Garitos da cidade, espertos na ribeira,
Lunáticas tabernas nas que ninguén entraba,
Hoxe vides a min, que xa non trasnoitaba:
Divorcieime da noite, traidora compañeira.
Náufragos camarotes dunha nave estranxeira
Que do esquezo ó fracaso, sen razón, navegaba:
Comprendo en vós as linguas que o corsario falaba,
E xuro que obedezo a unha negra bandeira.
Hoxe regreso á noite, de desexo ferido:
Levo no peto o mapa do seu falso tesouro.
Hoxe son outra vez o mariño perdido,
Que cegou os seus ollos nun tráxico universo,
Pero debo embarcarme. Xa gastei todo o ouro
Das mortas madrugadas nos seus mellores versos.
Ramiro Fonte: A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Vida bohemia; Brétemas da memoria; 2010; Pista 7
Mostrando entradas con la etiqueta Víctor Aneiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Víctor Aneiros. Mostrar todas las entradas
viernes, 13 de marzo de 2026
miércoles, 30 de abril de 2025
Un tute á morte
Xógaslle un tute á morte, ¡que fermoso!
Ou á ruleta rusa unha partida,
Pos na tempa o revólver suicida,
E tiras do gatillo, xuizoso.
Cobres co naipe falso, mentiroso,
A aposta da contraria: unha caída
Abondará para esnafrar a vida
E ser funambulista prestixioso.
Maldito do poeta ese destino,
Por querer ser maldito e asasino
De si mesmo e chegar antes á gloria.
Queimarase na praza como un bonzo,
Sen sospeitar que o seu cadáver mozo
Vai ser xulgado en falso pola historia.
Ramiro Fonte: O cazador de libros. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Un tute á morte; Brétemas da memoria; 2010; Pista 8

martes, 26 de abril de 2022
Sombras de Compostela
Doces e vellas putas da grave Compostela
Naquela casa humilde do barrio do Pombal
Co tellado cuberto de xeada e de estrelas,
Vernizado coas sombras longas da catedral.
Sentadas na cociña, á luz cega das velas,
Destapaban botellas dun barato champagne
E, entre tantas cancións, escollían aquelas
Que falan deses tempos que xa non volveran.
Sóubenme tripulante no buque da habanera
(Aforcadas nas torres, as convictas campás
Non darían as horas da nova primavera)
Por querer marchar lonxe e non volver xamais.
Unha hipócrita lúa, insomne sentinela,
Espellaba consignas de prata nas ventás
E xemían os ventos ó vagar polas ruelas
Como as almas en pena de impíos cardeais.
Algún de nos xuraba que elas foran fermosas,
Buscando na nostalxia o arrecendo carnal
Dunha noite tunante, pois coidaba que as rosas
Murchas ainda recenden se non fixeron mal.
Ninguén buscaba amores, ninguén buscaba rosas:
Nas tebras nunca poden as rosas abrollar.
O ceo nihilista pesaba como lousa
Nas almas, e movela era cuestión de azar.
Pacíficas avoas, putas de Compostela,
Propietarias de cátedras sabias, sentimentais,
Non conseguín pintarvos nunha estraña novela
Onde queimei as miñas naves xeracionais,
Por iso veño agora pagarvos unha débeda,
Desandando os camiños dunha noite invernal,
Collendo polas rúas deshabitadas, bébedas,
E guiando os meus pasos por un negro fanal.
Non son ese mariño que regresa do mar
Nalgún buque fantasma que trae rotas as velas,
Pero abrídeme a porta se me oídes petar,
Doces e vellas putas da morta Compostela.
Ramiro Fonte: Gabinete de estampas. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Sombras de Compostela; Brétemas da memoria; 2010; Pista 9

jueves, 7 de abril de 2022
Sol-por
Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.
As campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.
Bogando nas nubens
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.
Polo mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lua aberta
nas ágoas caíran.
Da veira do río,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.
Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a perguiza.
E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.
Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.
Luis Amado Carballo: Proel (1927)
Versións:
Víctor Aneiros: Solpor; Heroe secreto; 2008; Pista 5

jueves, 17 de febrero de 2022
¡Soia!
Eran craro-los días,
risoñas-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.
Íñase á mañecida,
tornaba coa serán...;
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.
Tomóu un día leve
camiño do areal...
Como naide a esperaba,
ela non tornóu máis.
Ó cabo dos tres días,
botóuna fora o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Víctor Aneiros: Soia; Heroe secreto; 2008; Pista 7

lunes, 9 de enero de 2017
Na barra
Na barra dos locais, abertos ata o día,
Encalladas, acaso moribundas sereas,
Apareces ás veces: son mulleres perdidas,
Tenebrosas eurídices, afogadas ofelias.
Seguen sendo fermosas, anque as mancou a vida,
Nos sorrisos de prata, pátinas de tristeza
E un remol de desexos hai nas olladas frías:
É doado fitalas; é difícil querelas.
Nos clandestinos sotos, que prolongan a noite
Cunha ilusión de tebras, cun prodixio de espectros,
Podemos atopalas, perdedoras de nortes,
Nimbadas polos lampos de mortos soles negros,
Cando un segue, extraviado, os perigos das noites
E as luces da mañá abren portas do inferno.
Ramiro Fonte: O detective histórico. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Na barra; Heroe secreto; 2008; Pista 4

domingo, 14 de febrero de 2016
Máis alá
MÁIS alá da fronteira a noite continúa.
Hai estraños lugares, máis alá da fronteira
Nos que a noite se alonga, no día, mentireira.
E onde os mozos non mudan o disfrace de lúa.
Salas de mortos cines do norte lusitano
Soben os seus telóns de sombras feiticeiras
Que crean o artificio, para que a viaxeira
Noite poida triunfar contra os días do ano.
Son oasis de tebras, lagoas traizoeiras:
Se nelas me asolago, sinto o seu turbio engano.
E pode aparecer, deitada na ribeira,
Coa luz amortallada do alto mediodía,
A loira adolescente que me levou por vías
Perigosas o sábado, máis alá da fronteira.
Ramiro Fonte: Gabinete de estampas. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Máis alá; Brétemas da memoria; 2010; Pista 5

jueves, 28 de enero de 2016
Lúa
A lúa é velliña
de brancos cabelos
de enrugas de ouro
e de olliños cegos.
Érguese do leito
das foulas do mar
palpando os espazos
para camiñar.
Anda polo mundo
sen ver a onde vai
pois as estreliñas
lévana na man.
Envolta en néboas
hase de abrigar
pois como vai vella
tense de coidar.
Cando na outra noite
brúa o temporal
a lúa entre as tebras
tápase a tremar.
E así que o mal tempo
amainado vai
asoma a faciana
¡espalla o luar!
Luis Amado Carballo: O galo (1928)
Versións:
Víctor Aneiros: Lúa; Heroe secreto; 2008; Pista 8
de brancos cabelos
de enrugas de ouro
e de olliños cegos.
Érguese do leito
das foulas do mar
palpando os espazos
para camiñar.
Anda polo mundo
sen ver a onde vai
pois as estreliñas
lévana na man.
Envolta en néboas
hase de abrigar
pois como vai vella
tense de coidar.
Cando na outra noite
brúa o temporal
a lúa entre as tebras
tápase a tremar.
E así que o mal tempo
amainado vai
asoma a faciana
¡espalla o luar!
Luis Amado Carballo: O galo (1928)
Versións:
sábado, 7 de febrero de 2015
Cabina telefónica
As loiras cortesás de tódalas colores
Ofrecen os seus corpos espidos nas postais;
Xunto ás deusas de ébano, prométenche candores
Submisas xaponesas de abanos orientais.
Nas cabinas de Londres medraron estas flores
Que teñen o arrecendo de orquídeas invernais.
Amores mercenarios serán tamén amores,
E poderás obtelos con chamar nada máis
A un dos números. Marca. Decídete. A onde fores
Serás ben recibido. Non o volvas pensar.
Imaxínate xa obtendo os seus favores,
Dicindo noutra lingua, impune, o verbo amar.
Lupanar de cristal, a vermella cabina
Enfeitiza os teus ollos ó dobrares a esquina.
Ramiro Fonte: Manuscrito de Elsinore. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Lupanar de cristal; Brétemas da memoria; 2010; Pista 4
Ofrecen os seus corpos espidos nas postais;
Xunto ás deusas de ébano, prométenche candores
Submisas xaponesas de abanos orientais.
Nas cabinas de Londres medraron estas flores
Que teñen o arrecendo de orquídeas invernais.
Amores mercenarios serán tamén amores,
E poderás obtelos con chamar nada máis
A un dos números. Marca. Decídete. A onde fores
Serás ben recibido. Non o volvas pensar.
Imaxínate xa obtendo os seus favores,
Dicindo noutra lingua, impune, o verbo amar.
Lupanar de cristal, a vermella cabina
Enfeitiza os teus ollos ó dobrares a esquina.
Ramiro Fonte: Manuscrito de Elsinore. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
lunes, 17 de marzo de 2014
Canzón pra que un neno non durma
Ao meu gran amigo Piñeiro
Non durmas
meu neno pequeno…
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Racha cos pes
esta sábana
de medo.
Non peches os ollos
neno pequeño.
O vento zoa,
non peches os ollos.
A morte
ronda por fóra.
Vexo o río mouro
e unha folla morta.
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Luis Pimentel: Triscos (1950)
Versións:
Xosé Manuel Conde: Canzón pra que un neno non durma; Bule, berra, chora; 1976; Cara A, Corte 5
Miro Casabella: Canzón pra que un neno non durma; Ti, Galiza; 1977; Cara B, Corte 2
Víctor Aneiros: Canzón pra que un neno non durma; Héroe secreto; 2008; Pista 10
Non durmas
meu neno pequeno…
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Racha cos pes
esta sábana
de medo.
Non peches os ollos
neno pequeño.
O vento zoa,
non peches os ollos.
A morte
ronda por fóra.
Vexo o río mouro
e unha folla morta.
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Luis Pimentel: Triscos (1950)
Versións:
domingo, 3 de noviembre de 2013
Cantiga
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
“Xa no mundo non teño ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.
Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
“¡Vou morrer e non vén o meu ben!”
Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América,
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
“¡Quen pudera dar volta –pensaba-
quen pudera convosco voar!...”
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouir seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
“¡Quen pudera convosco voar!”
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vos hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.
(5 xuño 1869)
Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)
Versións:
Joaquín Deus: Unha noite na eira do trigo; Morriñas da miña terra; 1960; Lado 2, Corte 1
Gregorio: Unha noite na eira do trigo; Gregorio / Abel Philips 6029118 single; 1972; Cara A
Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; Miña Galicia verde; 1974; Pista 9
María Manuela: Unha noite na eira do trigo; Cantigas ao meu xeito; 1975; Cara 1, Corte 5
Agrupación Folklórica Cantigas e Agarimos: Unha noite na eira do trigo; Cantigas e Agarimos; 1977; Pista 4
Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; O enxebre dos Tamara; 1979; CD1, Pista 7
(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974)
Amador Salgueiro: Unha noite na eira do trigo; En conmemoración del centenario de la gran escritora Rosalía de Castro Record 83 R-47-S single; 1985; Cara B
Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; Los Tamara; 1987; Pista 9
(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974)
Xoán Eiriz: Unha noite na eira do trigo; Sentimentos; 1988; Pista 1
Los Tamara: Unha noite na eira do trigo; 14 éxitos d,oro; 1991; Pista 10
(Reedición da versión do disco Miña Galicia verde, do ano 1974)
Ana Kiro: Unha noite na eira do trigo; Toda unha vida; 1998; Pista 1
Xoán Eiriz: Unha noite na eira do trigo; Lelías; 1999; Pista 11
Astarot: Unha noite na eira do trigo; O sentir dunha terra; 2000; Pista 1
María do Ceo: Cantiga; Al rescate del alma; 2001; Pista 6
Antubel: Unha noite; La noche es pá la gente de mal vivir... (y pá los músicos); 2001; Pista 8
Maite Dono: Cántiga; O mar vertical; 2001; Pista 7
Uxía Senlle: Unha noite na eira do trigo; La tierra del agua (VVAA); 2007; Pista 5
Antoloxía: Unha noite na eira do trigo; Vai por tí, vello. Música e poesía; 2007; Pista 6
Víctor Aneiros e Paula Martins: Unha noite na eira do trigo; Heroe secreto; 2008; Pista 6
Cristina Pato e Rosa Cedrón: Unha noite na eira do trigo; Soas Muller; 2010; Pista 11
A banda das Crechas: Unha noite na eira do trigo; Abdc; 2010; Pista 10
María do Ceo: Unha noite na eira do trigo; No bico un cantar; 2010; Pista 13
Xoán Eiriz e Rosa Cedrón: Unha noite na eira do trigo; 30 anos e unha cantiga de amor; 2011; Pista 7
*[Por cuestión de espazo non foi posible etiquetar a Joaquín Deus, Maite Dono, A banda das Crechas, Amador Salgueiro e Antoloxía.]

Etiquetas:
AFCeA
,
Aires da miña terra
,
Ana Kiro
,
Antubel
,
Astarot
,
Cristina Pato
,
Curros Enríquez
,
Gregorio
,
Los Tamara
,
María do Ceo
,
María Manuela
,
Paula Martins
,
Rosa Cedrón
,
Uxía Senlle
,
Víctor Aneiros
,
Xoán Eiriz
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)