Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións

22/03/21

O MAR (en inglés): THE SEA

 (Student's projects & materials)

Achegamos información sobre o tema que se traballou en clases de inglés. Podedes encontrar todas as entradas nesta ligazón xeral no blog de inglés:

CLICKONENGLISH / THE SEA




Traballos do alumnado feitos en inglés:


1- PIRATES  (Unha presentación sobre piratas por  Emma María Sterjo Martínez de Osaba (1º A ESO))

2- SEA MIGRATION MOVEMENTS (Traballo sobre as migracións por mar por  Rayanne Lissa Balde Martins (1º D ESO))

3- SIR FRANCIS DRAKE (Presentación sobre Francis Drake por Sofía Ouro Martín (2º A ESO))


4- GREENPEACE: LOOKING AFTER THE SEA (Presentación sobre a labor de Greenpeace e o mar por Karina Nicole Lugo Anderson (2º D ESO))

Enlaces a algunhas entradas concretas con distintos materiais e videos:

THE DIMENSIONS OF THE SEA (As dimensións do mar)

GENERAL INFORMATION ABOUT OCEANS & SEAS (Información xeral sobre océanos e mares)

BRITAIN & THE SEA: BASIS OF ITS TRADE & EMPIRE (Gran Bretaña e o mar: a base do seu comercio e imperio)


THE IMPORTANCE OF GREENWICH IN THE HISTORY OF NAVIGATION (A importancia de Greenwich na historia da navegación)

- SHIPWRECKS: "THE TITANIC" & THE SWEDISH "VASA" (Naufraxios: "Titanic" e o barco sueco "Vasa")

FELIXSTOWE: THE PORT OF BRITAIN (Felixstowe: o porto de Gran Bretaña)

HOW WOULD THE SEAS/OCEANS CHANGE IF ALL THE EARTH'S ICE MELTED? (Como cambiarían os mares/océanos se todo o xeo da terra derretise?)

- NAVIGATION TOOLS: "WHAT'S A SEXTANT USED FOR?" & "A SEXTANT WITH HISTORY"(Ferramentas de navegación: "Un sextante" e "Un sextante con historia". Versión en galego debaixo)

*Este é un sextante con historia. Pertenceu ao meu avó e llo regalou Jacobo F.J. Stuart e Falcó, XVII Duque de Alba e Conde de Andrade, Embaixador de España en Londres en 1942.
A foto mostra o sextante e a súa caixa. Na publicación do blog en inglés tamén hai a foto dunha páxina dun xornal de 1954, no primeiro cabodano da morte do Embaixador, contando a historia do sextante e o encontro entre o embaixador e o meu avó Féliz Neira en xuño de 1942.
O barco pesqueiro, donde o meu avó era capitán, foi afundido tras colisionar cun destrutor inglés mentras pescaba no Gran Sol en 1942 durante a Guerra Mundial. Rescatados polo destrutor, volveron a naufragar cando este foi alcanzado por un avión alemán. Foron rescatados de novo por outro barco inglés e levados a Londres. Alí foron recibidos polo Embaixador. Interesouse polas súas vidas e lugar de orixen e as pertenzas que perderan no naufraxio do seu barco. O capitán mencionou que o que mais sentía era a perda dun sextante que comprara facía pouco. O día que se despediron, o Embaixador regaloulle este sextante cunha nota e escollendo entre os seus 32 títulos, o de Conde de Andrade, como recordo do lugar donde o capitán viviu moitos anos da súa vida: Pontedeume.
[Ramón Neira]
POP MUSIC: "SEASONGS" (Varias cancións relacionadas co mar irán publicándose ao longo da semana: "Yellow submarine", etc... + "Shanties" as cancións tradicionais dos mariñeiros)



- BREAKING NEWS! SUEZ CANAL BLOCKED BY CONTAINER SHIP. (Última hora! O canal de Suez atascado por un barco contenedor)


18/11/19

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DENDE AS BIBLIOTECAS


Dende o ámbito bibliotecario considéranse importantes os Obxectivos da Axenda 2030 para constituir as bibliotecas como espazos para ofrecer acceso e oportunidades para todas as persoas. Fomentando unha educación de calidade, unha protección do patrimonio, a inclusión do acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Na seguinte ligazón hai toda a información sobre este tema: 

27/09/19

#FRIDAYSFORFUTURE @ 'RAFAEL DIESTE'




Como xa anunciamos, hoxe venres 27 de setembro o noso centro sumouse a #FridaysForFuture, a Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.

