[48] Un exemplo citado é a ascensión espiritual e física ao ceo dun personaxe mentres está a colgar a roupa para secar, en Cien años de soledad. O estilo destas obras inscríbese no concepto do «real marabilloso» descrito por Alejo Carpentier, etiquetaxe como realismo máxico.[53]

O crítico literario Michael Bell propón unha interpretación alternativa para o estilo, por canto a categoría de realismo máxico foi criticada por ser dicotomizadora e exotizadora: «O que está en xogo é unha flexibilidade psicolóxica que é capaz de habitar nada sentimentalmente o mundo diúrno mentres se mantén aberta ás incitacións daqueles dominios que a cultura moderna ten, pola súa propia lóxica interna, necesariamente marginalizados ou reprimidos».[44]

García Márquez e o seu amigo Plinio Apuleyo Mendoza discuten o seu traballo dun modo similar, «O tratamento da realidade nos teus libros... recibiu un nome, o de realismo máxico. Teño a impresión de que os teus lectores europeos adoitan advertir a maxia das cousas que ti contas, pero non ven a realidade que as inspira. Seguro porque o seu racionalismo impídelles ver que a realidade non termina no prezo dos tomates ou dos ovos».[13]

García Márquez crea un mundo tan semellante ao cotián pero, ao mesmo tempo, diferente. É un realista na presentación do verdadeiro e do irreal. Trata con destreza unha realidade na que os límites entre o verdadeiro e o fantástico desvanécense con naturalidade.[48]

García Márquez considera que a imaxinación non é senón un instrumento da elaboración da realidade e que unha novela é a representación cifrada da realidade e á pregunta de si todo o que escribe ten unha base real, contestou:[13]

Non hai nas miñas novelas unha liña que non estea baseada na realidade.

Premios, recoñecementos e homenaxes

[editar | editar a fonte]
Casa Museo de Gabriel García Márquez en Aracataca, Colombia.
Centro Cultural Gabriel García Márquez, en Bogotá, Colombia.
  • García Márquez recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca, «polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente».[54]

O seu discurso de aceptación titulouse La soledad de América Latina.[45]Foi o primeiro colombiano e o cuarto latinoamericano en gañar un Nobel de Literatura. Declarou: «Eu teño a impresión de que ao darme o premio tiveron en conta a literatura do subcontinente e outorgáronme como unha forma de adxudicación da totalidade desta literatura».

Recibiu outros premios, distincións e homenaxes:[26]

Legado e críticas

[editar | editar a fonte]
Gabriel García Márquez (centro) con Jorge Amado (a súa esquerda) e Adonias Filho (a súa dereita).

García Márquez é unha parte importante do boom latinoamericano da literatura. As súas obras recibiron numerosos estudos críticos, algúns extensos e significativos, que examinan a temática e o seu contido político e histórico. Outros estudos enfócanse sobre o contido mítico, as caracterizacións dos personaxes, o ambiente social, a estrutura mítica ou as representacións simbólicas nas súas obras máis notables.[40]

Mentres que as obras de García Márquez atraen a unha serie de críticos, moitos eruditos eloxian o seu estilo e creatividade. Pablo Neruda escribiu sobre Cien años de soledad que «é a maior revelación en lingua española desde o Don Quixote de Cervantes».[41]

Algunhas críticas argüen que a García Márquez fáltalle a experiencia axeitada na area literaria e que só escribe das súas experiencias persoais e imaxinación. Desta maneira, din que as súas obras non deben ser significativas. García Márquez respondeu que está de acordo que ás veces a súa inspiración non vén de libros, senón da música.[41]Segundo Carlos Fuentes, García Márquez logrou unha das maiores características da ficción moderna.

Iso é a liberación do tempo, a través da liberación dun instante a partir do momento que permite á persoa humana recrear a si mesmo e ao seu tempo.[57]Ninguén pode negar que García Márquez axudou a rexuvenecer, reformular e recontextualizar a literatura e a crítica en Colombia e América Latina.[58]Ao leste do Atlántico, Cervantes; ao oeste, García Márquez, dous baluartes captaron a realidade fonda do seu momento e deixaron unha visión encantada dun mundo non soñado, a flor de terra.[59]

Rexeitamento da revista The New Yorker

[editar | editar a fonte]

Na década de 1970, García Márquez centrouse nun dos seus grandes proxectos, a revista Alternativa, que até o seu peche en 1980 marcou un fito na historia do xornalismo de oposición colombiano. Xa era un escritor coñecido e soado, pero os (pequenos) fracasos formaron parte da súa vida. En 1981, enviou un dos seus escritos a The New Yorker, pero a revista negouse a publicalo, segundo unha carta que se exhibe no Harry Ransom Center, unha biblioteca e museo da Universidade de Texas en Austin.

