Skip to content
View Vigo404's full-sized avatar

Block or report Vigo404

Block user

Prevent this user from interacting with your repositories and sending you notifications. Learn more about blocking users.

You must be logged in to block users.

Content in all repositories owned by your account will be closed.
Maximum 250 characters. Please don’t include any personal information such as legal names or email addresses. This note will only be visible to you.
Report abuse

Contact GitHub support about this user’s behavior. Learn more about reporting abuse.

Report abuse
Vigo404/README.md

👋 Vigo404

Comunidade tech en galego de Vigo. Sen sede, sen cotas, sen trámites.

Aquí non hai currículos nin carteis de "networking". Hai xente que programa, que aprende, e que despois pecha o portátil e sae tomar algo. Vigo404 é iso: un sitio onde xuntarse, falar galego sen ter que xustificalo, e compartir o que sabes con quen queira aprendelo.

Por que existe

Porque en Vigo faltaba un sitio así: lixeiro, sen asociación nin papeleo, só pra xuntar xente que programa e quere falalo en galego. Non temos anos de historia nin un evento aínda, o que temos é un grupo de Telegram e as ganas de construír isto con quen se anime.

No que cremos

  • Tratar á xente coma xente. Sen xerarquías raras, sen postureo.
  • Falar galego. Sen pedir desculpas por iso.
  • Compartir, non gardar. Coñecemento, experiencias, código.
  • Nada de trámites. Sen sede, sen cotas, sen burocracia, entrar é un clic.

Únete

Todo pasa nun sitio, sen ruído:

💬 Telegram

Sen spam, sen carreiras de "quen sabe máis". Só a comunidade.

Feito en Vigo, Galiza.

Popular repositories Loading

  1. Vigo404 Vigo404 Public

  2. Vigo404-Web Vigo404-Web Public

    Forked from IgleDev/Vigo404

    Astro