As organizacións e plataformas convocantes fixeron un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realizasen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) fixemos a concentración no patio central, como vedes nas fotos.

24/09/19

CONCIENCIANDO SOBRE O CLIMA. EN DEFENSA DO FUTURO DO PLANETA

Foto: Seryhumano.com

O vindeiro venres 27 de setembro o noso centro vaise sumar á Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.
As organizacións e plataformas convocantes fan un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realicen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) faremos a concentración diante da fachada do aparcadoiro do instituto, dentro de recinto do centro, ou no patio central se o tempo non o permite.
Os titores deberán informar aos seus grupos desta iniciativa tan importante. Para ilustralos achegamos uns videos que poden ser interesantes para visualizar nas aulas cando se informe ao grupo da nosa participación.

O video do discurso en inglés de Greta Thunberg nas Nacións Unidas @ ClickOnEnglish

Videos:





03/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: O COSMOS, A EXPO

Vistas xerais do patio central do instituto.

Hoxe inauguramos oficialmente a nosa VIII Semana Cultural adicada ao Cosmos. E así lucía o noso patio central con toda a mostra de traballos realizados polos distintos departamentos para esta semana expostos ao público.
Aquí podedes ver máis fotos:

Os photocalls do Cosmos e a nave Falcón Milenario de "Star Wars"

Representacións de planetas
Exposicións de ciencias: planetas, galaxias,  eficiencia enerxética-contaminación lumínica
Avistamentos do ceo
Información sobre plantas
Bandas deseñadas sobre personaxes de ciencia ficción en inglés
Reseñas de libros/películas clásicas de ciencia ficción en inglés
Información sobre a ingravidez

16/10/16

16-O: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN.


O CLIMA ESTÁ A CAMBIAR. A ALIMENTACIÓN E A AGRICULTURA TAMÉN.


Este é o lema deste Día Mundial da Alimentación que se celebra hoxe, como cada 16 de outubro dende 1979, cando foi instaurado pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO) e dende 1981 decidiu centrarse nun tema cada ano. 
AñoCausa
2016El clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén
2015“Protección social e agricultura para rachar co ciclo da pobreza rural”
2014Agricultura Familiar: “Alimentar ao mundo, coidar o planeta”
2013Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición
2012As cooperativas agrícolas alimentan ao mundo
2011Precios dos alimentos: da crise á estabilidade
2010Unidos contra a Fame
2009Conseguir a seguridad alimentaria en época de crise
2008"A Seguridad Alimentaria Mundial: o desafío del cambio climático e da bioenerxía"
2007Dereito á alimentación 
2006Invertir na agricultura para lograr a seguridade alimentaria 
2005Agricultura e diálogo de culturas 
2004A biodiversidade ao servicio da seguridade alimentaria
2003Traballar unidos en prol da Alianza Internacional contra a Fame 
2002A auga: fonte de seguridade alimentaria
2001Combatir a fame para reducir a pobreza
2000Un milenio sen fame 
1999A xuventude contra a fame 
1998A mujer nutre ao mundo 
1997Invertir na seguridade alimentaria 
1996Loita contra a fame e a malnutrición 
1995Alimentos para todos 
1994A auga xerme de vida 
1993A diversidade da natureza: un patrimonio valioso 
1992Alimentación e nutrición
1991A árbore, fonte de vida 
1990Alimentos para o futuro
1989Alimentación e medio ambente
1988A xuventude rural
1987Os pequenos agricultores
1986Os pescadores e as súas comunidades 
1985Pobreza rural
1984A muller na agricultura
1983A seguridade alimentaria
1982A alimentación: dereito prioritario
1981A alimentación: dereito prioritario
A súa finalidade é concienciar ós pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945.
Segundo a FAO, a cifra de famentos no mundo no ano 2008 podía estimarse en case mil millóns de persoas.

