Hoxe, o alumnado de 4º estivo repasando as comunidades autónomas de España. O fixeron dun xeito moi divertido e ameno, usando as placas Makey Makey e programando con Scratch.
martes, 18 de marzo de 2025
martes, 17 de diciembre de 2024
4º de primaria traballa linguaxe de programación
Hoxe, o alumnado de 4º estivo na biblioteca xogando nos distintos recantos cos diversos xogos sobre linguaxe de programación.
Encantounos!
viernes, 6 de diciembre de 2024
Croma e Genially para o Día da Ciencia en 4º de primaria
O pasado luns día 2, celebramos no cole o Día da Ciencia a cargo do alumnado de 4º. Todas as nenas e nenos do cole foron pasando pola biblioteca en quendas para poder desfrutar dos experimentos que se foron amosando.
Os experimentos foron o resumo dun duro traballo de investigación que prepararon nas clases de ciencias xunto co profe Emilio.
Parabéns a todas e todos polo ben que o fixéchedes!
Para visualizar os experimentos, facede click enriba do nome de cada un e poderedes ver o estupendo traballo que realizaron.
domingo, 13 de octubre de 2024
Linguaxe de programación e robótica en 4º de primaria
Comezamos o curso repasando as normas de uso e comportamento na biblioteca e tamén descubrindo novos recantos e actividades que podemos facer nela.
Nesta ocasión, aprendemos a programar os Zowi, a dirixir as Sphero Mini, así como desfrutamos doutros recantos como o Lego e o xogo dos vasos.
lunes, 6 de mayo de 2024
Linguaxe de programación e pensamento computacional en 4° de primaria.
Hoxe gozamos dos recantos da biblio. Xogamos coa Osmo Pizza e co Concept. Tamén traballamos a linguaxe de programación e o pensamento computacional co Turttles, coas Osmo Coding e cos ratos robot.
martes, 9 de abril de 2024
Magic T-Shirt e Merge Cube en 4° de primaria
Como nos gustou ver e descubrir o noso corpo coa camiseta que lle vestimos ao esqueleto e a aplicación Magic T-Shirt. Tamén usamos os Merge Cube que nos deron unha morea de información sobre os órganos.
sábado, 24 de febrero de 2024
Croma en 4° de primaria
Gravamos unha serie de videos coa temática da visita ao concello que fixeron dentro do programa “Aprende Moaña” e coa técnica do croma, van editar esos videos cambiando o fondo verde por outro que elaboren.
Xa veredes o resultado!
sábado, 28 de octubre de 2023
Libre Office Impress en 4º de primaria para as Ciencias
Na aula de 4º estamos a traballar sobre a froita que se consume no outono. Buscamos información sobre esas froitas típicas en distintas páxinas de internet, e agora, estamos a preparar un Libre Office Impress nos ordenadores con esa información.
Vainos quedar moi chulo!
lunes, 2 de octubre de 2023
Merge Cube para traballar o corpo humano en 4º de primaria
Na aula estamos a traballar sobre o noso corpo. Fixemos uso dos Merge Cube, coa aplicación Mr. Body, para profundizar sobre o aprendido dun xeito moi atractivo e lúdico. Gustounos moito!
martes, 28 de febrero de 2023
Toontastic na aula de 4º de primaria
Os nenos e nenas de 4º creamos un Toontastic que recolle as conclusións as que chegamos logo de buscar información sobre o Día Escolar da Paz en diversas páxinas web.
Mirade que fermosos quedaron.
jueves, 22 de diciembre de 2022
Paint, Tux Paint, Canva e Typorama para felicitar o Nadal
Que fermosas tarxetas fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º coa aplicación Paint para desexarnos un Bo Nadal e unhas felices festas.
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria deséxanvos unhas felices festas con estas tarxetas elaboradas coa aplicación Paint.
O alumnado de 5º elaborou unhas fermosas postais coa aplicación Tux Paint e o alumnado de 6º coa aplicación Canva. Todos e todas queren desexarvos un Bo Nadal.
martes, 15 de noviembre de 2022
4º de primaria crea un cómic coa aplicación Strip Design
viernes, 14 de octubre de 2022
Strip Design en 4º de primaria
jueves, 5 de mayo de 2022
Robot ratón e escornabot en 3º e 4º de primaria
Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.
Estivo moi divertido!
jueves, 31 de marzo de 2022
Sphero Mini en 4º de primaria
Hoxe, en 4º estivemos traballando a lateralidade, a percepción espacial, as matemáticas, a colaboración e traballo en equipo e moitas cousas máis coas Sphero Mini. Montamos circuitos e fixemos rodar o robot polos diversos camiños escollidos por cada un e unha.
miércoles, 9 de marzo de 2022
Sphero Mini para traballar a organización da biblioteca en 3º e 4º de primaria
Estos días estamos traballando a organización dos distintos espazos da biblioteca para saber movernos polos distintos recantos. Aproveitamos as sphero Mini para facer a aprendizaxe máis divertida.
lunes, 14 de febrero de 2022
Merge Cube en 4º de primaria
Entramos nun espazo virtual e axudamos aos protagonistas a resolver un misterio e atopar un tesouro.
viernes, 21 de enero de 2022
SPHERO MINI EN 4º DE PRIMARIA
Aprendemos sobre os conceptos CopyRight, Creative Commons con atribucións e Creative Commons non comercial xogando coas Sphero Mini.
Encantounos!
jueves, 20 de enero de 2022
MERGE CUBE EN 4º DE PRIMARIA
Canto aprendemos sobre o corpo humano e os seus principais órganos xogando cos Merge Cube!