Un dos editores de The New Yorker, Roger Angell, explicou por carta por que non ía publicar o seu texto: "A historia ten a brillantez habitual da súa escritura, pero segundo a nosa forma de pensar, a súa resolución non fai que o lector acepte a súa audaz e bela concepción."[60] En 1982, apenas uns meses despois, Gabo foi galardoado co Premio Nobel.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

As opinións políticas e ideolóxicas de García Márquez estaban influídas polos relatos do seu avó Nicolás Márquez[61]. Nunha entrevista, García Márquez dixo a Plinio Apuleyo Mendoza, amigo íntimo e padriño do seu primeiro fillo:

O meu avó, o Coronel, era liberal. Ao principio, as miñas ideas políticas probablemente proviñan del, porque en lugar de contarme contos de fadas cando era novo, mantíñame alerta con historias horribles sobre a última guerra civil que os librepensadores e anticlericais libraran contra o goberno conservador.[62][61]

Esta influencia reflectiuse tanto nas súas opinións políticas como na súa técnica literaria, de modo que:

Igual que a súa carreira como escritor se construíu desde o principio por unha suposta oposición ao «statu quo» literario colombiano, as opinións socialistas e antiimperialistas de García Márquez construíronse en oposición ao «statu quo» global dominado polos Estados Unidos.[63].

Grazas ao recoñecemento internacional que García Márquez obtivo coa publicación da novela Cien años de soledad', o escritor colombiano puido desempeñar o papel de mediador entre o goberno colombiano e as forzas guerrilleiras, entre as que se atopaban o M-19, as FARC e o Exército de Liberación Nacional (ELN).[64]. Isto permitiulle avanzar nas conversacións de paz celebradas en Cuba entre o ELN e o goberno colombiano. Tamén participou no proceso de paz entre o goberno de Andrés Pastrana Arango e as FARC, pero sen éxito.[65].

Militancia e ideoloxía

[editar | editar a fonte]

En 1983, cando se lle preguntou a García Márquez: «É vostede comunista?» o escritor respondeu: «Por suposto que non. Non o son nin o fun nunca. Nin tampouco formei parte de ningún partido político».[66]Contou ao seu amigo Plinio Apuleyo Mendoza: «Quero que o mundo sexa socialista e creo que tarde ou cedo o será».[67]Segundo Anxo Esteban e Stéphanie Panichelli, «Gabo entende por socialismo un sistema de progreso, liberdade e igualdade relativa» onde saber é, ademais dun dereito, un esquerdo (hai un xogo de palabras que ambos os autores utilizan para titular o capítulo do seu libro: "Si saber no es un derecho, seguro será un izquierdo").[9]García Márquez viaxou a moitos países socialistas como Polonia, Checoslovaquia, Alemaña Oriental, a Unión Soviética, Hungría, e despois escribiu algúns artigos, mostrando o seu «desacordo co que alí ocorría».[68]En 1971, nunha entrevista para a revista Libre (que patrocinaba) declarou: «Eu sigo crendo que o socialismo é unha posibilidade real, que é a boa solución para América Latina, e que hai que ter unha militancia máis activa».[69]

En 1959, foi correspondente en Bogotá da axencia de prensa Prensa Latina creada despois do comezo da revolución cubana para informar sobre os acontecementos en Cuba. Alí «tiña que informar obxectivamente sobre a realidade colombiana e difundir á vez noticias sobre Cuba e o seu traballo consistía en escribir e enviar noticias a A Habana. Era a primeira vez que García Márquez facía xornalismo verdadeiramente político».[9] Máis tarde, en 1960, fundou co seu amigo Plinio Apuleyo Mendoza unha revista política, Acción Liberal, que crebou despois de tres números.[70]

Amizade con Fidel Castro

[editar | editar a fonte]

García Márquez coñeceu a Fidel Castro en xaneiro de 1959 pero a súa amizade formouse despois, cando traballaba con Prensa Latina, vivindo na Habana víronse varias veces. Despois de coñecer a Castro, «Gabo estaba convencido de que o líder cubano era diferente aos caudillos, heroes, ditadores ou canallas que pulularan pola historia de Latinoamérica desde o século XIX, e intuía que só a través del esa revolución, aínda nova, podería cultivar froitos no resto dos países americanos».[9]

Segundo Panichelli e Esteban, «exercer un poder é un dos praceres máis reconfortantes que o home pode sentir», e eles pensan que iso é o caso con García Márquez «até unha idade madura». Por iso, cuestionouse a amizade entre García Márquez e Castro e si é un resultado da admiración de García Márquez polo poder.[9]

Jorge Ricardo Masetti, exguerrilleiro e xornalista arxentino, pensaba que García Márquez «é un home a quen lle gusta estar na cociña do poder».[9]

En opinión de César Leante, García Márquez ten algo de obsesión cos caudillos latinoamericanos. Di que «O apoio incondicional de García Márquez a Fidel Castro cae en boa parte dentro do campo psicanalítico […] cal é a admiración que o criador do Patriarca sentiu, sempre e desmesuradamente, polos caudillos latinoamericanos brotados das montoneiras. Verbigracia, o coronel Aureliano Buendía, pero sobre todo o innominado ditador caribeño que como Fidel Castro envellece no poder». Di Leante que García Márquez «é considerado en Cuba como unha especie de ministro de cultura, xefe de cinematografía e embaixador plenipotenciario, non do Ministerio de Relacións Exteriores, senón directamente de Castro, que o emprega para misións delicadas e confidenciais que non encarga á súa diplomacia».[71]

