Amosando publicacións coa etiqueta Historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Historia. Amosar todas as publicacións

24/05/22

Exposición na biblioteca: Un día na vida de...


         

Estes días podedes visitar na biblioteca a exposición dos traballos realizados polos grupos de 2º ESO na materia de Xeografía e historia. 

Esta actividade de transformismo histórico consiste en imaxinar como sería a nosa vida na Idade Media.

Os rapaces tiveron que poñerse na pel do campesiñado, da nobreza, dun monxe, dunha abadesa ou dun mercador. Unha vez elixido o grupo social ao que pertencen, o alumnado investigou como transcorrería un día calquera: onde viviron, como era a súa vivenda e de que partes constaba, cal era a base da alimentación naquela época, como era a vestimenta, o traballo, se é o caso, e as formas de ocio e diversión.

Porque a Historia medieval tamén pode ser divertida!

11/05/22

Cartas desde Mazaricos: Intercambio CPI da Picota e IES Afonso X

 

Xa chegaron ao noso centro as cartas desde a trincheira que nos enviaron os alumnos e alumnas do CPI da Picota de Mazaricos.  Eles e elas tamén formaron parte deste proxecto interdisciplinarentre as materias de Lingua Castelá e Historia.

A profesora Iria Collantes fixo de correo intercambiando as cartaas e mesmo montou a exposición in situ como vemos nas imaxes. 

                 

Foi unha ledicia para os dous centros implicados recibir as cartas de soldados, enfermeiras e médicos desde as trincheiras.

Estas fotografías así o amosan. Unha maneira fermosa de compartir vivencias e sentimentos. 

Grazas por todo ao 4º ESO de A Picota e aos 4º ESO do Afonso X O Sabio!



25/04/22

Cartas desde a trincheira


Cartas desde a trincheira é o resultado dun proxecto colaborativo entre os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura castelá. 

O froito desta colaboración é a exposición de cartas realizadas polo alumnado de 4º ESO e que amosamos a partir desta semana na biblioteca do centro. 

A I Guerra Mundial desenvolveuse principalmente entre as trincheiras. O alumnado tivo que meterse na pel daqueles soldados, enfermeiras ou médicos que narran as súas vivenzas a través das cartas enviadas aos seus seres queridos desde as trincheiras. 

Nesta actividade de transformismo histórico, o alumnado emapapouse, para a súas creacións, de vídeos sobre a vida nas trincheiras, de fontes reais da época, ademaís da da exposición sobre a I Guerra Mundial realizada en 2018 polo departamento de Historia, cando se cumprían os cen anos dun acontecemento que mudou a historia de Europa. 

Amosamos aquí algunhas destas cartas:

Cartas ás súas familas, aos seus amadas e amados, que contan a vida nestes buratos donde transcurría a vida entre as ratas, buratos donde o medo e  a morte estaban moi presentes.

06/03/22

Un ano máis: Reporteiros viaxeiros

 Desafíos y oportunidades de la industria de viajes - Agencia UNE

 Un ano máis cos nosos Reporteiros viaxeiros

Nesta ocasión, cun programa especial dedicado ás cidades do mundo. O alumnado de 2º ESO F animouse a presentar esta nova e intensa edición que pecha a Xeografía deste curso. 

Cuns animosos presentadores e un sinfín de reporteiros e reporteiras percorremos lugares tan diversos como Venecia, Sidney, Seúl, Palmanova, Londres, Bilbao ou Kioto- Nagoya entre outros. Con todos eles coñecemos os planos que presentan as cidades así como lugares a visitar nestas. 

Sabías que nalgunhas destas cidades están moi presentes algúns dos máis coñecidos superheroes do comic?

Animámosvos a atopar aos superheroes que se nomean nalgunhas das reportaxes!


29/01/22

Lectura, historia e cine

              VIVA LA REVOLUCION | ROCIO RUEDA | Casa del Libro        Viva la revolución (primeras páginas)                                                 

Se vos apetece viaxar no tempo á época da Revolución francesa, podedes facelo da man dunha lectura moi especial: "Vila la revolución" da autora Rocío Rueda.

No libro cóntase a historia da xoven raíña austríaca que ten que trasladarse a Versalles tras o seu obrigado casamento co futuro rei Luís XVI nunha época na que se fragua á revolución. 

María Antonieta vive nun ambiente de luxo e superficialidade fronteá frialdade do seu esposo e a paixón do seu romance. 

Por outro lado, o libro cóntanos a historia de Batián e Lucile, dous personaxes  que pasan necesidades nas rúas de París fronte ao ambiente de riqueza da corte francesa.

Desde a materia de Xeografía e Historia de 4º ESO, abordamos e figura da raíña María Antonieta como referente do Antigo Réxime. 

As alumnas Ainhoa Santiso de 4º ESO D e Celia Fernández e Nerea Díaz, de 4º ESO C, expuxeron a súa historia a través do visionado da película "María Antonieta". O filme da directora  Sofía Coppola, protagonizado por Kirsten Dunst  no papel da raíña, podedes atopalo a partir desta semana na biblioteca do noso centro. 

Na imaxe: Exposición de Ainhoa na clase de 4º ESO C.  Abaixo, un visual thinking creado pola alumna para contarnos o argumento da película.

                       

                       

Desfrutade da lectura e da película!

11/10/21

O Rei Sabio: 800 anos do seu nacemento

 


Este ano, 2021, conmemoramos o 800 aniversario do nacemento do rei Afonso X O Sabio. Como IES que leva o seu nome, o alumnado do curso pasado de  2º de ESO levaron a cabo unha reportaxe en vídeo sobre esta figura histórica. 

Os afonso- reporteiros  informan sobre a Plena Idade Media, a época na que viviu o Rei Sabio, así como a súa biografía e a súa obra. Esta foi moi prolífica, abarcando diversas ramas do saber e  destacando a súa obra poética-musical, as Cantigas de Santa María.

A reportaxe contempla un roteiro polos lugares cercanos a Cambre que están  ligados á figura do rei: a vila medieval de Pontedeume, o mosteiro de Caaveiro e de Monfero e o museo de As Mariñas en Betanzos. 

Os afonso reporteiros son: Heba, Adriana, Andrea, Noa, Hugo, Alejo, Paola, Nerea, Alejandra e Lautaro. Todos eles son alumnos e alumnas de 3º ESO neste curso que acaba de comezar.

Algúns dos momentos da gravación: 





07/03/13

historia en 2 minutos



Só dos minutos e a historia do mundo de principio ata hoxe. Impactantes imaxes que paga a pena ver.

01/03/12

Cómics: novidades de marzo do 2012

     Mr. Lone Ranger, I suppose...

  O Departamento de Historia tivo a ben incorporar tres novos títulos á nosa biblioteca de cómics de Biblioafonso. Dese modo Giardino e Tardi están con nós por fin, e Hugo Pratt repite ( e van...).
   Os tres álbumes teñen como fondo a guerra, se ben son tres guerras diferentes,  e todas do s. XX, a maior gloria da humanidade: a I Guerra Mundial (Tardi), a Guerra Civil española (Giardino) e a II Guerra Mundial (Hugo Pratt).
   Tardi é un autor francés recoñecido mundialmente (a recente película sobre "Adèle" está baseada nunha saga creada por el, inspirada de lonxe pola saga tintiniana, unha das súas dúas obsesións: a outra é a I Guerra Mundial da que o seu avó tantas historias lle contaba, e así), e éste ( La Guerra de  las Trincheras) un famoso album dedicado aos desastres da "Gran Guerra" onde é difícil non respirar ese aire antimilitarista tan de Tardi.
   A obra do italiano Giardino -outro gran autor, que por certo estivo aquí na Coruña fai uns tres anos na Semana do cómic- é a recente triloxía "integral" (¡No pasarán!) na que o seu personaxe Max Fridman, de sangue xudeo como a muller do propio autor, se move dentro da España da Guerra Civil. Esta nova edición que inclúe as tres partes posibilita agora unha nova lectura, completa, sen interrupcións dos novos movementos do melancólico Fridman na guerra na que Hugo Pratt pretendía que Corto Maltese "desaparecera" (que non morrera).
   Por último, o primeiro volume da saga de Hugo Pratt de Los Escorpiones del Desierto. O ambiente é a II Guerra Mundial en África: desertos tipicamente prattianos, o cínico Koisnky, a aparición de novo do africano Cush, que xa paseara antes pola saga de Corto Maltese, o fascista italiano Stella... Este volume I leva dentro as dúas primeiras historias da saga. A primeira historia foi iniciada por Pratt en 1969, e rematada en 1973, en branco e negro aínda que agora Norma se empeñe de novo en colorear o que sabe de sobras non debería colorear. A segunda  (tamén orixinalmente en branco e negro, pero xa se sabe...) é de 1975. Despois Pratt iría mellorando esta serie, soltándose graficamente. Esta saga non ten a fama que ten a de Corto, pero non queda atrás, polo menos a partir da terceira entrega que aínda non temos. (Finalmenmte, trala morte de Pratt, a serie quedou en mans de non se sabe qué debuxante: Deus nos colla confesados, queridos amigos).
   Vae victis!

24/01/11

"Persépolis", cómic de Marjane Satrapi (con peli)

"Persépòlis" é un cómic en branco e negro dun respectable número de páxinas nas que a ata entonces ilustradora de contos para nenos, a iraní residente en Francia Marjane Satrapi, conta a súa vida no Irán da revolución islamista e logo na Europa á que chega non só para estudar...

O cómic, premiado no seu momento en Angulema, chega a existir como tal pola influencia do autor de banda deseñada francés David B. , moi famoso no noso país pola publicación do seu "La ascensón del gran mal". Se un se toma a molestia de ver as primeiras ilustracións do album de Satrapi, que non son dela senón de David B., notará sen dificultade a visible pegada do francés sobre a iraní. Chegaron a debuxar no mesmo estudio, e foi el quen animou a Satrapi a pasarse á linguaxe da banda deseñada.

¿O resultado? Ben, podemos falar disto desde dúas perspectivas:

Primeira: Este cómic tivo un indubidable éxito internacíonal, ata o punto de que acabou facéndose unha boa película de animación que case logra o Oscar, e que tes á túa disposición na nosa biblioteca, por descontado. ¿Éxito debido a que? Fundamentalmente ao que se conta: Irán, o fundamentalismo, a conculcación dos Dereitos Humanos, a loita da familia da protagonista e de ela mesma para conseguir algo de aire respirable, etc. Iso gusta, parece. Talvez porque é contado por alguén non occidental. Probablemente non hai colexio nin IES en Galicia que non teña esta obriña -outra cousa é que sexa leída: estamos nunha época na que os cómics entran nas biblios escolares, pero aínda non chegou o tempo de que sexan sequera vistos por fóra polos profes, e os alumnos só len manga do malo, témome-. Correción política, mesmamente. Pedagoxía. Divulgación. Non sabe un... ¿E o premio de Angulema? Apertura de novos mercados, e ben pensada. Resultou: que lles pregunten se non aos da editorial Norma. É un fenómeno editorial no mundiño do cómic equivalente ao de Harry Potter no da novela.

Segunda: Desde o punto de vista do cómic, da linguaxe do cómic, carece case de valor. É unha debuxante naif, inxenua, pero sen demasiado encanto, que vai sen saber moi ben onde de páxina en páxina. Primeiramente publicou algunhas planchas, e como resultaba, animouse ou foi animada a seguir. O lector ten a sensación de que vai engadindo viñetas e episodios sen ter unha idea global de obra, de album. O sentido da páxina é practicamente inexistente, non sabe debuxar coches, nin cidades, non é quen de aproveitar máis a súa capacidade de utilización de elementos decorativos para poñelos a traballar no desenvolvemento da historia, hai un claro desaxuste no ritmo e na elección de sucesos significativos, etc. Falta oficio, en definitiva, e a frescura do autor naif acaba por perderse pasadas certo número de escenas.

Pero non é necesario que sexa o mellor cómic ao Oeste do Pecos para que un teña un motivo para lelo. É unha obra interesante a pesar dos pesares, e "funciona" bastante ben para facer se chegara o caso un traballo da "área de sociais": política, ética, historia, socioloxía, diferencias culturais, cultura relixiosa, etc. Iso si, o filme é bastante mellor, probablemente porque a señora Satrapi tivo que traballar cun equipo e someter a idea orixinal a unha reelaboración que non podía senón mellorar algo que pedía a gritos ser mellorado.

Ou así.


Por certo, na nosa biblioteca temos tamén un album no tan extenso e que leva por título "Pollo con ciruelas". Ao parecer había intención de convertila tamén en película, mais non sabemos en que quedou a cousa...

PS: Había ou hai o proxecto dunha nova edición de "Persépolis" agora en galego. É dicir, "Persépole". Pinchando aquí teremos información sobre iso.

24/05/10

Grandes episodios desconocidos de la historia


Joseph Cummins. Grandes episodios desconocidos de la historia. Madrid, Planeta, 2010.

O leproso que se converteu nun dos reis máis soados de Terra Santa; o explorador medieval que viaxou por Asia e chegou máis lonxe que Marco Polo, pero en sentido contrario; a vitoria inverosímil de Rusia sobre o dominante Imperio sueco que cambiou de forma permanente o equilibro de poder na Europa do Leste; a sanguenta revolución chinesa ocorrida un século antes de Mao e que ocasionou a segunda cifra máis alta de vítimas mortais da Historia, só superada pola segunda guerra mundial…


Estes son só algúns exemplos dos fascinantes sucesos que cambiaron o mundo e dos que sa dá conta neste interesante libro. É unha oportunidade para descubrir lugares exóticos, líderes asombrosos e conflitos pouco coñecidos que modificaron o noso panorama xeopolítico para sempre. Estas historias están apoiadas en abundantes fotografías, ilustracións e mapas informativos.

24/01/10

Facendo historia con memoria


O pasado mércores 20 de xaneiro foi presentado na Coruña o novo libro do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto titulado Facendo memoria con historia. Editado por 3C3 na súa colección Vilarnovo que dirixe Amancio Liñares. Foi precisamente o editor que fixo de mestre de cerimonia no acto que contou coa presenza de Ernesto Sánchez Pombo, xornalista, Manolo Martínez Barreiro, historiador e xornalista e o propio autor.

A presentación do editor foi moi agarimosa cos presentes e sobre todo cos seus amigos da mesa posto que tres dos catro pertencen á promoción do 84 da facultade de Historia. Tamén as palabras de Sánchez Pombo e de Manolo Barreiro foron, ademais de laudatorias sobre o autor, moi reflexivas sobre a necesidade de facer presente a historia, especialmente a historia esquecida conscientemente polo franquismo xa que como se di no libro:

Este libro trata do noso pasado máis incómodo, daquel que aínda está vivo entre os sobreviventes, cada vez máis escasos, e que fica descoñecido entre os máis novos. Máis que descoñecido, deformado. Tamén aborda algúns dos problemas que hoxe temos con el. O golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da Vitoria franquista distan moito de ser un pasado coñecido”.

A portada, impresa cunha excelente calidade, conta cunha fotografía na que aparecen, o 14 de abril de 1936 na Coruña, o gobernador civil e a súa dona, un xeneral de brigada e o alcalde da cidade. Todos eles serán fusilados semanas despois.