Mostrando entradas con la etiqueta Uxía Senlle. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Uxía Senlle. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de octubre de 2025

Vamos bebendo

      —Teño tres pitas brancas
                              e un galo negro
que han de poñer bos ovos
                              andando o tempo;
i hei de vendelos caros
                              polo xaneiro;
i hei de xunta-los cartos
                              para un mantelo;
i heino de levar posto
                              no casamento;
i hei… —Pois mira, Marica,
                              vai por un neto,
que antramentas non quitas
                              eses cerellos,
i as pitas van medrando
                              co galo negro,
para poñelos ovos,
                              e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
                              i o casamento,
miña prenda da ialma,
                              ¡vamos bebendo!

Rosalía de Castro: Follas novas (1880)

Versións:

Amancio Prada: Vamos bebendo; Rosalía de Castro; 1975; Pista 6




María Manuela: Imos bebendo; Cantigas para nenos e neneiros; 1979; Cara A, Corte 2




Amancio Prada e Martirio: Vamos bebendo; Rosas a Rosalía; 1997; Pista 9




Amancio Prada e Uxía Senlle: Vamos bebendo; Rosalía siempre; 2005; Pista 6




Amancio Prada: Vamos bebendo; Resonancias de Rosalía; 2014; Pista 9




O val das mouras: Vamos bebendo; Rosalía; 2015; Pista 10

miércoles, 28 de junio de 2023

Dimensiós

Ollada a Terra Cha dende as alturas
é semellante a un mar en calma.
Pra medila só valen dúas mensuras:
¡ferrados de corazón, fanegas de alma!

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:

Uxía Senlle: Terra Cha*; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 1



*[O recitativo de Uxía Senlle inclúese na versión musical da mesma intérprete do poema Terra Cha, da obra de Manuel María, Terra Cha, do ano 1954.]

viernes, 2 de junio de 2023

Terra Cha

A Terra Cha somentes é:
un pobo aquí, outro acolá
mil árbores, monte raso
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:

Milladoiro: Soedá; Unha estrela por guía; 2006; Pista 2




Uxía Senlle: Terra Cha*; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 1



*[A versión musical de Uxía Senlle inclue o recitado do poema Dimensiós, da obra de Manuel María: Terra Cha, do ano 1954.]

viernes, 30 de abril de 2021

Señor gato

Señor Gato:
atención;
no rincón
hai un burato;
no burato
está o rato
caladiño,
acochadiño,
sen falar
nin respirar.

—Señor Gato,
pon sentido
que metido
no burato
está o rato.

—Señor Gato:
está o rato
no burato
do rincón:
¡ten nun puño
o corazón!

—Eu non dudo,
Señor Gato
bigotudo
que está o rato
no burato.
Ten as unllas
afiadas,
cravuñadas,
preparadas:
bule axiña
que senón
Señor Gato
bigotón,
¡do burato
fuxe o rato!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:

Na Virada: Sr. gato, atención; Rolada das cantigas; 2002; Pista 6




Uxía Senlle: Señor gato; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 8

viernes, 2 de noviembre de 2018

Poema

Deixádeme: eme igual
ser día, ser camiño ou gaita fina.

Non sei de onde vén a luz
e ignoro se teñen azas os garimos.

Non me preguntedes tampouco
se o corazón sinte a súa vida.

Eu somentes sei que quero ser
violín, quero ser río.

Os soños fóxenme. ¿Poden os soños
existir, ser paxariño…?

E a morte, o derradeiro camiño.
¿A morte é un ser vivo…?

E eu, pobre e esquecido poeta:
¿Por qué existo…?
¿O meu continuo morrer non será vida?

A estrela é inmutábel en sí mesma.
A estrela ten sentido.

O demais é vaguedade, sombra,
ou nome frío.

Manuel María: Advento (1954)

Versións:
Uxía Senlle: Quero ser río; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 4

miércoles, 27 de junio de 2018

Pero Meogo no verde prado

—Dime a onde vas, miña cerva ferida,
dime a onde vas, polo meu amor!
—Vou para o verso dunha cantiga,
meu cazador!
—Dime a onde vai teu cabelo, doncela,
dime a onde vai, polo meu amor!
—Vai pra unha fita verde de seda,
meu cazador!
—Dime unha cita de alba, amiga,
dime unha cita, polo meu amor!
—Onde o cervo do monte á iauga volvía,
meu cazador!
—Nunca vin cerva nos beizos deitada,
nunca vi fita que atase no vento,
nunca vi cervo que volvese ao alto,
polo meu amor!

Álvaro Cunqueiro: Herba aquí e acolá (1980)

Versións:
César Morán e Uxía Senlle: Pero Meogo no verde prado; Haberá primavera; 2011; Pista 14

jueves, 28 de diciembre de 2017

Maripepa

No adro silandeiro,
cuberta cunha lousa ben labrada,
descansa, disque en paz,
Maripepa Arteaga,
miña avoa,
a mesma que no berce me cantaba
vellos romances
deprendidos en feiras e ruadas;
a que contaba lendas
e curaba
mancaduras, bochas, carafunchos
do corpo e da alma.
Maripepa leda,
rula branca
que de moza tocaba a pandeireta
e entoaba cántigas
e xuntábanse en Gres mozas e mozos
cada domingo ou día de folganza.
Sempre había festa
onde ela estaba,
e hai quen vai dicindo pola aldea
que en noites de lúa crara
oíse un trengueleo de ferreñas
en rolda acompasada
alá embaixo,
na campa
onde mora, onde repousa,
onde descansa
miña avoa festeira,
Maripepa Arteaga.

Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)

Versións:
Manoele de Felisa e Uxía Senlle: Maripepa; Cantos de lembranza; 2014; Pista 13

domingo, 30 de julio de 2017

O carro

Non canta na Cha ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai carro tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa xeitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pra o gando!
¡Traime a colleita pra casa!

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:
Fuxan os Ventos: O carro; O tequeletequele; 1977; Cara 1, Corte 2



Fuxan os Ventos: O carro; Chegaremos; 1980; Cara B, Corte 5

(Reedición da versión do disco O tequeletequele, do ano 1977.)



Fuxan os Ventos: O carro; Cantigas dun pobo; 1983; Cara 1, Corte 5

(Reedición da versión do disco O tequeletequele, do ano 1977.)



Fuxan os Ventos: O carro; Terra de soños; 2009; Pista 12




Uxía Senlle: O carro; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 3

viernes, 23 de junio de 2017

Non hai no mundo ser tan desolado

Non hai no mundo ser tan desolado,
criatura máis ferida e pesarosa:
compañeiro da rosa ruborosa
e solidario irmao do desgraciado.

Eu nacín nunha casa moi fermosa
e, nela, deixei o meu pasado,
o tempo da nenez, o soño ousado
e a miña adolescencia tormentosa.

A claridade volvéuseme foscor
malia vivir en min o gran encanto
da casa petrucial que quero tanto.

Eu só son, amiga, feliz co teu amor
e co gozo sinselo deste canto
que purifica e sublima a miña dor.

Manuel María: Sonetos á casa de Hortas (1997)

Versións:
Uxía Senlle: A casa que quero tanto; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 2

martes, 10 de mayo de 2016

Melodía gallega

Ten a serena o canto,
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
                       
Ti tes dabondo
co que tes escondido
neses teus ollos.
                       
 
O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a groria do poeta,
o ouro do mundo:
dera eso todo
por solo unha mirada
deses teus ollos.
                       
 
Buscan os pitorreises
para faguer niño,
a herba santa que nace
beira dos ríos.
Eu busco solo
unha mirada meiga
deses teus ollos.
                       
 
Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.
                       

Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

Versións:
Joaquín Deus: Os teus ollos; Morriñas da miña terra; 1960; Lado 2, Corte 2



Amancio Prada: Cando se pon a lúa*; Caravel de caraveles; 1976; Pista 9



Luar na Lubre: Os teus ollos; Plenilunio; 1997; Pista 5



Real Coro Gallego Toxos e Froles: Os teus ollos; 85 Aniversario (1915-2000); 2000; Pista 1



Carmendolores: Os teus ollos; Oceánica; 2001; Pista 3



Luar na Lubre: Os teus ollos; Chove en Santiago y otros éxitos; 2002; Pista 2

(Reedición da versión do disco Plenilunio, do ano 1997.)




Luar na Lubre: Os teus ollos; Discografía básica seleccionada; 2002; CD1, Pista 5

(Reedición da versión do disco Plenilunio, do ano 1997.)



Rosa Cedrón e Cristina Pato: Os teus ollos; Soas Muller; 2010; Pista 12



María do Ceo: Os teus ollos; No bico un cantar; 2010; Pista 2



Uxía Senlle e Lenine: Os teus ollos; Meu canto; 2011; Pista 3



Uxía Senlle e Narf: Os teus ollos; Baladas da Galicia imaxinaria; 2015; Pista 8



*[A versión musical de Amancio Prada componse da derradeira estrofa deste poema seguida dunha cantiga tradicional galega: Dicen que chove, que chove, / que trona, que chove, / deixa-lo chover. / O mérito é ter muller / que sexa bonita / e sepa querer. / Sinto ruxir, ruxir, / o vendaval / quen puidera fuxir d'eiquí / con este temporal.]

domingo, 10 de abril de 2016

Maio longo

    Maio longo..., maio longo,
todo cuberto de rosas;
para algún, telas de morte;
para outros, telas de bodas.

    Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volvéu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)

Versións:
Dolores Plata: Maio longo; Lúa descolorida; 1985; Cara A, Corte 4



Amancio Prada: Maio longo; Trovadores, místicos e románticos; 1991; Pista 17



Amancio Prada: Mayo longo; Rosas a Rosalía; 1997; Pista 8



Carlos Núñez e Anabela: Mayo longo; Mayo longo; 2000; Pista 3



Amancio Prada: Mayo longo; Rosalía siempre; 2005; Pista 11



Astarot: Mayo longo*; Longa noite de pedra; 2005; Pista 6



Señora Carmen: Maio longo; Na flor dos meus anos; 2007; Pista 11



Uxía Senlle e Señora Carmen: Maio longo; Rosalía pequeniña; 2013; Pista 10



Amancio Prada: Maio longo; Resonancias de Rosalía; 2014; Pista 7



*[A versión musical de Astarot comeza co poema Amigos vellos, da obra de Rosalía de Castro, Follas Novas, do ano 1880; intercalando o presente poema naquel a xeito de estribillo.]

viernes, 23 de mayo de 2014

Eu en ti

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro: O soño sulagado (1955)

Versións:

Suso Vaamonde: Eu en ti; Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde; 1980; Cara B, Corte 1




A Quenlla: Eu en ti; Mais alá da néboa; 1990; Pista 2




A Quenlla: Eu en ti; As nosas cancións; 1997; Pista 2

(Reedición da versión do disco Máis alá da néboa, do ano 1990)


Mugardos: Eu en ti; É aí; 2000; Pista 7




Mutenrohi: Eu en tí; … e van dez; 2005; Pista 13




Cristina Pato e Mutenrohi: Eu en ti; Misturados; 2007; Pista 6




Uxía Senlle: Eu en ti; Eterno navegar; 2008; Pista 10




Mero* e Xiana: Eu en ti; O meu primeiro Celso Emilio; Edicións Xerais de Galicia, Libro-CD; 2012; Pista 2



*[Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero).]

jueves, 27 de marzo de 2014

Carnet de identidade

Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á súa terra e ao seu Deus.

Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,
cantor da Terra Chá que algúns din.
Cantor da terra chá que leva un
clavada nas entrañas, penso eu.

Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade.


Non teño máis tarefa:
son unha humilde folla
que salaia
na noite escura movida polo vento.
Eu son Manuel María,
un son tan só, lonxano e feble.


Manuel María: Documentos personaes (1958)

Versións:
Uxía Senlle: Carné de identidade; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 5

sábado, 15 de febrero de 2014

Breve manual pra deprender pra señorito

Aínda que un non sexa moi bonito
non é difícil chegar a señorito.
Primeiro hai que odiar ó comunismo
e pensar somentes en un mismo,
non facerlle moito caso ós pais
e ter certo desprecio prós demais.
Hai que ter en conta o que convén,
adquirir modales finos,
codearse só con “xente ben”,
aproveitados, cucos e cretinos,
ser socio de tódolos casinos,
mercar sempre autos deportivos
e traxes e corbatas elegantes,
coñecer toda clas de aperitivos,
saberse comportar nos restaurantes,
distinguir os wiskis ó cheiralos,
entender de bridge e de canasta,
de golf, de tenis e cabalos,
non alternar con xente doutra casta.
Tamén é comenente ter querida,
xantar e cear sempre ás deshoras,
abusar o que se poida da bebida
e ser moi galante coas señoras.
Non falar galego endexamais
(é idioma do pobo, moi vulgar),
vivir do que súan os demais,
¡e denantes morrer que traballar!

Manuel María: Versos pra cantar en feiras e romaxes (1969)

Versións:
María Manuela: Manual do señorito; Idioma meu; 1977; Pista 6



Uxía Senlle: Manual do perfecto señorito; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 7