CONCURSO IMAXES POLA IGUALDADE
Desde a biblioteca, convocamos a terceira edición do concurso Imaxes pola igualdade para poder loitar contra a violencia machista e promover unha sociedade sen desigualdades.
Neste concurso fotográfico, tedes que crear as composicións orixinais nas que:
- denunciedes a violencia contra as compañeiras ou as mulleres en xeral.
- mostredes a igualdade de xéneros á que temos que aspirar.