Juan Luis Cebrián chamou a García Márquez «un mensaxeiro político», debido aos seus artigos.[68]

Segundo Gerald Martin, quen publicou en 2008 a primeira biografía autorizada do novelista, García Márquez sente unha «enorme fascinación polo poder». Sinala que «El quixo ser sempre testemuña do poder e é xusto dicir que esa fascinación non é gratuíta, senón que persegue determinados obxectivos» e menciona que moitos consideran como excesiva a súa proximidade a Fidel Castro.[14] Martin lembra que se relacionou con Felipe González ou con Bill Clinton pero «todo o mundo fíxase só na súa relación con Castro».[72]

O diplomático, xornalista, biógrafo e compadre do Nobel, Plinio Apuleyo Mendoza sinala que «El é amigo de Castro, pero non creo que sexa partidario do sistema, porque nós visitamos o mundo comunista e quedamos moi desencantados».[73]

Mediacións e apoios políticos

[editar | editar a fonte]

García Márquez participou como mediador nas conversacións de paz adiantadas entre o Exército de Liberación Nacional (ELN) e o goberno colombiano que tiveron lugar en Cuba e entre o goberno de Belisario Betancur e o grupo Movemento 19 de Abril (M-19); participou no proceso de paz entre o goberno de Andrés Pastrana e a guerrilla das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) que fracasou.[74]

En 2006, uniuse á lista de prominentes figuras de América Latina como Pablo Armando Fernández, Ernesto Sabato, Mario Benedetti, Eduardo Galeano, Thiago de Mello, Frei Betto, Carlos Monsiváis, Pablo Milanés, Ana Lydia Veiga, Mayra Montero e Luís Rafael Sánchez que apoian a independencia de Porto Rico, a través da súa adhesión á "Proclama de Panamá" aprobada por unanimidade no Congreso Latinoamericano e Caribeño pola Independencia de Porto Rico, celebrado en novembro de 2006.[75]

A política na súa obra

[editar | editar a fonte]

A política desempeña un papel importante nas obras de García Márquez, nas que utiliza representacións de varios tipos de sociedades con diferentes formas políticas para presentar as súas opinións e crenzas con exemplos concretos, aínda que sexan exemplos ficticios. Esa diversidade de maneiras con que representa ao poder político é unha mostra da política nas súas obras. Unha conclusión que pode ser derivada delas é que «a política pode estenderse máis aló ou máis acó das institucións propias do poder político».[8]

En Cien años de soledad está a representación dun lugar «onde non existe aínda un poder político consolidado e non hai, por tanto, lei no sentido de precepto votado polo Congreso e sancionado polo presidente, que regule as relacións entre os homes, entre estes e o poder público e a constitución e funcionamento deste poder».[8] En contraste, a representación do sistema político en El otoño del patriarca é a dunha ditadura, na que o líder é grotesco, corrupto e sanguinario e cun poder tan grande que algunha vez preguntou que hora é e contestáronlle a que vostede ordene, meu xeneral».[8]

Unha das súas primeiras novelas, La mala hora, pode ser unha referencia á ditadura de Gustavo Rojas Pinilla e representa a tensión política e a opresión nun pobo rural, cuxos habitantes aspiran á liberdade e a xustiza pero sen éxito en conseguilas.[28]

  • La hojarasca (1955).
  • Relato de un náufrago (1955).
  • El coronel no tiene quien le escriba (1961).
  • Los funerales de la Mamá Grande (1962).
  • La mala hora (1962).
  • Cien años de soledad (1967).
  • Monólogo de Isabel viendo llover en Macondo (1968).
  • Relato de un naúfrago (1970).
  • La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su abuela desalmada (1972).
  • Cuando era feliz e indocumentado (1973).
  • Ojos de perro azul (1974).
  • El otoño del patriarca (1975).
  • Todos los cuentos (1947-1972) (1976).
  • Crónica de una muerte anunciada (1981). Traducida ao galego en 2022[76]
  • Textos costeños (1981).
  • Viva Sandino (1982).
  • El olor de la guayaba (1982).
  • El secuestro (1982).
  • El amor en los tiempos del cólera (1985).
  • El general en su laberinto (1989).
  • Doce cuentos peregrinos (1992).
  • Del amor y otros demonios (1994).
  • Noticia de un secuestro (1996).
  • Obra periodística 1: Textos costeños (1948-1952).
  • Obra periodística 2: Entre cachacos (1954-1955).
  • Obra periodística 3: De Europa y América (1955-1960).
  • Obra periodística 4: Por la libre (1974-1995).
  • Obra periodística 5: Notas de prensa (1980-1984).
  • Erendira.
  • Chile, el golpe y los gringos.
  • Vivir para contarla (2002).
  • Memoria de mis putas tristes (2004).

Libros sobre García Márquez

[editar | editar a fonte]

Biografías

[editar | editar a fonte]
  • García Márquez. El viaje a la semilla (1997), de Dasso Saldívar. Alfaguara.
  • Gabriel García Márquez. A Life (Gabriel García Márquez. Unha vida, 2008), de Gerald Martin.
  • Gabriel García Márquez. Vida, magia y obra de un escritor global (2021), de Álvaro Santana Acuña. El Equilibrista/Fundación para as Letras Mexicanas.