O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén

Uno dos maiores problemas relacionados co cambio climático é a seguridade alimentaria. As personas máis pobres do mundo, -moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores-, están sendo os máis afectados polas altas temperaturas e o aumento da frecuencia de desastres relacionados co clima.
Ao mesmo tempo, a poboación mundial crece de maneira constante y se espera que chegue a 9 600 millóns de persoas en 2050. Para cubrir unha demanda tan grande, os sistemas agrícolas e alimentarios terán que adaptarse aos efectos adversos do cambio climático y facerse máis resilientes, productivos e sostibles. É a única maneira de que podamos garantizar o benestar dos ecosistemas e da poboación rural e reducir as emisións.
Cultivar alimentos de maneira sostible significa adoptar prácticas que producen máis con menos na mesma superficie da terra e usar os recursos naturais de forma xuiciosa. Significa tamén reducir a perda de alimentos antes da fase do producto final ou venta ao por menor a través dunha serie de iniciativas, que inclúen unha mellor recolección, almacenamento, embalaxe, transporte, infraestructuras e mecanismos de mercado, así como marcos institucionais e legais. Por eso, a nosa mensaxe global para o Día Mundial da Alimentación 2016 é “O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén”.
A mensaxe reflicte o momento crucial no que se produce a celebración, xusto antes da próxima Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU, COP 22, do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech, Marrocos.
A FAO fai un chamamento aos países para abordar a alimentación e a agricultura no seus plans de acción climática e invertir máis no desenvolvemento do rural.
Fortalecendo a resilencia dos pequenos agricultores, podemos garantir a seguridade alimentaria dunha poboación do planeta cada vez máis famenta á vez que se reducen as emisións.

Comida acorde co clima [El País]

24/10/14

24 OUTUBRO: DÍAS DAS NACIÓNS UNIDAS


Hoxe celébrase o Día das Nacións Unidas, que marca o aniversario da entrada en vigor en 1945 (fai 69 anos) da Carta das Nacións Unidas. Coa ratificación deste documento a maioría dos que asinaron, incluídos os cinco membros permanentes do Consello de Seguridade, as Nacións Unidas entrou oficialmente en vigor. Este día leva celebrándose dende 1948.

Mensaxe do Secretario Xeral de 2014

Queridos amigos,
A labor das Nacións Unidas resulta máis necesaria que nunca nesta época de múltiples crise. A pobreza, a enfermidade, o terrorismo, a discriminación e o cambio climático estanse a cobrar un elevado prezo. Millóns de persoas seguen padecendo situacins de explotación deplorables debido a traballo servil, a trata de seres humáns, a escravitude sexual ou as condicións perigosas nas fábricas, os campos e as minas. A economía mundial segue sendo un terreo no que non todos actúan en pé de igualdade.
A fundación das Nacións Unidas constituiu un solemne compromiso coa poboación do mundo de poñer fin a eses atropelos da dignidade humana e abrir o camiño a un futuro mellor. Sufrimos reveses dolorosos, e queda moita tarefa por diante para que a visión plasmada na Carta se faga realidade, pero os  nosos logros pódennos infundir ánimos.
Os Obxectivos de Desenrrolo do Milenio das Nacións Unidas inspiraron a campaña contra a pobreza de maior éxito na historia. Os tratados das Nacións Unidas sobre a desigualdade, a tortura e o racismo protexeron ás persoas, mentras que outros acordos salvagardaron o medio ambente. O persoal de mantenimento da paz das Nacións Unidas interpúxose entre forzas hostís, os nosos mediadores resolveron controversias e os nosos traballadores humanitarios prestaron asistencia que ten salvado vidas.
Neste momento crucial, reafirmemos o noso compromiso de hacer fortes aos marxinados e os vulnerables. No día das Nacións Unidas, exhorto aos gobernos e aos particulares a que traballen conxuntamente en pro do ben común.

16/10/14

16 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN


O tema do Día Mundial da Alimentación de 2014, "Alimentar o mundo, coidar o planeta", foi elexido para promover a sensibilización sobre a agricultura familiar e os pequenos agricultores. Centra a atención mundial no importante papel da agricultura familiar na erradicación da fame e da pobreza, a consecución da seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e dos medios de vida, a ordenación dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e o logro do desenrolo sostible, en particular nas zonas rurais.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2014 o "Ano Internacional da Agricultura Familiar". Esta é unha clara sinal de que a comunidade internacional recoñece a importante contribución don agricultores familiares na seguridade alimentaria mundial.

Máis información: na páxina web da FAO







06/10/14

PRIMEIRO LUNS DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT



O Día Mundial do Hábitat celébrase anualmente o primeiro luns de outubro, en virtude da resolución 40/202, adoptada pola Asamblea Xeral en 1985.
Este ano, as Nacións Unidas elexiron o tema "VOCES DOS SUBURBIOS". Para o Día Mundial do Hábitat 2014 realizaránse campañas para recoñecer a vida nos barrios marxinais, dar voz aos habitantes dos tugurios co fin de mellorar a calidade das condicións de vida en estos lugares mediante os seguintes puntos:
- Crear maior conciencia das condicións de vida nos barrios pobres.
- Desenrolar procesos e ferramentas en definir a memoria histórica das persoas que viviron e viven nos barrios pobres.
- Demostrar, a través de historias reais, aos encargados de adoptar as decisións no ámbito urbán que os programas de mellora destes barrios poden conseguirse condicións de vida para os habitantes destes barrios,
- Compartir experiencias sobre a mellora dos barrios marxinais entre as cidades e as zonas  urbanas de todo mundo.

Enlaces a máis información:

El Día Mundial del Hábitat 2014 se centra en los barrios de tugurios


Video DÍA DO HÁBITAT 2011:

21/11/13

IMPUNIDADE POLO PRESTIGE



A sentenza, feita pública cando se están a cumprir os 11 anos da catástrofe do Prestige, absolve aos acusados de "delitos mediambientais". Ante o estupor, a memoria, sempre a memoria, porque tamén o dicía de todas as manerias posibles El olvido que seremos...

A memoria en forma de libros:
E outros que aparecen no seguinte enlace.  

Máis enlaces de memoria dende outras blogues de bibliotecas:
- QUE NO NOS QUITEN A MEMORIA
- 11 ANOS DO DESASTRE DO PRESTIGE
- GOAS NEGRAS
En educación, sempre estamos a traballar coas mesmas idades e con distintos alumno e alumnas. É nosa miseria (o mito de Sísife) e a nosa grandeza.

23/03/13

A HORA DO PLANETA 2013


Se realmente queres o planeta no que vives, apoia a campaña de WWF:
"A HORA DO PLANETA 2013"
APAGA TODAS AS TÚAS LUCES DURANTE UNHA HORA, HOXE DE 8:30 ATA AS 9:30.

Mais información @ earthhour.org.

Video promocional:

15/01/12

IMOS CUIDAR DO PLANETA


Este sábado, 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, reuníronse estudantes, profesores e pais, en representación dos centros adscritos á Axenda 21 Escolar de Galicia, onde expuxeron e compartiron as súas propostas para a protección do planeta, previamente debatidas nas aulas.
Neste encontro foron elixidos 20 alumnos que representarán á nosa comunidade na Confint-España, que se celebrará os días 26 e 37 deste mes en Vitoria-Gasteiz, compartindo experiencias cun centenar de mozos de Cataluña, País Vasco, Madrid, Albacete e Canarias.
A seguinte cita será Confint-Europa de Bruxelas, que contará con dous portavoces galegos, do 14 ao 16 de maio. E o derradeiro encontro a Confint 2012 en Río de Janeiro (Brasil), do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20.

O fin último é dar voz aos mozos sobre os retos do desenvolvemento sostible.

22/03/11

DÍA MUNDIAL DA AUGA


Como recoñeceu a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o dereito á auga e aos servizos de saneamento é un dereito dos seres humanos, por iso este ano o lema proposto no Día Mundial da Auga é: "Auga para as cidades: respondendo ao desafío urbano" para concienciar sobre a importancia que ten a xestión da auga no ámbito urbano nun mundo no que as cidades medran cada vez máis, e chamar a atención sobre a necesidade de asegurar a todas as cidades do mundo o acceso a unha auga potable segura e a uns servizos de saneamento adecuados.

09/01/11

QUE PASA COAS ABELLAS?

Un estudo francés indica que están a diminuír as poboacións de abellas, especialmente en EEUU e o Reino Unido.
A causa parece ser un potente pesticida, segundo informa o diario online El Librepensador.
De ser isto certo, as consecuencias poderían ser desastrosas. Vede o que se di no vídeo.


Se queredes coñecer mellor estes insectos entrade AQUÍ ou AQUÍ.

08/01/11

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Co lema "Os bosques, para as persoas", arranca este ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES coa finalidade de resaltar o papel fundamental que teñen estes espazos para os seres humanos e, polo tanto, a obriga que temos de protexelos.

Esta é a razón pola que A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declara por segunda vez os bosques protagonistas dun ano internacional. E todos os esforzos que fagamos a prol da súa conservación e recuperación serán pequenos, porque os beneficios económicos, socioculturais e ambientais que nos proporcionan son fundamentais para o desenvolvemento sostible do planeta.

Os documentais que tedes a continuación dino todo.

05/06/10

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

HERBA DE NAMORAR
Coñece algúns espazos naturais de Galicia premendo na imaxe

"Moitas especies, un planeta, un futuro
" é o lema elixido este ano para denunciar no Día mundial do medio ambiente o perigo de desaparición no que se atopan miles de especies. Sen ir máis lonxe, en Galicia están en perigo arredor de 60 especies animais e vexetais, entre elas a armeria pubigera, a nosa poética "herba de namorar", cuxo leito agardaba aos namorados do poema Lelías ao teu ouvido de Fermín Bouza Brey.
Que podemos facer nós?

Aforrar papel.
Separar o lixo adecuadamente.
Non tirar o lixo fóra dos recipientes adecuados.
Desplazarse a pé, en bicicleta ou compartindo coche.
Coñecer o noso patrimonio natural.
Ler libros e informes sobre biodiversidade.
Prantar árbores en lugar de destruílos.
Reducir os materiais de refugallo e colaborar en proxectos de reciclaxe.
Participar na rehabilitación de hábitats naturais.
Respectar as zonas verdes protexidas.
Aforrar enerxía apagando os aparellos eléctricos cando non se están a usar.
Evitar a utilización de bolsas de plástico.
Abrir a billa só o necesario.
Utilizar o lixo orgánico como abono para as plantas.
Non maltratar os animais.
[...]

Non poñas escusas!!!!

SUXESTIÓNS:
UN DOCUMENTAL: HOME

22/04/10

DÍA MUNDIAL DA AUGA


A ONU declarou o 22 de abril Día Mundial da Auga, que este ano se celebra baixo o lema "Auga limpa para un mundo san".

A auga tivo un papel fundamental na cultura dos antigos gregos, que tiñan numerosas deidades relacionadas co mundo das augas, entre as que destaca Poseidon, o deus do mar.

Para Tales de Mileto, un dos sete sabios de Grecia, que homenaxeamos na Semana Cultural que comeza o luns, o arjé, principio orixinal de todas as cousas, era a auga, da que todo procede e á que todo volve outra vez.

Tedes a continuación un avance do documental "Océanos" para que vos animedes a velo completo a fin de semana.


ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER