Saltar ao contido

Vidiadhar Surajprasad Naipaul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVidiathar Surajprasad Naipaul
Biografía
Nacemento(en) Vidiadhar Surajprasad Naipaul Editar o valor en Wikidata
17 de agosto de 1932 Editar o valor en Wikidata
Chaguanas, Trinidad e Tobago (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 2018 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Outros nomesV. S. Naipaul
País de nacionalidadebritánico[1]
EducaciónUniversity College (pt) Traducir
Queen's Royal College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Oxford
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, ensaísta, xornalista, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957–2010
EmpregadorUniversidade Wesleyana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio, novela e libro de viaxes Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloSir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCapildeo family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxePatricia Ann Hale Naipaul (1955–96, ano morte) Nadira Khannum Alvi Naipaul (1996–presente) Editar o valor en Wikidata
PaiSeepersad Naipaul Editar o valor en Wikidata
IrmánsShiva Naipaul Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGreat Encyclopedia of Cyril and Methodius (en) Traducir
Obálky knih,
A Companion to West Indian Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0619740 BNE: XX1165545 Discogs: 2779895 WikiTree: Naipaul-2 Find a Grave: 192234975 Editar o valor en Wikidata

Sir Vidiathar Surajprasad Naipaul, máis coñecido como V. S. Naipaul, nado en Chaguanas, Illa Trinidad, Trinidad e Tobago o 17 de agosto de 1932 e finado en Londres o 11 de agosto de 2018, foi un escritor británico, orixinario de Trinidad e Tobago, galardoado co premio Nobel de Literatura no ano 2001.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sendo fillo de inmigrantes do norte da India. Aos 18 anos trasladouse a Inglaterra para estudar na Universidade de Oxford, licenciándose en arte en 1953.

A súa obra caracterízase pola análise do mundo colonial. En particular, adoita aludir á existencia alienada de quen se ven sometidos ou involucrados nun ámbito que non lles é propio.

"O Curandeiro Místico" (The Mystic Masseur) é a súa primeira novela, trátase dunha sátira acerca do ascenso social de alguén que provén do ambiente rural e hindú de Trinidad. "Os Simuladores" (The Mimic Men) é unha novela na cal analízase unha sorte de "esquizofrenia colonial" (iso segundo as propias palabras do autor na conferencia brindada ao recibir o premio Nobel). En "A Perda do Dourado" (The Loss of El Dorado), o autor estuda a evolución da illa de Trinidad desde o descubrimento, a vida indíxena, pasando pola conquista inglesa. Nun xénero literario orixinal, que toma elementos da novela e do ensaio histórico, realizado segundo os documentos existentes na British Library, Naipaul desenvolve o seu tema habitual, o estrañamento cultural, nun relato de grande interese literario e histórico.

"Un Camiño no Mundo" (A Way in the World) é unha colección de ensaios e novelas curtas sobre a illa de Trinidad, a súa historia, a súa xente e o desgarro cultural como denominadores comúns.

"A Turn in the South" é unha crónica que cobre os aspectos máis saíntes da vida do sur dos Estados Unidos. As historias do libro refírense á decadencia das familias aristocráticas do Sur, ao ascenso da poboación de raza negra, ás distintas relixións do sur, describe aos denominados "rednecks", visita Graceland para brindar as súas impresións acerca da mansión de Elvis Presley, dános unha idea da cultura xerada en torno ao cultivo do tabaco, entre outras historias. Todas elas tratan de facer unha síntese que abarque ao Sur como unidade cultural, dende as súas orixes ata a actualidade. Paradoxalmente non fai ningunha descrición de Oxford nin se ocupa da obra do grande escritor sureño William Faulkner, pero todo o libro tacitamente se refire ao mesmo, dado que dende a prosa, ocúpase dos mesmos temas que Faulkner narrou mediante a ficción. Trátase dun libro excelente para entender a atmosfera que rodea a obra de Faulkner, asemellándose a unha análise sociolóxica (de gran calidade) da obra do autor nado en Oxford.

"India" (India, a Wounded Civilization), é unha colección de relatos e reportaxes realizadas por Naipaul na súa viaxe á India en 1990. Como contexto obsérvase a modernización do subcontinente indio e o seu contraste coa sociedade tradicional. Os parias, os sikhs, os támiles, os brahmanas, a industria cinematográfica, os xiítas, son descritos nos seus propios ambientes a través das historias persoais de distintos integrantes das devanditas comunidades.

A Academia Sueca premiouno pola súa recuperación de historias suprimidas, entre as cales podemos citar ós indíxenas de Trinidad, a poboación hindú da illa que esquece o idioma dos seus devanceiros, ós musulmáns de Trinidad que ignoran a orixe do seu apelido, a toponimia de Chaguanas etc.

En síntese, esquecemento e perda cultural por unha banda e alienación polo outro son os temas tratados por Naipaul. A súa obra abarca tanto novelas como ensaios e libros de viaxes.

  • O Curandeiro Místico (1957)
  • The Suffrage of Elvira (1958)
  • Miguel Street (1959)
  • Unha Casa para Mr. Biswas (1961)
  • Mr. Stone and the Knights Companion (1963)
  • A Flag on the Island (1967)
  • Os simuladores (1967)
  • In a Free State (1971)
  • Guerrillas (1975)
  • Un Recodo no Río (1979)
  • Finding the Centre (1984)
  • O Enigma da Chegada (1987)
  • Un Camiño no Mundo (1994)
  • Media Vida (2001)
  • Sementes Máxicas (2004)

Non Ficción

[editar | editar a fonte]
  • The Middle Passage: Impressions of Five Societies - British, French and Dutch in the West Indies and South America (1962)
  • An Area of Darkness (1964)
  • A perda do Dourado (1969)
  • The Overcrowded Barracoon and Other Articles (1972)
  • India (1977)
  • A Congo Diary (1980)
  • O regreso de Eva Perón e outras crónicas (1980)
  • Among the Believers: An Islamic Journey (1981)
  • A Turn in the South (1989)
  • Ler e Escribir (2000)
  1. NobelPrize.org (ed.). "The Nobel Prize in Literature 2001 - V. S. Naipaul". Consultado o 2017-05-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]