Testemuños

[editar | editar a fonte]
  • «El caso perdido», en La llama y el hielo (1984), de Plinio Apuleyo Mendoza. Texto publicado tamén como libro baixo o títulos Aquellos tiempos con Gabo (2000) e, ampliado con cartas, Gabo. Cartas y recuerdos (2013).
  • Los García Márquez (1996), de Silvia Galvis.
  • Soledad y compañía. Un retrato a voces de Gabriel García Márquez (2014), de Silvana Paternostro.
  • Gabo y mercedes. Una despedida (2021), de Rodrigo García.
  • Gabo + 8 (2021), de Guillermo Angulo.
  • García Márquez para principiantes (2007), de Mariana Solanet (texto) e Héctor Luis Bergandi (ilustraciones).

Na pantalla

[editar | editar a fonte]
Gabriel García Márquez coa exministra de Cultura de Colombia Paula Moreno (esquerda) no Festival Internacional de Cine de Guadalaxara, en Guadalaxara, México, en marzo de 2009.

García Márquez profesou un interese polo cine e a televisión, participando como guionista, mecenas e permitindo a adaptación da súa obra. Xa na súa etapa xuvenil en Barranquilla, co pintor Enrique Grau, o escritor Álvaro Cepeda Samudio e o fotógrafo Nereo López, participou na realización da curtametraxe surrealista La langosta azul (1954).[77]

Nos anos cincuenta, estudou a carreira de cine no Centro Sperimentale Di Cinematografia de Roma, tendo como condiscípulos ao arxentino Fernando Birri e ao cubanon Julio García Espinosa, que máis tarde serían considerados fundadores da chamada Fundación do Novo Cine Latinoamericano. Estas tres personalidades declararon en reiteradas oportunidades o impacto que supuxo para eles ver a película Milagre en Milán de Vittorio de Sica, así como tamén asistir ao nacemento do neorrealismo italiano, tendencia que os fixo albiscar a posibilidade de realizar cine en América Latina seguindo as mesmas técnicas. É preciso anotar que esta estancia en Roma serviu para que o escritor aprendese varias das reviravoltas que comporta o quefacer cinematográfico, en tanto e canto compartiu longas horas de traballo en moviola á beira do guionista Cesase Zavattini. Este particular afinou en García Márquez unha precisión cinematográfica á hora de narrar con imaxes, que máis tarde usaría como parte do seu traballo na Cidade de México. García Márquez presidiu desde 1986 a Fundación do Novo Cine Latinoamericano, que ten sede na Habana.

Tense coñecemento de que moitas obras cinematográficas mexicanas dos anos 1960 foron escritas por García Márquez, quen do mesmo xeito que moitos intelectuais da época asinou os guións con pseudónimo. Memorables son, en todo caso, El gallo de oro (1964), de Roberto Gavaldón,[78] e Tiempo de morir (1966), de Arturo Ripstein. A primeira, baseada no conto homónimo de Juan Rulfo, coescrita xunto co propio autor e o tamén escritor mexicano Carlos Fuentes, foi protagonizada por Ignacio López Tarso, Narciso Busquets e Loita Vila, e fotografada polo insigne Gabriel Figueroa. A segunda, western filmado por Ripstein, tivo a súa secuela case vinte anos máis tarde baixo a tutela de Jorge Alí Triana.

Ademais desas tres películas, entre 1965 e 1985, García Márquez participou como guionista en: En este pueblo no hay ladrones (1965), de Alberto Isaac; Juego peligroso (segmento "HO") (1966), de Luis Alcoriza e Arturo Ripstein; Patsy, mi amor (1968), de Manuel Michel; Presagio (1974), de Luis Alcoriza; La viuda de Montiel (1979), de Miguel Littín; María de mi corazón (1979), de Jaime Humberto Hermosillo; El año de la peste (1979), de Felipe Cazals (adaptación do libro de Daniel Defoe Diario do ano da peste)[79], e Eréndira (1983), de Ruy Guerra.[80]

En 1975 R.T.I. Televisión de Colombia produce a serie televisiva La mala hora dirixida por Bernardo Romero Pereiro, baseada na novela homónima de García Márquez e retransmitida en 1977.[81]Ese ano foi entrevistado, por primeira vez na televisión colombiana, por Germán Castro Caycedo[82]

En 1986, cos seus dous condiscípulos do Centro Sperimentale di Cinematografía, e apoiados polo Comité de Cineastas de América Latina, funda a Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de Los Baños en Cuba, institución á cal lle dedicará tempo e diñeiro do seu propio peto para apoiar e financiar a carreira de cine de mozos provenientes de América Latina, o Caribe, Asia e África. A partir do ano seguinte, en devandito centro dedicarase a impartir o taller «Como se conta un conto», froito do cal salen innumerables proxectos audiovisuais, a máis diso varios libros sobre dramaturxia.

En 1987, Francesco Rosi dirixe a adaptación de Crónica de una muerte anunciada, protagonizada por Rupert Everett, Ornella Muti, Gian Maria Volonté, Irene Papas, Lucia Bosè e Anthony Delon.

En 1988 produciron e exhibiron: Un señor muy viejo con unas alas enormes, de Fernando Birri, con Daisy Granados, Asdrúbal Meléndez e Luis Ramírez; Milagro en Roma, de Lisandro Duque Naranjo, con Frank Ramírez e Amalia Duque García; Fábula de la bella palomera, de Ruy Guerra, con Claudia Ohana e Ney Latorraca, e Cartas del parque, de Tomás Gutiérrez Alea, con Ivón López, Víctor Laplace, Miguel Paneque e Mirta Ibarra.

En 1990, García Márquez, viaxou o Xapón, facendo escala en Nova York para coñecer ao director contemporáneo cuxos guións máis admira: Woody Allen. A razón da súa viaxe ao país oriental é a de atoparse con Akira Kurosawa, nese momento rodando Yume, interesado en levar á gran pantalla a historia de El otoño del patriarca, ambientado no Xapón medieval. A idea de Kurosawa foi totalizadora, incrustar toda a novela no celuloide sen importar a metraxe, pero para esta idea non existiu posibilidade de financiamento, e o proxecto quedou niso.

En 1991, a televisión colombiana produce María, a novela de Jorge Isaacs, adaptada por García Márquez xunto con Lisandro Duque Naranjo e Manuel Arias.

En 1996 presentouse Edipo Alcalde, adaptación de Edipo rey de Sófocles feita por García Márquez e Estela Malagón, dirixida por Jorge Alí Triana, e protagonizada por Jorge Perugorría, Ángela Molina e Paco Rabal.

En 1999, Arturo Ripstein filma El coronel no tiene quien le escriba, protagonizada por Fernando Luján, Marisa Paredes, Salma Hayek e Rafael Inclán.

En 2001 aparece Los niños invisibles, de Lisandro Duque Naranjo.

En 2006 rodouse El amor en los tiempos del cólera, con guión do surafricano Ronald Harwood e baixo a batuta do director británico Mike Newell. Filmada en Cartaxena de Indias, os personaxes son encarnados por Javier Bardem, Giovanna Mezzogiorno, John Leguizamo, Catalina Sandino e Benjamin Bratt.

En marzo de 2010, e no marco do Festival Internacional de Cine de Cartaxena, estreouse a versión fílmica de Del amor y otros demonios, coproducción entre Colombia e Costa Rica dirixida pola costarriquense Hilda Hidalgo.

Memoria de mis putas tristes, coprodución entre Dinamarca e México, dirixida polo danés Henning Carlsen e coa adaptación cinematográfica a cargo do francés Jean-Claude Carrière ía ser filmada no 2009 no estado de Puebla, pero se suspendeu por problemas de financiamento ao parecer por unha polémica motivada polo tema[83] pola ameaza de demanda dunha ONG cualificando a novela e o guión como apoloxía da prostitución infantil e pederastia.[42] Foi filmada en segredo na cidade de San Francisco de Campeche (México) en 2011, protagonizada por Emilio Echevarría e estreouse en 2012.[84]

No teatro

[editar | editar a fonte]

García Márquez incursionou pouco en teatro, pois só se coñece o monólogo Diatriba de amor contra un hombre sentado, montada en 1988 en Buenos Aires e reestrenada en 1994 no Teatro Nacional de Bogotá.[85]

A súa obra no teatro na súa maioría foron adaptacións das súas novelas. En 1991, Juan Carlos Moyano adaptou e dirixiu un espectáculo de teatro de rúa e praza pública chamado Memoria y olvido de Úrsula Iguarán, baseado en Cien años de soledad, que presentou no Festival Internacional de Teatro de Manizales de 1991 e no Festival Iberoamericano de Teatro de Bogotá de 1992. No 2000, Jorge Alí Triana estreou a versión teatral de Crónica dunha morte anunciada adaptación da novela homónima, con gran éxito nacional e internacional.[86]

A obra de García Márquez foi adaptada á ópera:

García Márquez na ficción

[editar | editar a fonte]
  • Na novela Cartagena (2015), de Claudia Amengual, aparece García Márquez como personaxe nos seus últimos anos de vida.[89]
  • La maestra y el Nobel (2015), novela de Beatriz Parga, recrea a relación entre un García Márquez de cinco anos e a súa profesora, Rosa Fergusson.[90]

Homenaxes

[editar | editar a fonte]
  • En Bogotá, Colombia, unha das Bibliotecas Públicas de BibloRed leva o seu nome[91]

O 23 de xuño de 2017, a alcaldesa de París, Anne Hidalgo, e o presidente colombiano, Juan Manuel Santos, inauguraron a Praza Gabriel-García-Márquez.[92] no distrito 7. A praza está situada fronte ao número 9 da rue de Montalembert, onde viviu o escritor. O Concello de París tamén colocou unha placa conmemorativa de mármore no seu edificio na súa honra.

  1. En varias edicións das súas obras e ata en biografías dáse 1928 como ano de nacemento de García Márquez; el mesmo situouno nesa data ás veces. No entanto, estudosos do autor e o seu propio pai, Gabriel Eligio García, afirman que foi 1927, punto que queda confirmado nas súas memorias, Vivir para contarla. Véxase Ploetz, Dagmar (2004). EDAF, ed. Gabriel García Márquez (en castelán). p. 13. ISBN 9788441414488. 
    e tamén Flores, Ángel (1982). Siglo XXI, ed. Narrativa hispanoamericana 1816-1981: historia y antología. La generación de 1940-1969, Volumen 4 (en castelán). p. 429. ISBN 9789682310898. 
  2. "Muere Gabriel García Márquez: genio de la literatura universal". El País. 17 de abril de 2014. 
  3. "Gabriel García Márquez: adiós al hombre que solo quería ser amado por sus amigos". BBC News Mundo (en castelán). 2012-07-06. Consultado o 8 de abril do 2024. 
  4. Restrepo, Mónica Quintero. "García Márquez escribió desde que era Gabito". www.vanguardia.com (en castelán). Consultado o 8 de abril do 2024. 
  5. Premios Nobel 1982 (en inglés).
  6. Inga AXMANN: «El realismo mágico en la literatura latinoamericana: con el ejemplo de “Cien años de soledad” de Gabriel García Márquez», en Akademische Schriftenreihe. GRIN Verlag, 2009. ISBN 3-640-39315-5, 9783640393152
  7. Menton, Seymour. Historia Verdadera Del Realismo Mágico. Colección Tierra firme. Editor Fondo de Cultura Económica, 1998. ISBN 9681654110, 9789681654115
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Estrada Villa, A.: El poder político en la novelística de García Márquez. Medellín: Universidad Pontificia Bolivariana, 2006. ISBN 978-958-696-473-6 (en castelán).
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 Esteban, Ángel, e Panichelli, Stephani: Gaby y Fidel: El Paisaje de Una Amistad. Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 2003. ISBN 84-670-1263-3 (en castelán).
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 10,12 Gabriel GARCÍA MÁRQUEZ: Vivir para contarla. Bogotá: Norma (primeira edición), 2002; ISBN 978-958-04-7016-8.
  11. De Blas, Ceferino (19 de xullo de 2013). "La abuela gallega de Gabo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  12. García Márquez, Gabriel (11 de maio de 1983). "Viendo llover en Galicia". El País (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 13,7 Plinio Apuleyo MENDOZA GARCÍA y Gabriel GARCÍA MÁRQUEZ: El olor de la guayaba. Conversaciones con Gabriel García Márquez [1983]. Norma: 2005. ISBN 978-958-04-8889-4, 978978-9580488897.
  14. 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 Gerald MARTIN: Gabriel García Márquez: una vida. Nueva York: Knopf Doubleday Publishing Group, 2009; ISBN 0-307-47228-0, 9780307472281.
  15. "García Márquez. Un Gallego de Origen". Galicia Única. Revista Digital Independiente. Consultado o 12 de abril do 2024. 
  16. Malvar, Aníbal (11/08/2018). "La huella gallega del realismo mágico de García Márquez". Diario Público. Consultado o 12 de abril do 2024. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Gene H. BELLE-VILLADA: García Márquez: the man and his work. Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1990.
  18. "Margarita era la hermana preferida de Gabo: familiares del Premio Nobel de Literatura". RCN Radio (en castelán). 2021-06-18. Consultado o 17 de abril do 2024. 
  19. Aýen, Xavi (14-05-2021). "Así fueron los últimos días de vida de García Márquez". =La Vanguardia. España. 
  20. Educación, Bogotá (Colombia) Alcaldía Mayor Secretaría de. "El 9 de abril : vivir para contarla". =www.bibliotecadigitaldebogota.gov.co (en castelán). Consultado o 17 de abril do 2024. 
  21. Cfr: Pestaña Castro, Cristina. "¿Quién tradujo por primera vez la metamorfosis de Kafka al castellano?". http://www.ucm.es/info/especulo/numero11/verwandl.html
  22. ""Cien años de soledad" y cincuenta de casado: Gabriel García Márquez festeja sus bodas de oro". Perfil.com. 22 de marzo de 2008. Consultado o 18 de abril do 2024. O amor eterno non ten lugar só nas novelas, o Nobel colombiano cumpriu medio século de matrimonio coa súa esposa Mercedes Raquel Barcha Pardo. 
  23. "Gabo y su país de adopción". El País. 17 de abril de 2014. 
  24. Fuentes, Carlos. Para darle nombre a América. Homenaje a Gabriel García Márquez. Inauguración del Congreso de Cartagena. Portal de los Congresos Internacionales de la Lengua Española. [1] Arquivado 22 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
  25. "Gabriel García Márquez, el amigo de Fidel | Especiales | ELMUNDO.es". www.elmundo.es. Consultado o 19 de abril do 2024. 
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 26,5 26,6 Juan G. COBO BORDA: Para llegar a García Márquez. Santa Fe de Bogotá: Planeta Colombiana, 1997; ISBN 978-958-614-568-9.
