No patio central están expostos os traballos artísticos feitos polo alumnado do centro nas clases de debuxo de lugares icónicos da nosa cidade.
Amosando publicacións coa etiqueta arte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte b>. Amosar todas as publicacións
30/03/23
14/05/19
X SEMANA CULTURAL: VIDEOS DOS TRABALLOS DE PLÁSTICA DE 1ºESO
Aquí tedes o vídeo que realizou o alumno do Practicum de Plástica, Aarón Sabucido Represa, cos traballos do curso de 1º ESO de Plástica.
Video:
23/03/18
DÍA MUS-E 2018
Hoxe venres 23 de marzo e como antesala das vacacións de Semana Santa, celebramos o Día MUS-E 2018 no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE".
Esta celebración mostrou todo o traballado este curso dentro do Proxecto MUS-E nas disciplinas de debuxo, música e educación física incorporando as distintas expresións artísticas nestas clases.
Videos:
16/02/18
VIAXE A GRECIA 2018
Atenas vista dende a Acrópole
Vista nocturna da Acrópole
Aproveitando os días festivos do Entroido, os Departamentos de Grego e Latín do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en colaboración con outros centros escolares da cidade, organizan unha viaxe cultural a Grecia, visitando os seus lugares de interés histórico. Aquí tedes fotos enviadas polos participantes na viaxe. As profesoras son membros do equipo da Biblioteca.
Epidauro
As Cariátides orixinais no museo da Acrópole
Porta dos Leóns en Micenas
O grupo na Igrexia Bizantina de Atenas
Filipeion (Olimpia)
No museo de Epidauro
O grupo cenando en Atenas
01/12/16
TOP 10 DAS ARTES
Recordades que aló a principios do mes de outubro, lanzamos unha enquisa dentro da campaña "BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES" das Bibliotecas Escolares 2016, para coñecer cales eran as dez obras máis importantes de cada unha das artes, según o noso alumnado. As enquisas pasáronse polas aulas, e aquí están os resultados:
TOP 10: LIBRO ACTUAL
FAVORITO
|
1- “DIARIO DE
GREG”
|
2- “HARRY
POTTER”
|
3- “GERÓNIMO
STILTON”
|
4- “AFTER”
|
5- “OS XOGOS
DA FAME”
|
6- “50 SOMBRAS
DE GREY”
|
7- “BAIXO A
MESMA ESTRELA”, “NUNCA MÁIS”
|
8- “FURBOLÍSIMOS”
|
9- “O NENO
CO PIXAMA DE RAIAS
|
10- “A
TUNELADORA”
|
TOP 10: LIBRO
CLÁSICO FAVORITO
|
1- “O QUIXOTE”
|
2- “EL SEÑOR
DOS ANEIS”, “PINOCHO”
|
3- “ORGULLO E PREXUÍZO”, “O PATITO FEO”, “A HISTORIA INTERMINABLE”
|
4- “O LAZARILLO DE TORMES”
|
5- “A VOLTA
AO MUNDO EN 80 DÍAS”, "O PRINCIPIÑO”
|
6- “ROMEO E XULIETA”
|
7- “OS
CINCO”
|
8- “MULLERIÑAS”
|
9- “SHERLOCK
HOLMES”
|
10- “VIAXE AO CENTRO DA TERRA”
|
TOP 10: CÓMIC,
NOVELA GRÁFICA OU MANGA FAVORITO
|
1- “MORTADELO
E FILEMÓN”
|
2- “ASTÉRIX
E OBÉLIX”
|
3- “TINTÍN”
|
4- “ZIPI E
ZAPE”
|
5- “DEATH
NOTE”
|
6- “MAFALDA”
|
7- “NARUTO”
|
8- “DRAGON
BALL Z”
|
9- “ONE
PIECE”, “DEADPOOL”
|
10- “THE
WALKING DEAD”, “POKÉMON”
|
TOP 10: CANCIÓN
ACTUAL FAVORITA
|
1- “LA
BICICLETA”
|
2- “COLD
WATER”, “LET ME LOVE YOU”
|
3- “MAMA
SAID”
|
4- “WE DON'T
TALK ANYMORE”
|
5- “HASTA EL
AMANECER”
|
6- “TREAT YOU
BETTER”
|
7- “COLORS”
|
8- “LA
PROMESA”
|
9- “SEVEN
YEARS”
|
10- “AVIONES
DE PAPEL”
|
TOP 10: CANCIÓN
FAVORITA DOS 70, 80 OU 90
|
1- “IMAGINE”,
“LET IT BE”
|
2- “YELLOW
SUBMARINE”, “THRILLER”, “MAMMA MIA”
|
3-
“THUNDERSTRUCK”, “BILLY JEAN”
|
4- “BACK IN
BLACK”
|
5- “MAQUILLAJE”
|
6- “¿A
QUIÉN LE IMPORTA?”
|
7- “HIGHWAY
TO HELL”
|
8- “I WANT TO
BREAK FREE”
|
9- “VALERIE”
|
10- “LOVE ME
TENDER”
|
TOP 10: CANCIÓN
CLÁSICA FAVORITA
|
1- 9ª
SINFONÍA DE BEETHOVEN (O HIMNO Á ALEGRÍA)
|
2- “AS CATRO
ESTACIÓNS”
|
3- 5ª
SINFONÍA DE BEETHOVEN
|
4- “PARA
ELISA”
|
5- “O LAGO
DOS CISNES”
|
6- 7ª
SINFONÍA DE BEETHOVEN
|
7- 6ª
SINFONÍA DE BEETHOVEN
|
8- “CLARO DE
LUNA”
|
9- RÉQUIEM
DE MOZART
|
10- “A MARCHA
TURCA”
|
TOP 10: PELÍCULA
ACTUAL FAVORITA
|
1- “A FESTA
DAS SALCHICHAS”
|
2- “HARRY
POTTER”, “NUNCA APAGUES A LUZ”, “ESCUADRÓN SUICIDA”
|
3- “DEADPOOL”
|
4- “TRES
METROS SOBRE O CEO”, “BAIXO A MESMA ESTRELA”
|
5- “O DIARIO
DE NOAH”
|
6- “O SEÑOR
DOS ANEIS”
|
7- “OS XOGOS
DA FAME”
|
8- “O
HOBBIT”, “50 SOMBRAS DE GREY”
|
9- “UN
MONSTRUO VEN A VERME”, “O IMPOSIBLE”
|
10- “OS
VENGADORES”, “AVATAR”, “CORPOS DE ÉLITE”
|
TOP 10: PELÍCULA
CLÁSICA FAVORITA
|
1- “TITANIC”
|
2- “GREASE”
|
3- “FORREST
GUMP”
|
4- “PETER
PAN”, “MARY POPPINS”
|
5- “REGRESO
AL FUTURO”, “KÁRATE KID”
|
6- “A VOLTA
AO MUNDO EN 80 DÍAS”, “O REI LEÓN”
|
7- “A
CINCENTA”, “ALOMORZO CON DIAMANTES”
|
8- “ALIEN”,
“VENRES 13”
|
9- “A
PANTASMA DA ÓPERA”
|
10- “A DAMA E
O VAGABUNDO”
|
TOP 10: ESTILO
DE DANZA FAVORITA
|
1- BAILE
MODERNO/CONTEMPORÁNEO
|
2- BREAK DANCE
|
3- TWERKING
|
4- BACHATA
|
5- FLAMENCO
|
6- REGGAETON
|
7- BALLET
|
8- SALSA
|
9- JAZZ
|
10- SAMBA
|
TOP 10.
ESCULTURA FAVORITA
|
1- O PENSADOR
|
2- A ESTATUA DA
LIBERTADE
|
3- O DAVID
|
4- A VENUS DE
MILO
|
5- A ESTATUA DE
MARÍA PITA
|
6- O DISCÓBOLO
|
7- SOLDADO
ROMANO DE BOTERO
|
8- A VICTORIA
ALADA
|
9- APOLO E
DAFNE
|
10- A SIRENIÑA
DE COPENHAGUE
|
TOP 10: CUADRO
FAVORITO
|
1- A GIOCONDA
|
2- AS MENINAS
|
3- O GRITO
|
4- O GUERNICA
|
5- OS XIRASOIS
|
6- A NOITE
ESTRELADA
|
7- OS RELOXOS
BLANCOS
|
8- O BICO
|
9- O CABALEIRO
DA MAN NO PEITO
|
10- O NACEMENTO
DE VENUS
|
TOP 10: OBRA DE
TEATRO FAVORITA
|
1- ROMEO E
XULIETA
|
2- O REI LEÓN
|
3- DON QUIXOTE
|
4- PROS E
CONTRAS
|
5- CAPERUCHIÑA
VERMELLA
|
6- MAMMA MIA
|
7- OS VELLOS
NON DEBEN NAMORARSE
|
8- HAMLET
|
9- OS MISERABLE
|
10- DON JUAN
TENORIO
|
TOP 10: OBRA
ARQUITECTÓNICA FAVORITA
|
1- A TORRE DE
HÉRCULES
|
2- A TORRE
EIFFEL
|
3- A CATEDRAL
DE SANTIAGO
|
4- A ESTATUA DA
LIBERTADE
|
5- AS PIRÁMIDES
DE EXIPTO
|
6- A SAGRADA
FAMILIA
|
7- O BIG BEN
|
8- A TORRE DE
PISA
|
9- O VATICANO
|
10- O TAJ-MAHAL
|
TOP TEN:
FOTOGRAFÍA FAVORITA
|
1- O CHE
GUEVARA DE KORDA
|
2- ALMORZO NO
ALTO DUN RASCACEOS
|
3- O BICO DE
EISENSTAEDT
|
4- O BICO DE
DOISNEAU
|
5- A NENA DO
NAPALM
|
6- NENA AFGANA
DE OLLOS VERDES
|
7- O MELLOR
BANCO DO MUNDO
|
8- OS BEATLES
CRUZANDO ABBEY ROAD
|
9- ---
|
10- ---
|
AS PREGUNTAS
PARA VALENTES
|
|
CÓMIC vs
MANGA
|
CÓMIC
|
MARVEL vs DC
|
MARVEL
|
POESÍA vs
PROSA
|
POESÍA
|
O
SEÑOR DOS ANEIS vs XOGO DE TRONOS
|
O SEÑOR
DOS ANEIS
|
CREPÚSCULO
vs 50 SOMBRAS DE GREY
|
CREPÚSCULO
|
STAR WARS vs
STAR TREK
|
STAR WARS
|
CINE vs TEATRO
|
CINE
|
FOTOGRAFÍA
vs VIDEO
|
VIDEO
|
VINILO vs CD
|
CD
|
AC/DC vs
GREMELIERS
|
AC/DC
|
TWERKING vs
BALLET
|
TWERKING
|
FLAMENCO vs
BAILE GALEGO
|
FLAMENCO
|
06/10/16
BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES
Este curso o lema e cartel da campaña de Bibliotecas Escolares 2016, cambia das exploracións do curso pasado (B.E.2015: Base de Exploracións) ás artes: BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES.
A ilustración do cartel é de Minia Regos, quen convida aos lectores a achegarse ao mundo das artes e experimentar o pracer de expresarse por medio da música, a pintura, a arquitectura, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, vídeo, videoxogos).
Por iso, dende a nos biblioteca queremos facer o TOP 10 das artes. E para conseguilo temos aquí esta enquisa. É importante que participedes nela, dende as titorías.
A BIBLIOTECA, O TERRITORIO DAS ARTES
AXÚDANOS A CREAR O TOP 10 DAS ARTES!
Axúdanos a entender mellor a xente nova. Dinos o que máis che gusta para
que poidamos elaborar un ranking cos vosos gustos:
1. Cal é o teu libro favorito?
a. Actual:
b. Clásico
2. Cal é o teu cómic, novela gráfica ou manga favorito?
3. Cal é a túa canción favorita?
a. Actual:
b. Dos 70, 80 ou 90:
c. Clásica
4. Cal é a túa película favorita?
a. Actual:
b. Clásica
5. Cal é o teu estilo de danza favorito?
6. Cal é a túa escultura favorita?
7. Cal é o teu cadro favorito?
8. Cal é a túa obra de teatro favorita?
9. Cal é a túa obra arquitectónica favorita?
10. Cal é a túa fotografía artística favorita?
PREGUNTAS PARA VALENTES. ATRÉVETE!
1. Cómic ou manga?
2. Marvel ou DC?
3. Poesía ou prosa?
4. "O Señor dos Aneis" ou "Xogo de Tronos"?
5. "Crepúsculo" ou "50 Sombras de Grey"?
6. "Star Wars" ou "Star Trek"?
7. Cine ou teatro?
8. Fotografía ou vídeo?
9. Vinilo ou CD?
10. AC/DC ou Gemeliers?
11. Twerking ou ballet?
12. Flamenco ou baile galego?
Na nosa biblioteca temos unha exposición con documentos das diferentes artes:
pintura, música, cómic, manga, fotografía, arquitectura, danza, teatro, literatura,
escultura, cine e documental. Ven botarlle unha ollada! Se levas en préstamo
algún documento exposto recibirás como agasallo o novo marcapáxinas da
biblioteca.
03/03/15
O PRIMEIRO PICASSO: O CORUÑÉS
Dende o pasado 20 de febreiro e ata o vindeiro 24 de maio, podedes ver no Museo Belas Artes de A Coruña a maior mostra realizada na historia da etapa coruñesa do pintor malagueño de fama mundial, Pablo Picasso, baixo o título de "O PRIMEIRO PICASSO".
Enlace: "O PRIMIERO PICASSO", A CORUÑA 2015. (Slide de imaxes de "La Opinión")
28/04/13
CAMIÑO DE SANTIAGO
O departamento de relixión traballou cos seus alumnos "O camiño de Santiago", aportando este power-point para a Semana Cultural.
SEMANA CULTURAL 2013: ARTE ROMÁNICA GALEGA
O departamento de debuxo traballou cos seus alumnos a Igrexa de Santiago de A Coruña e o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, aportando este power-point que debedes ver con atención para aprender e contestar ás preguntas do noso xogo.
21/02/13
PETEIRO: O PINTOR QUE COLOREOU A NOSA CIDADE
Onte faleceu o pintor coruñés Jorge Peteiro. As súas obras tan características e recoñecibles están espalladas ao longo da nosa cidade, como ese pez espada que recibe aos visitantes da Casa dos Peixes.
13/11/11
O Hermitage no Museo do Prado
Bebedora de absenta (1901), P.PICASO, Hermitage Museum
Do 8 de novembro ao 25 de marzo pódense ver no Museo do Prado cerca de 180 obras procedentes do Museo Hermitage de San Petersburgo. É a primeira vez que se mostra fóra do Hermitage unha selección tan importante e numerosa das obras deste Museo e, polo tanto, é unha ocasión única de aprezar unha extraordinaria colección de arte, con pezas que van desde o século V a.C. ao século XX da nosa era.
Se amades a arte, non deixedes pasar esta magnífica oportunidade.
17/02/11
PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO GALEGO
Hoxe en día é habitual cando se achegan uns días de vacacións que a xente organice unha viaxe para visitar algún lugar que aínda non coñece. Uns elixen lugares para descansar, relaxarse e cargar as pilas, outros prefiren unha viaxe cultural para coñecer o máis destacado dun país ou dunha determinada zona do mundo. Mais tanto uns coma outros volven coa cámara chea de fotografías para ensinar orgullosos aos que aínda non foron por alí. A maioría elixe lugares alonxados, tal vez por aquilo de que "canto máis lonxe é a romaría máis o agradece o santo" ou tal vez porque descoñece que perto da súa casa ten un patrimonio cultural riquísimo aínda por descubrir.
Descubrir ese patrimonio aos que aínda non o coñecen é o obxectivo que pretendemos coa presentación que tedes a continuación, porque non se pode presumir do que non se coñece.
O PRIMEIRO PASO PARA CONSERVAR O NOSO PATRIMONIO CULTURAL É COÑECELO.
20/01/11
O PRADO AO ALCANCE DUN CLIC
Só hai que entrar neste link , e mentres contemplas os cadros escoitas a audioguía coas explicacións, como se estiveses no mesmo museo.
MIRADE E XA DIREDES SE NON É UNHA MARABILLA!
15/01/11
EXPOSICIÓN SOBRE ALEXANDRE MAGNO
O 3 de decembro inaugurouse no Centro de Exposicións ARTE CANAL de Madrid a exposición "Alejandro Magno. Encuentro con Oriente" que permanecerá aberta ata o 3 de Maio. Nesta exposición podemos admirar máis de 330 pezas procedentes de 40 museos de todo o mundo, destacando os relevos da Porta dos leóns en Babilonia, os numerosos bustos de Alexandre, cascos, cerámica e un calendario zodiacal.
Está dividida en 10 áreas que recollen todas as facetas deste gran conquistador que unificou baixo a bandeira do seu imperio un vasto territorio desde Macedonia ata a mesma beira do río Indo.
Pero a figura de Alexandre (Alexandre III de Macedonia, 356-323 a.C.) esperta tamén curiosidade por algúns aspectos da súa vida envoltos aínda hoxe en lenda, como a relación co seu mestre Aristóteles, a súa morte ou a localización da súa tumba. Por iso podemos aproveitar para ler algunha das moitas novelas históricas escritas sobre este personaxe, ou ver a última película que Oliver Stone fixo en 2004 sobre el.
A continuación tedes un exemplo dalgún dos vídeos que se poden ver na exposición e neste enlace.
23/10/10
PASIÓN POR RENOIR
O 19 de outubro inaugurouse no Museo do Prado a primeira exposición monográfica dedicada a Renoir en España, baixo o título PASIÓN POR RENOIR.
A mostra conten 31 obras do artista impresionista (1841-1919), as mellores entre as reunidas polo coleccionista norteamericano Robert Sterling Clark, que permanecerán expostas no Prado ata o 6 de febreiro.
Se algun de vós ten a sorte de poderse achegar a Madrid con motivo da festa do 1 de novembro, ou nas vacacións de Nadal, ha de saber QUE RENOIR O ESTÁ ESPERANDO.
Se algun de vós ten a sorte de poderse achegar a Madrid con motivo da festa do 1 de novembro, ou nas vacacións de Nadal, ha de saber QUE RENOIR O ESTÁ ESPERANDO.
Moza peiteándose (1894) .............................Dúas mozas ao piano (1894)
Se premedes AQUI poderedes ver unha importante selección de cadros deste pintor.
20/03/10
E CHEGOU A PRIMAVERA...
A primavera, o resurxir da vida despois do periodo de latencia invernal, deu orixe a multitude de obras de arte. Non é difícil rastrexar dende tempos remotos ata os nosos días referencias a esta estación en infinidade de obras de escritores, pintores, músicos..., ben como tema ben como motivo ou símbolo.
O rapto de Perséfone de Gian Lorenzo Bernini
Xa que estamos a preparar a Semana de Grecia eliximos para celebrar o día de hoxe un mito grego, O rapto de Perséfone, e unha pintura do Renacemento que utiliza elementos mitolóxicos gregos, A Primavera de Botticelli.
