Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións

27/05/17

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2017 ALUMNADO 2ºBAC DO "RAFAEL DIESTE"


Onte á tardiña, celebramos a Graduación da Promoción de Alumnado de 2ºBAC do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" 2017. Este ano o acto tivo lugar no Auditorio "ANDRÉS GAOS" do Conservatorio Superior de Música veciño do noso instituto.
O acto contou cos discursos do Director do centro e os titores dos dous grupos de 2ºBAC, así como dunhas alumnas en representación de todos os seus compañeiros. Logo as tradicionáis fotos, videos e actuacións.
Noraboa e parabéns para todo o alumnado e sorte para o seu futuro!


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

20/09/16

A LECTURA, UNHA CHAVE DE FUTURO


Achegamos esta guía dixital A lectura, unha chave de futuro, con moitas ideas para tratar o fomento da lectura coas familias dende ás bibliotecas escolares. É un proxecto de Letras en Obras, o portal educativo Botóns, e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Dividido en dez apartados describe a importancia do hábito lector para os rapaces, os primeiros pasos na animación a lectura, os libros mais axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia, a lectura dixital, as librarías e bibliotecas como espazos de lectura e actividades para facer con libros. Botádelle unha ollada.

28/05/16

GRADUACIÓN 2016 NO "RAFAEL DIESTE"



Onte á tardiña, unha vez máis, como cada último venres de maio, despedimos á promoción de alumnado de 2ºBAC deste curso, que deixan o noso centro e encamiñan cara o seu novo futuro.
De novo, alumnado, familias e profesorado xuntáronse no Salón de Actos do veciño Conservatorio Profesional de Música de A Coruña para celebrar o seu adeus aos seus anos de educación secundaria.
Unha cerimonia elegante conducida por José Juan, con discursos por parte do noso director e de Clara Manrique, por parte do alumnado, con actuacións musicais de algúns deles.
Coma sempre, desexámoslles a todos moita sorte no seu futuro e que recorden o seus anos con nós!.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

30/05/15

GRADUACIÓN 2015: A VIXÉSIMO QUINTA PROMOCIÓN DE ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE"


Onte á tarde celebrouse o tradicional acto de Graduación da Promoción de Alumnado de 2ºBAC do curso 2014-2015. Son a vixésimo-quinta promoción do noso centro. O acto institucional e lúdico tivo lugar no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña y continuou no patio central do instituto coa cea-buffet habitual, coa participación do alumnado, as súas familias e profesores.
A todos eles os nosos parabéns e a mellor das sortes no seu futuro!

Versión inglesa desta entrada @ ClickOnEnglish.

07/03/14

OS NENOS FAN O QUE VEN



"A maioría dos nenos oen o que din, algúns nenos mesmo fan o que dis, pero todos os nenos fan o que fas"
Katheleen Casey Theisen
(socióloga norteamericana)

"Dar exemplo non é a principal maneira de influir sobre os demáis; é a única maneira"
Albert Einstein





O video que incluimos hoxe titúlase "Children see, children do" ("Os nenos ven, os nenos fan") e foi creado para unha campaña de NAPCAN: Asociación australiana para a prevención do abuso e maltrato infantil.
Este video é unha radiografía cruda pero realista do papel do exemplo na vida e esencialmente na educación dos fillos. O exemplo como transmisor de valores e comportamentos, é tremendamente poderoso, tanto para o positivo como para o negativo.
O anuncio mostra o lado oscuro da nosa sociedade: mala educación e hábitos, falta de civismo, impaciencia, falta de entrega aos fillos, falta de respeto polos demáis, racismo e violencia. E recórdanos que todo iso reprodúcese por imitactión da seguinte xeración.
Ao final do video hai unha mensaxe: "Make your influence positive" ("Fai que a túa influencia sexa positiva"), que a clave da metamorfose.

Video:


01/10/13

HIJO DE CAÍN

Hijo de Caín é unha impactante e perturbadora película do director Jesús Monllaó, baseada na novela Querido Caín de Ignacio García-Valiño, na que o xadrez e as miradas xogan un papel esencial.
A extraña actitude de Nico Albert, un adolescente superdotado, moi afeccionado ao xadrez e cun carácter peculiar chega a preocupar aos pais ata tal extremo que contratan a un psicólogo infantil para que o trate. O psicólogo a través da terapia e da común afección ao xadrez, irá penetrando no mundo de Nico e nas complexas relacións familiares existentes dentro dunha familia aparentemente normal.
Se queredes informarvos con máis detalle do argumento e características da película premede AQUÍ.

25/05/13

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2ºBAC DO "RAFAEL DIESTE" 2013



O pasado venres 24, celebrouse un ano máis, o que xa é o tradicional acto de graduación da promoción de 2ºBAC do IES "Rafael Dieste" 2013. Este ano sendo unha promoción moi numerosa, tívose que tomar prestado o salón de actos dos nosos veciños do Conservatorio Superior de Música: o Auditorio "Andrés Gaos". A festa rematou, como xa é habitual, cunha cea fría, no patio central do noso instituto co alumnado, as súas familias e o profesorado. 
Noraboa a todos!

23/03/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Levamos tempo querendo atopar un oco entre tanta actividade para planificar a primeira mochila viaxeira. E ¡por fin chegou o día! Que qué é unha mochila viaxeira? Pois iso, unha mochila que viaxa, que vai de casa en casa dos alumnos, cun tempo máximo de quince días por alumno e casa.
Dentro da mochila poñemos material variado: libros, cómics, revistas, música e películas. Todo para podelo disfrutar en familia.
Como queremos e necesitamos saber a opinión das familias, a mochila levará tamén un caderno no que queremos que anotedes todo o que vos suxira esta actividade. Necesitamos das vosas suxerencias para que este proxecto que comeza agora poida medrar e cumplir o seu verdadeiro obxectivo:
que compartades en familia un material que a biblioteca do Instituto pon a vosa disposición.
Mirade esta presentación que vos preparamos como información inicial.

05/03/12

DECÁLOGO

Hai uns días caeu nas nosas mans este decálogo que hoxe queremos compartir con todos os que ledes arquivos. Estamos de acordo en que é así de sinxelo, tal como di o slogan: "Se ti les, eles tamén len". Se de verdade nos gusta ler ou visitar museos, a eles tamén lles gustará. Pero para iso hai que practicar co exemplo.


DECÁLOGO PARA UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA

1. ANIMA á lectura incluso antes de que o neno-a aprenda a ler.

2. CONTA contos aos nenos e nenas, recítalles rimas e poesías en voz alta.

3. LE libros, periódicos, revistas... para dar exemplo.

4. ACOMPAÑA aos teus fillos-as a visitar exposicións, asiste a funcións de títeres, teatro e outros espectáculos culturais.

5. COMPARTE e comenta as lecturas.

6. DESFRUTA acompañando os teus fillos- as a lugares onde hai libros: librerías, bibliotecas... Anímaos a acudir a biblioteca do colexio e do pobo.

7. COIDA a biblioteca familiar e dedica un espazo para os libros.

8. APRECIA e le con eles as publicacións que se fagan no colexio.

9. LEMBRA que a compra dun libro non é nada excepcional e que en datas sinaladas, non deben de faltar. Considera o prezo dun libro como parte da inversión na educación dos teus fillos-as.

10. VALORA ademais da lectura a importancia de compartir programas de TV, películas, xogos ...Non te obsesiones con que lean por riba de todas as cousas.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER