Héitor Picallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1974 (50 anos) Cuntis, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, debuxante |
Pseudónimo literario | Carrapucho K-Rapucho |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Héitor Picallo Fuentes, nado na vila do Baño (Cuntis) o 18 de outubro de 1974, é un escritor e ilustrador galego, coñecido tamén cos pseudónimos de "Carrapucho" e "K-Rapucho".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou a EXB no Colexio Público Don Aurelio Rey, o bacharelato no Seminario Menor A Asunción (Santiago de Compostela) e rematou os estudos de Enxeñería Técnica Naval na Universidade da Coruña (Campus de Ferrol).
Foi un dos fundadores da Asociación O Fervedoiro e da sección Acude Alí (Acción CUltural na DEfensa d'A LIngua).
Ten desenvolvido numerosas actividades culturais en diversos recunchos de Galiza, así como campañas en defensa do patrimonio público (Burgas de Cuntis), do patrimonio histórico-artístico (mámoas, aras romanas, petróglifos, edificios senlleiros de determinadas vilas da contorna caldense), e na defensa de diversos intelectuais galegos como Isaac Díaz Pardo.
Realizou diversas conferencias sobre Historia e Lingua Galegas, sobre Pedro Cerviño,... Colabora en proxectos de Recuperación da Memoria Histórica e investiga sobre a orixe e evolución do Escudo de Galiza.
Foi cofundador da revista cultural A Taboada (das asociacións O Meigallo, de Cuntis, e A Cabana, de Moraña) e foi membro do seu consello de redacción.
Publica en revistas de investigación como El Museo de Pontevedra, Raigame, Murguía, Tapa, Anuario Descubrindo, Miscelania do Pobo Estradense, Boletín de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Ficheiro Epigráfico Arquivado 04 de xuño de 2023 en Wayback Machine. - Suplemento da Revista Conimbriga (Universidade de Coimbra), Románico: Revista de Arte de Amigos del Románico e Compostellanum. Ten colaborado en xornais e publicacións periódicas como Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Vieiros, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Terra e Tempo, Nós Diario, Luzes e La Voz de Galicia. Publica críticas literarias en xornais como Diario de Arousa e Diario de Pontevedra.
Participou na recompilación de información sobre a historia marítima galega para o Museo do Mar de Galicia (Vigo) e dende 2023 é patrón numerario do Museo do Pobo Galego.
Obras
[editar | editar a fonte]- Xohán Xesús González: Un precursor do soberanismo galego (Laiovento 2008), prologado por Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Coa lingua na terra (Toxosoutos 2013) que leva prólogo de Xosé María Lema Suárez e epílogo de David Otero.
- Cuntis na época romana, pertencente á colección A Memoria da Auga (2016), prologado polo epigrafista Juan Manuel Abascal Palazón.
- No medievo, castañas e castiñeiros como recursos económicos (edicións Fervenza 2018),[1] prologado por Manuel López (secretario da IXP Castaña de Galicia) e con epílogo de Carlos Varela Aenlle.
- As letras galegas en caricatura (2020), con prólogo de Fina Casalderrey e epílogo de Mercedes Queixas.
- O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional, edición non venal - Nós Diario (2020).
- O escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional (edición de Sermos Galiza 2021). Leva prólogo do lingüista alemán Johannes Kabatek e epílogo do crítico da arte Carlos L. Bernárdez.
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]Ten tirado do prelo a colección de libros infantís Tilirín: o meu primeiro dicionario (do que xa van publicados 8 volumes na Editorial Fervenza):
- Tilirín e os Paxaros (2004)
- Tilirín e os Peixes (2005)
- Tilirín e o Universo (2006)
- Tilirín e os Escritores das Letras (2007)
- Tilirín e as Construcións Galegas (2008)
- Tilirín e os Insectos (2009)
- Tilirín e a Poesía de Hoxe (2011)
- Tilirín e a Mitoloxía Galega (2013)
Obras de coautoría
[editar | editar a fonte]- O Labirinto de Pedra (2006), xunto con Paula Oreiro e Modesto Gómez.
- Colabora na obra titula Cerviño, Hijo de Galicia, Padre de Argentina (Buenos Aires 2010), da que é autor Horacio G. Vázquez Rivarola, Director do Museo Marítimo da Mariña Mercante da Arxentina.
- A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal (2016), ensaio a cargo de Antonio González Millán e con ilustracións do autor.
- Galicia. Reis e Reino (edita Agrupación Cultural O Galo, 2021). Tamén é autor Anselmo López Carreira.
- Personaxes da Galiza Medieval I (edita Agrupación Cultural O Galo, 2022), xunto con Xosé Miguel Andrade Cernadas, Manuel Carriedo Tejedo, Xosé Manoel Sánchez Sánchez e Francisco Rodríguez Sánchez.