  27. "Sobre la Fundación Gabo". Fundación Gabo (en castelán). 2019-08-05. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 28,6 Rubén PELAYO: Gabriel García Márquez: a critical companion. Westport: Greenwood Press, 2001.
  29. 29,0 29,1 29,2 «Lo de Rangel es una falta de respeto», entrevista con Gabriel García Márquez no xornal El Tiempo, 2000-12-10; consultado o 2010-04-10.
  30. ElShowDeJohnnyWelch.com Arquivado 25 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (sitio do ventrílocuo mexicano Johnny Welch, cuxo texto un xornal peruano atribuíu a García Márquez).
  31. http://www.huffingtonpost.es/2012/08/31/gabriel-garcia-marquez-ca_n_1847432.html
  32. "Fallece Gabriel García Márquez". El Universal. 17 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2014. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  33. Redacción (14 de abril de 2014). "Gabriel García Márquez, Premio Nobel y orgullo de las letras del mundo, ha muerto este jueves en México, DF". sinembargo.mx. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  34. "Duelo nacional de tres días por muerte de García Márquez". El Heraldo. 17 de abril de 2014. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  35. "El lugar del descanso eterno de Gabriel García Márquez en Cartagena". BBC News Mundo (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  36. "Gabriel García Márquez cumplió su deseo: sus restos fueron enterrados en Cartagena". infobae (en castelán). 2 de decembro de 2017. Consultado o 21 de abril do 2024. 
  37. Santos Calderón, Enrique. 'Gabo' y Alternativa, Las duras y las maduras. Revista Cambio. Bogotá. Publicado o domingo 2 de novembro de 2008. [2] Consultado o 22 de abril do 2024
  38. Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano. Historia.[3] Arquivado 12 de maio de 2010 en Wayback Machine.
  39. Fietta JARQUE: «"Cien años de soledad", treinta años de leyenda», en Letras Hispanas, del diario El País. Madrid, 2007. Consultado el 12 de junio de 2010
  40. 40,0 40,1 Julio ARIZA GONZÁLEZ: El discurso narrativo de Gabriel García Márquez, de la realidad política y social a la realidad mítica (págs. 82-83). Colombia: Tercer Mundo Editores, 1992.
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 Julio Ariza González. "El discurso narrativo de Gabriel García Márquez: de la realidad política y social a la realidad mítica". Consultado o 23 de abril do 2024. 
  42. 42,0 42,1 «México: ONG denunciará a García Márquez por apología de prostitución infantil», AFP, 2 de outubro de 2009; consultado o 25 de aril do 2024.
  43. Marlise SIMONS: «Gabriel Márquez on love, plagues and politics», en el diario The New York Times, 21 de febrero de 1988, consultado el 2008-07-30.
  44. 44,0 44,1 Michael BELL: Gabriel García Márquez. Solitude and solidarity. Hampshire: Macmillan, 1993. ISBN 0-333-53765-3.
  45. 45,0 45,1 45,2 "La soledad de América Latina". nobelprize.org. Consultado o 24 de abril do 2024. 
  46. HJCK. ""La soledad de América Latina", por Gabriel García Márquez". www.bibliotecadigitaldebogota.gov.co (en castelán). Consultado o 24 de abril do 2024. 
  47. Ilan STAVANS: «Gabo in Decline», en Transition, Indiana University Press: 62 (62): 58–78, 1993; doi:10.2307/2935203; consultado el 2008-03-25.
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 48,5 George R. McMurray: Critical essays on Gabriel García Márquez. Boston: G. K. Hall & Co. 1987; ISBN 0-8161-8834-3.
  49. Louis OLLIVIER: «“One hundred years of solitude”: existence is the word», en Latin American Literary Review, vol. 4, n.º 7, págs. 9-14, otoño-invierno de 1975.
  50. HJCK. "Gabriel García Márquez lee "El coronel no tiene quien le escriba"". www.bibliotecadigitaldebogota.gov.co (en castelán). Consultado o 25 de abril do 2024. 
  51. José L. MÉNDEZ: Cómo leer a García Márquez: una interpretación sociológica. Editorial de la Universidad de Puerto Rico, 2000; ISBN 0-8477-0399-1.
  52. García Márquez: "Piedra y cielo me hizo escritor". Entrevista de Juan Gustavo Cobo Borda a Gabriel García Márquez publicada o 28 de abril de 1981. Revista Cromos. Consultado o 25de abril do 2024.
  53. Vibha MAURYA: «Gabriel García Márquez», en Social Scientist, 11 (1): páx. 57, enero de 1983.
  54. «The Nobel Prize in Literature 1982», consultado el 2010-06-15.
  55. «La Casa Museo Gabriel García Márquez abre sus puertas», nota de prensa del Ministerio de Cultura de Colombia; consultado o 15 de xuño de 2010
  56. "Así serán los nuevos billetes que circularán en Colombia a partir de 2016". El Espectador. 25 de setembro de 2015. Consultado o 26 de abril do 2024. 
  57. Carlos FUENTES: Gabriel García Márquez and the invention of America. Liverpool University Press: 1987.
  58. Stephen MINTA: «García Márquez: “One hundred years of solitude” by Michael Word», en el Bulletin of Latin American Research, vol. 10, n.º  1 (1991). pág. 224.
  59. Alonso Cueto: Literatura de siempre, ediciones PUCP, Lima Perú
  60. Elisa Muñoz (13/02/2020). "El rechazo de 'The New Yorker' a García Márquez poco antes de ganar el Nobel". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2022. Consultado o 28 de abril do 2024. Tómase parte da información desta publicación. 
  61. 61,0 61,1 Dasso Saldívar (1997). Alfaguara, ed. García Márquez (en castelán). El viaje a la semilla : la biografía. Madrid. p. 611. ISBN 84-204-8250-1. 
  62. Plinio Apuleyo Mendoza e Gabriel García Márquez (1983). Verso, ed. The Fragrance of Guava (en inglés). p. 126. ISBN 0-86091-765-7. 
  63. Gene H. Bell-Villada (2006). University Press of Mississippi, ed. Conversations with Gabriel García Márquez (en inglés). p. 179. ISBN 1-57806-784-7. 
  64. "García Márquez media por la paz". BBC Mundo (en castelán). 13 de marzo de 2007. Consultado o 7 de setembro do 2024. .
  65. "García Márquez media por la paz" (en castelán). 13 de marzo de 2007. Consultado o 7 de setembro do 2024. .
  66. Claudia DREIFUS y Gabriel GARCÍA MÁRQUEZ: «Gabriel García Márquez» [1982], entrevista en la revista Playboy Magazine, febreiro de 1983.
  67. Plinio APULEYO MENDOZA: El caso perdido. La llama y el hielo. Bogotá: Planeta/Seix Barral, 1984.
  68. 68,0 68,1 Juan Luis CEBRIÁN: Retrato de Gabriel García Márquez. Barcelona: Galaxia Gutenberg, 1997.
  69. Óscar COLLAZOS: García Márquez, la soledad y la gloria: su vida y su obra. Plaza & Janés, 1986. ISBN 84-01-45065-9, 9788401450655
  70. Don KLEIN: Gabriel García Márquez: una bibliografía descriptiva. Norma, 2003; ISBN 978-958-04-7695-0, 978978-9580476955.
  71. César Leante: Gabriel García Márquez, el hechicero. Madrid: Pliegos, 1996; ISBN 84-88435-38-X, 9788488435385.
  72. «García Márquez siente fascinación por el poder», en el diario El País, España, 2008-10-20, consultado o 29 de abril do 2024
  73. «Gabo le tiene rabia a “Cien años de soledad”: biógrafo» Arquivado 20 de setembro de 2014 en Wayback Machine., en el diario El Universal, México, 2008-12-08, consultado o 29 de abril do 2024
  74. «García Márquez media por la paz», en la BBC de Londres.
  75. Yaisha VARGAS: «Latin american voices demand Puerto Rican independence». Associated Press, 25 de enero de 2007.
  76. Rey, María; Liñares Giraut, X. Amancio. "Crónica dunha morte anunciada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-29. 
  77. La langosta azul en IMDb.
  78. Ficha de El gallo de oro en IMDb.
  79. Traducida ao galego. Fraga Sánchez, Xesús Antón. "Diario do ano da peste". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 30 de abril do 2024. 
  80. Ficha de Gabriel García Márquez en la IMDb
  81. La Mala hora. Ficha técnica en el portal del Cine y el Audiovisual Latinoamericano y del Caribe. Fundación del Nuevo Cine Latinoamericano [4][Ligazón morta] Consultado o 30 de abril do 2024
  82. HJCK. "Germán Castro Caycedo y su entrevista a Gabriel García Márquez". www.bibliotecadigitaldebogota.gov.co (en castelán). Consultado o 30 de abril do 2024. 
  83. «Gobierno poblano retira apoyo a filme basado en novela de Gabo», en el diario La Jornada de Oriente, Puebla, 2009-10-07.
  84. "Película Memoria de mis putas tristes se estrena en México". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 02 de maio de 2024. 
  85. Luis Miguel MADRID: Diatriba de amor contra un hombre sentado (entrevista a la actriz Laura García). Centro Virtual Cervantes [5]
  86. La clave del éxito de obra teatral de Crónica de una muerte anunciada. El Tiempo. Consultado el 12 de agosto de 2012
  87. Allen B. RUCH: «Daniel Catán’s Florencia en el Amazonas», en The Modern World: Gabriel García Márquez. N.p., 2003-06-03; consultado o 5 de maio do 2024
  88. 88,0 88,1 «Gabriel García Márquez» Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Círculo Rojo Literario. N. p., n. d.; consultado o 5 de maio do 2024.
  89. Gabo hecho personaje
  90. "La maestra y el Nobel - Detalle de la obra - Enciclopedia de la Literatura en México - FLM - CONACULTA". www.elem.mx. Consultado o 14 de maio do 2024. 
  91. Red Distrital de Bibliotecas Públicas BibloRed (Bogotá CO). "Biblioteca Pública Gabriel García Marquez". www.bibliotecadigitaldebogota.gov.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2024. Consultado o 20 de maio do 2024. 
  92. "Inauguration de la Place Gabriel Garcia Marquez | Espace presse". presse.paris.fr. Consultado o 20 de maio do 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Elias Canetti
Premio Nobel de Literatura

1982
Sucesor:
William Golding