Son moitas as versións que hai sobre o rapto de Perséfore, máis a primeira e máis fermosa de todas é O himno homérico a Deméter, que nos resumen así Matilde de Cal e José Manuel Bértolo en Os deuses do Olimpo, mitoloxía clásica en Galiza de Baía Edicións:
"Este himno conta como Perséfone, que estaba a coller flores cunhas ninfas nunha pradaría, foi raptada polo seu tío Hades e levada ao mundo subterráneo sen que ninguén escoitase os seus berros. A nai buscou a filla durante nove días vestida de loito e alumeándose de noite cun facho. Ao décimo día Hécate, que vira pasar a Core (=Perséfone) nun carro, cóntallo a Deméter e mándaa xunto a Helio co fin de coñecer o nome do raptor. Informada de todo o sucedido, abandona o Olimpo e emprende unha longa busca. Finalmente a deusa, moi afrixida, deixa sen vida os campos. Entón Zeus envía a Hermes ante Hades para que deixe volver a Perséfone. Hades non desobedece, pero antes dá de comer á súa muller un gran de granada, que fai que a deixe ligada ás mansións subterráneas. Ante esta situación chégase a un acordo: Perséfone permanecerá un terzo do ano, o que corresponde ao inverno, no Hades co seu esposo, e os dous terzos restantes, os que corresponden ao florecemento das sementes e a maduración das colleitas, no Olimpo coa súa nai. A explicación deste mito é clara: a semente (Perséfone) pasa un terzo do ano baixo terra para renacer con forza en primavera."
Así explicaban os antigos gregos os ciclos da morte e renacemento anual da natureza.
A continuación podedes ver efémeras creacións de area mentres escoitades a Primavera de Vivaldi.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Dentro dunha semana arrancamos a nosa décimo-primeira semana cultural, organizada pola Biblioteca en colaboración cos distintos Departamen...
-
Publicamos a foto gañadora do concurso fotográfico que organizamos para o Día de San Valentín deste ano. Esta é a foto da alumna Naiara ...
-
Convocatoria do Concurso de Tradución ao galego desde as linguas con presenza no I.E.S Rafael Dieste: grego, latín, español, francés e ing...
-
«Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre» . [Primeiras liñas de "Memoria dun Neno Labre...
-
Como sabedes a semana do 5 ao 9 de maio celebramos a SEMANA CULTURAL, que este curso ten como tema "Os xogos tradicionais...
-
Aquí está xa o cartel da semana cultural deste ano. A presentación resumo de todo o traballo destes meses estará lista para pódela ver nas...
-
O Departamento de Ciencias do noso instituto xunto coa Biblioteca tamén celebran o mes da ciencia en galego das Bibliotecas con diversas ...
-
Benvidos a un novo curso escolar. Pasados xa os exames de setembro comezamos un curso máis co ánimo de seguir no proceso de renovar os méto...
-
Hoxe recibimos no 'Rafael Dieste' a visita do narrador, poeta, traductor, blogueiro e columnista hispanoarxentino Andrés Neuman...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Podesdes ler a Declaración Universal dos Dereitos lingüísticos premendo sobre a imaxe En 1999 a UNESCO proclamou o Día Internacional da L...
-
Este curso o lema e cartel da campaña de Bibliotecas Escolares 2016, cambia das exploracións do curso pasado ( B.E.2015: Base de Explora...
-
Publicamos a foto gañadora do concurso fotográfico que organizamos para o Día de San Valentín deste ano. Esta é a foto da alumna Naiara ...
-
Dentro dunha semana arrancamos a nosa décimo-primeira semana cultural, organizada pola Biblioteca en colaboración cos distintos Departamen...
-
Chegou abril, o mes no que máis oímos falar de libros nos medios de comunicación. Hoxe, 2 de abril, temos a primeira celebración: o Día In...
-
Foto: ojo.pe Hoxe soupemos da morte do prestixioso científico Stephen Hawking. No día no que o perdemos queremos recordalo. Aquí uns li...
-
Defende hoxe os dereitos dos demáis! O Día dos Dereitos Humáns celébrase todos os anos o 10 de dicembro. Conmemórase o día no qu...
-
O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e, non obstan...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...