- Amores Clandestinos no Renacemento: O Deán Gabriel Rodríguez e María Criada (edita Asociación Cultural Vagalumes 2022). Tamén é autor Damián Porto Rico.
- O Castelo da Lúa - Rianxo: Construción e propiedade ao longo dos tempos (edita Concello de Rianxo 2023), xunto con Alexandra Cabana Outeiro.
- Personaxes da Galiza Medieval II (edita Agrupación Cultural O Galo, 2023), xunto con Xosé Miguel Andrade Cernadas, Manuel Carriedo Tejedo, Xosé Manoel Sánchez Sánchez, Alexandre Peres Vigo e Francisco Rodríguez Sánchez.
- Os Reis e as Raiñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu (edita Sermos Galiza, 2023), con Alexandre Peres Vigo e Ramón Ermida Meilán. Prólogo de Simon R. Doubleday.
- Ángel Lemos: Unha vida apaixonante (Memoria Documental de Galicia S.L., 2024), con Natalia Lemos Geddo, Carlos L. Bernárdez e Xan Leira.
Obra colectiva
[editar | editar a fonte]- O Traque da Quenlla (2008).
- Dairas (2010), poemario colectivo galego-árabe prologado por Xosé Neira Vilas.
- Knock on wood – Tocar madeira (Tórculo 2012), sobre a obra do artista plástico Cé Tomé.
- Pedigree (2013).
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón 2013).
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (edicións Fervenza 2015).
- Manuel María: libro colectivo de homenaxe no seu Día das Letras Galegas (Lugo 2016), coordinado por José Estévez López.
- Homenaxe a Olimpio Arca Caldas: un mestre do pobo (edicións Fervenza 2016), coordinado por Carlos Loureiro, Manuel Núñez e Héitor Picallo.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos editora 2017).
- O escudo de Galiza (Terra e Tempo 2020)
- Á procura da luz. Yolanda Carbajales (2020)
- Historia de Lérez: unha ollada desde Cedofeita (2021)
- De Compostela ao Pico Sacro: Alba de Gloria 2011-2021 (2021)
- 75 apertas de buxo irmandadas para Pintor (2021)
Traducións ao galego
[editar | editar a fonte]- A Epopea do Terzo de Galegos (2006) de Horacio Vázquez Rivarola.
- Regionalismo Nacionalismo Separatismo (2008), de Xohán Xesús González.
- Prevención de Riscos Laborais no Mergullo (2008), de Óscar Figueiro Touceda.
Ilustración
[editar | editar a fonte]Ilustrou numerosos libros das Editoriais Fervenza, fundamentalmente, Xermolos-Irmandade Manuel María e Toxosoutos, pero tamén se ven as súas obras plásticas en xornais, revistas, publicacións divulgativas varias (como Aunius, ¡Que crisis!...), revistas de investigación (Tapa, Raigame, Murguía,...).
Algunha das súas caricaturas foron portada en xornais como Galicia Hoxe (Días das Letras Galegas dos anos 2005 e 2011, dedicados a Lorenzo Varela e Lois Pereiro, respectivamente), El Correo Gallego (Día das Letras Galegas 2012, na que se lle rende homenaxe a Valentín Paz Andrade); e Nós Diario (Día das Letras Galegas de 2023 dedicado a Francisco Fernández del Riego), así en suplementos culturais no Diario de Pontevedra (Letras Galegas 2004: na honra de Xaquín Lorenzo, "Xocas").
Exposicións
[editar | editar a fonte]Realizou exposicións individuais e colectivas, tanto de acuarelas, óleos e caricaturas en:
- A Estrada: Colexio Público do Foxo, Museo do Moble e a Madeira - MOME e establecementos hostaleiros.
- Caldas de Reis: Auditorio Municipal.
- Cuntis: Casa da Cultura Roberto Blanco Torres e diversos establecementos hostaleiros.
- Guarda (Portugal): Museu de Guarda.
- Marín: Museo Municipal Manuel Torres
- Pontevedra: Museo de Pontevedra
- Ribeira: Museo do Gravado e Sala de Exposicións Lustres Rivas.
- Santiago de Compostela: San Martiño Pinario e o Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA.
- Vigo: Museo do Mar de Galicia
Premios
[editar | editar a fonte]- Concurso Raigame de Etnografía na modalidade de debuxo e pintura
- II Premio de Periodismo Máximo Sar en 2005[2] e o XVII Premio de Xornalismo Manuel Reimóndez Portela (2012).[3]
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (Concello da Estrada, 2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (24 de febreiro de 2019). "Héitor Picallo presentó su ensayo histórico sobre el castaño". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28/12/2013. Consultado o 04/08/2012.
- ↑ "Heitor Picallo, premiado con el Manuel Reimóndez" Arquivado 18 de agosto de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 2 de agosto de 2012.