Amosando publicacións coa etiqueta Lectura e familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura e familias. Amosar todas as publicacións

24/06/24

Bo verán

 PECHADO POR VACACIÓNS

     

      Chegou a hora de pechar as portas da nosa biblioteca ata o próximo curso. Queremos dar as grazas a todo o alumnado, ás familias e a toda a comunidade educativa por converter a nosa biblioteca nun lugar vivo no que se fala, comparte e aprende sobre lecturas e a vida en xeral.
     Queremos facer unha mención especial a todo o alumnado que participou no programa de voluntariado na biblioteca. En setembro, poderedes recoller o voso diploma de acción voluntaria na biblioteca escolar.
      Ademais, como este verán decébranse os Xogos Olímpicos e a Eurocopa, fixemos unha última selección de lecturas deportivas para que desfrutedes da lectura en familia no voso tempo de lecer.


      Tamén podedes levar á praia ou á piscina os vosos libros en versión dixital grazas á plataforma ELBE.2


     Vémonos en setembro para compartir as vosas lecturas refrescantes e para todo o que queirades. A biblioteca espéravos cos brazos abertos. 😊

14/06/24

Roterio por Marineda

 ROTEIRO CON EMILIA POR MARINEDA

       No día de hoxe as familias que forman parte do club de adultos(dentro do programa Lectura e Familias) fomos percorrendo Marineda da man de Xulia Santiso tras a lectura da Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Grazas a este roteiro pudemos sentirnos aínda máis adentro da obra pois sentíamonos como Amparito. Ademais, puidemos achegarnos a toda a obra desta escritora na que aparece Marineda reflectida con todo tipo de detalles. 
      Comezamos no Xardíns de San Carlos. Grazas a Xulia, tivemos o privilexio de ver as vistas desde o balcón do Archivo do Reino de Galicia. Alí coñecemos o Marineda na infancia de Emilia que era "un navío en cuyos cordajes y arboladura no cesaba de engolfarse, de silbar, de rugir, la furiosa ventolera"


      Despois, acercámonos á porta de Carlos V e Xulia contounos datos curiosos sobre a consideración que se tiña nesa época sobre o verdugo e sobre a propia porta. 


      Seguimos a nosa andaina ata chegar á igrexa de Santa María Magdalena para poder coñecer a historia dos adorantes que nos vixilan desde o pótico da igrexa. Tamén observamos a parte trasera da casa museo para poñernos na pel de Emilia cando miraba pola fiestra.


      A seguinte parada foi na entrada da casa museo Emilia Pardo Bazán. Por desgracia está en obras e non puidemos entrar, pero queda pendente para cando volva a estar aberta. Nela descubrimos a historia familiar de Emilia e serviunos para entender mellor o seu carácter único que rompeu moldes. Tamén afondamos a través dun discurso que dou Pardo Bazán en 1884 sobre a evolución da "Sociedade del Folk-lore Gallego" á Real Academia Galega.


     Abandonamos o "Barrio de Arriba" para pararnos na praza de María Pita pois "el páramo de Solares no divide a Marineda solo en lo físico, sino en lo moral también". Foi impactante ver fotografías da época nas que a praza non existía.


     Paseando chegamos ata Rego de Auga e teorizamos sobre cal era realmente a casa na que Emilia pasou os primeiros anos da súa vida.



     Continuamos facendo paradas no teatro Rosalía de Castro, nas galerías da Mariña. Despois, percorremos a rúa Real falando do circo de artesáns e do Sporting club Casino (chamado naquel momento "la pecera") ata que chegamos ao café Oriental e o hotel PAlace que funcionou ata 1967. Nese punto tamén estivemos a falar do paseo de Filas que tanto nos chamara a atención ao ler A Tribuna.


       O roteiro finalizaou aos pés do monumento a Emilia Pardo Bazán que está nos Xardín de Méndez Núñez. Allí puidemos observar como Emilia está mirando cara a cidade preparada para anotar coa súa pluma todo o que lle chame a atención. 



      Moitísimas grazas a Xulia por facernos tan ameno o percorrido por Marineda e compartir con nós tantos datos e anécdotas de Emilia. Estamos desexando profundizar na súa obra. 

13/05/24

XXV aniversario do IES Afonso X o Sabio

 XXV ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO

     Este fin de semana tivo lugar o XXV aniversario do noso instituto. Para iso, preparamos unha selección de exposicións das diferentes actividades que se levan a cabo na biblioteca

  • Os clubs len... onde aparece unha selección das obras lidas este ano nos diferentes clubs de lectura que se coordinan desde a biblioteca: manga, literatura comparada, matemático, xadrez, ecleéctico, LGTBIQ+...


  • Que veñen as letras, onde aparece a escolma bibliográfica que se está a realizar para celebrar o día das Letras Galegas.


  • Homenaxe a Akira Toriyama, recollendo unha escolma das creacións que fixeron os nosos alumnos para celebrar o día do cómic en marzo.



  • Viaxar é unha aventura




   Durante o sábado, realizamos obradoiros de escritura incluído no programa Lectura e familias para facerlles partícipes do proxecto "a historia da escritura" e así que experimentaran de primeira man o que é a escritura en pergamino, papiro e arcilla 





   Ademais, queriamos que se levaren un recordo e puideorn elaborar diferentes marcapáxinas.



   Tamén, preparamos unha selección de lecturas para desfrutar en familia nunha nova ubicación do recuncho familiar.



09/02/24

Namórate da lectura por San Valentín

NAMÓRATE DA LECTURA

       Nun día como o 14 de febreiro, no que se conmemora o amor, pásate  despois do entroido outro ano máís pola biblioteca para celebrar o amor pola lectura e atrévete a ter unha cita a cegas con algunha das recomendacións que os membros dos clubs deixaron preparadas para vós.




        Ademais, para abrir boca, deixamos unha selección de lecturas que podes atopar na nosa biblioteca e que celebrar todo tipo de amores.



31/01/24

30 xanerio:día da paz e a non violencia

DIN NON Á VIOLENCIA



      Na celebración do día da paz tiveron lugar na biblioteca os primeiros encontros de Bibliotecas humanas nas que visitaronnos persoas de nacionalidades que na actualidade están en conflicto (Ucrania, Palestina) para que o noso alumnado coñeza de primeria mán os horrores da guerra. 

        Relacionado co non á violencia, os membros dos clubs de lectura fixeron unha escolma de obras do noso catálogo no que se aborda desde diversas perspectivas os conflictos bélicos e que podedes levar en empréstito para casa.

      Ademais, repartimos as nosas mochilas viaxerias (incluídas no programa de Lecturas e familias) para repartir paz entre o alumnado con lecturas e películas que serviran para expandir os ideais necesairos para vivir nunha sociedade que rechace a violencia e acepte a todo o mundo, indendentemente de orixe, credo ou orientación.  



19/06/23

Lectura e familias: podcast e libros

FALANDO DE LIBROS NAS ONDAS

      Como estamos chegando ao final do curso, queremos compartir con vós algúns dos podcast que fixemos nos clubes de lectura gracias a nosa participación no programa de Lectura e Familias. Neles poderedes atopar recomendacións lectoras para este verán e poderedes coñecer figuras tan importantes da literatura como Lorca:

      Esperamos que desfrutedes da escoita tanto como nós desfrutamos da grabación. Ademais, se vos chama a atención isto da radio estade atentos o próximo ano porque estamos a preparar sorpresas moi interesantes que necesitarán da vosa colaboración.



14/06/23

Lectura e familias: obradoiro con Xulia Pisón

   EXPRÉSATE A TRAVÉS DA ILUSTRACIÓN

        Onte tivo lugar a última sesión do programa Lectura e familias. Non houbo mellor maneira de pechar este curso que coa presenza de Xulia Pisón, que desenvolveu con gran maestría o obradoiro de ilustración. Neste tempo que se nos fixo moi curto, ensinounos a expresarnos a través da ilustración. Tanto os membros dos clubs de lectura como as familias que se achegaron a este obradoiro aprendemos moitos trucos grazas a Xulia e comprendemos que o debuxo é un bo canle para poder expresar todo aquilo que non somos capaces de manifestar doutro xeito.


         Moitísmas gracias a Xulia e a todos os que vos achegastedes a biblioteca para participar neste incrible obradoiro.    

10/06/23

Lectura e familias: Roteiro sensitivo

DE PASEO CON ANTONIO M. FRAGA

        No día de hoxe activamos todos os nosos sentidos para acompañar a Antonio M. Fraga polas ubicacións na que se desenvolve a súa obra Santoamaro, que lemos en varios dos clubs de lectura. Comezamos este roteiro na estatua de Portier no Campo da Leña. Alí propúxonos unha viaxe intensa que percorreu as sensación que os doce personaxes da sua obra acumularon ao longo do seu verán para interpretar colectivamente a súa historia.



       A segunda parada foi no Barco de papel, lugar onde naceu este verán que describe na súa obra entre panos de papel, un termo de café e un calefactor de butano en pleno inverno. Alí comezamos co sentido do gusto para levar o verán a ese cuarto de inverno. Invitounos a sementes de xirasol pois sempre as asociou ao verán e á adolescencia. Entre o triscar das cáscaras, avanzamos ata a seguinte parada deste roteiro.

        No Campo de Marte, tivemos que activar o sentido do olfato para poder asociar unha estación por cada caixa de olor que nos entregou. 

         Continuamos a nosa andaina sensorial cara á praia de Santo Amaro ao longo da rúa da Torre ate o Paseo Marítimo. Alí paramos nun miradoiro improvisado desde o cal tíñase nunha perspectiva completa do escenario de Santoamaro. Ademais, entregounos fotografías que falan da historia desta paisaxe e de como a acción do ser humano cambiouna orremisiblemente. 

        A quinta parada foi na curva do Club do Mar. Esa foi a ubicación escollida para falar do sentido do ouvido pois a música ten unha importante presenza nesta obra. Ademais, de escoitar a canción Tijeras que se menciona no libro, Antonio Manuel invitounos a engadir cancións a esa playlist que creou coa banda sonora da novela. 

       A derradeira parada foi na praia de Santo Amaro, o único escenario da obra. Alí convidounos a esquecer o frío e descalzarnos para sentir o tacto da area nas plantas dos pés pois ese tacto é unha das sensacións que asociamos co verán. Ademais, vaciamos tres botellas con area de tres parias que para el foron importantes (Oza, Cabanas e Centroña) para completar o ritual mentres que lía un derradeiro texto co que pechamos a andaina.

        Foi unha experiencia marabillosa na que desfrutamos da compañía de Antonio M. Fraga e deste viaxe sensitivo. Moitas grazas a Antonio e a todos os membros dos clubs de lectura e familias que viñeron este sábado con nós.         


06/06/23

Lectura e familias: Encontro con Antonio M. Fraga

 ENCONTRO CON ANTONIO M. FRAGA

        


        No día de hoxe tivo lugar na biblioteca do noso centro outra sesión do programa Lectura e familias na que nos acompañou o escritor Antonio Manuel Fraga para falar da súa novela Santoamaro. A este encontro non só viñeron familias, senón que tamén aproveitaron esta oportunidade membros dos clubs de literatura comparada e adultos. Tivemos unha charla moi amena na que nos explicou cal foi o proceso creativo que tivo como resultado este híbrido entre narrativa e teatro. Ademais, pudemos facerlle miles de preguntas sobre os personaxes e a acción de Santoamaro.

        

        Desde a biblioteca, queremos agradecer a Antonio que nos fixera pasar tan bo rato falando de literatura. Ademais, todo isto non sería posible se non se involucraran as familias e o alumnado. Moitas gracias a todos pola vosa asistencia. Lembrade que o próximo sábado en A Coruña terá lugar o roteiro sensitivo relacionado con esta lectura. Esperamos que vos apeteza vir con nós.

24/05/23

Lectura e familias (xuño)

 VEN A COÑECER A ANTONIO M. FRAGA e XULIA PISÓN

        Dentro do programa Lectura e familias, no mes de xuño teremos a honra de poder compartir co escritor Antonio M. Fraga dúas sesións e unha sesión con Xulia Pisón; todas elas moi interesantes: 

  • O 6 de xuño na biblioteca intercambiaremos impresións co autor sobre a súa obra Santoamaro nunha mesa redonda, onde ademais falaremos de mocidade, de creación e de literatura familar.
  • O 10 de xuño realizaremos na súa compañía un roteiro sensitivo cara Santoamaro desde o Campo da Leña ata a praia de Santo Amaro. O autor propóñenos unah viaxe intensa que percorrerá as sensación que os doce personaxes da súa obra acumularon ao longo do seu verán.
  • O 13 de xuño levarase a cabo un obradoiro de ilustración dirixido por Xulia Pisón para aprender a debuxar en familia e poder expresar a través de viñetas os nosos sentimentos
      

      Desde a biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario.

Lectura e familias: biblioteca colaboradora

BIBLIOTECA E FAMILIAS UNIDAS

        No día de onte tivemos outra sesión máis do programa Lectura e familias: A biblioteca como colaboradora das familias. Cristina Ameijenta (directora da biblioteca municipal do Ágora de A Coruña) explicounos detidamente como a biblioteca pode converterse en punto de encontro para toda a familia gracias ás múltiples actividades que ofrece. Ademais, estivemos a reflexionar todos sobre os motivos que nos levaron a achegarnos á lectura e aos libros e como podemos atopar o libro perfecto para cada lector, independentemente de que teña o hábito adquirido ou non. 



        Para poder poñer en práctica todo sobre o que estivemos a falar e que existe un libro para cada un de nós, Cristina tróuxonos una selección de lecturas de toda índole que tedes á vosa disposición na nosa biblioteca. 






16/05/23

Lectura e familias: banda deseñada

APROXIMACIÓN Á BANDA DESEÑADA

        Hoxe tivemos outra sesión do programa Lectura e familias: Aproximación ao mundo da banda deseñada. Outra forma de potenciar a lectura. Toño Vilaverde ofreceunos un percorrido pola historia da banda deseñada e axudounos a elimiar prexuízos que temos con este tipo de literatura (como que é un cénero para nenos e demasiado sinxelo). Ademais, ofreceunos diversas estratexias para poder atopar a banda deseñada para cada membro da familia.



        Desde a biblioteca, queremos agradecer a Toño a amena charla na que compartíu con nós os seus amplísimos coñecementos do mundo da banda deseñada. Tamén queremos dar as grazas ás familias por participar e facer posible un enriquecedor intercambio de opinións.  

        A continuación, deixamos unha pequena mostra das lectura que nos recomendou Toño e que podedes atopar na nosa biblioteca, aínda que hai moitísimas máis.




08/05/23

Adiada a charla A lectura tamén é para xente de ciencias

 

 ADIADA A CHARLA A LECTURA TAMÉN É PARA XENTE DE CIENCIAS



       Por cuestións alleas á biblioteca, a charla A lectura tamén é para xente de ciencias incluída no programa Lectura e familias que tería lugar mañá martes 9 de maio trasládase ao mércores 27 de maio á mesma hora e no mesmo lugar. 
       Desculpade as molestias ocasionadas.

28/04/23

LECTURA E FAMILIAS maio

 LECTURAS E FAMILIAS


        Neste mes de maio, disfrutaremos na biblioteca do noso centro das seguintes charlas a partir das 18:30 horas:

  • Martes 9 de maio: A lectura tamén é para xente de ciencias. Dante de Eldrich Gate faranos adentrarnos nos xogos que están conectados coa literatura para que aprendamos a xogar e ler en familia. 
  • Martes 16 de maio: Aproximación ao mundo do cómic/banda deseñada: Outra forma de potenciar a lectura. Nesta ocasión, exploraremos da man de Toño Vilaverde as posibilidades que ten a banda deseñada para acercar a lectura á adolescencia. Ademais, ofrecerá estratexias varias para poder atopar a banda deseñada para cada membro da familia.
  • Martes 23 de maio: A biblioteca como colaboradora das familias. Cristina Ameijeiras explicaranos como a biblioteca pode converterse en punto de encontro para toda a familia gracias ás múltiples posibilidades que nos ofrece. 

        Desde a biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario

24/04/23

Charla banda deseñada adiada

 ADIADA A CHARLA SOBRE BANDA DESEÑADA


        Por cuestións alleas á biblioteca, a charla sobre banda deseñada que tería lugar mañá martes 25 de abril trasládase ao 16 de maio á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpade as molestias.

19/04/23

Lectura e familias: manga

 APROXIMACIÓN AO MANGA 

        Onte tivemos a primeira sesión do programa Lectura e familias: Entender o manga. Introdución e orientacións para toda a familia. Lara Portela ofreceunos un percorrido polos diferentes xéneros que existen dentro do manga e dounos trucos para poder diferenciar o manga para adolescentes do manga para adultos e pautas a ter en conta cando nos aproximamos á este tipo de literatura (como a brecha de xénero ou a sexualización feminina).


   

















        Desde a biblioteca, queremos agradecer a Lara a amena charla na que compartiu con nós os seus amplos coñecementos do mundo do manga. Tamén estamos dar as grazas ás familias por participar e facer posible o intercambio de opinións sobre este tema.

        A continuación, deixamos unha pequena mostra das lecturas que nos recomendou Lara e que podedes atopar na nosa biblioteca, aínda que hai moitas máis:

Manga para adolescente (tanto Shomem como shojo)

Manga para adultos (tanto seinen como yosei)

11/04/23

Lectura e familias (abril)

 LECTURA E FAMILIAS


A biblioteca organizará ata final de curso unha serie de xornadas para fomentar a lectura de toda a unidade familiar que se inclúen dentro do programa da consellería de Educación “Lectura e familias”.

Nas últimas semanas de abril, disfrutaremos das seguintes charlas na biblioteca do noso centro a partir das 18:30 horas:

  • Martes 18 de abril: Entender o manga: Introdución e orientacións para toda a familia.




Para poder comprender os diferentes tipos de manga que existen e poder seleccionar con criterio as nosas lecturas entre a enorme variedade que ofrece o mercado, conversaremos con Lara Portela, librera especializada na materia e que compartirá con nós nocións básicas para poder apreciar este mundo literario propio da cultura xaponesa que está vivindo un auténtico boom na actualidade.



  • Martes 25 de abril: Aproximación ao mundo do cómic/banda deseñada. Outra forma de potenciar a lectura.




Nesta ocasión, exploraremos as inmensas posibilidades que ten a banda deseñada para poder acercar a lectura á adolescencia, unha xeración eminentemente visual. Para iso, contaremos co Toño Vilaverde, voz experta en cómic europeo e americano, quen ofrecerá estratexias varias para poder atopar a banda deseñada adecuada para cada lector.

Desde a Biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario